Datos Identificativos |
2020/21 |
Asignatura (*) |
Traballo de Fin de Grado |
Código |
652G03041 |
Titulación |
|
Descriptores |
Ciclo |
Período |
Curso |
Tipo |
Créditos |
Grao |
2º cuadrimestre
|
Cuarto |
Obrigatoria |
6 |
Idioma |
|
Modalidade docente |
Presencial |
Prerrequisitos |
1. Para formalizar a matrícula do TFG, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluídos os correspondentes ao TFG, e deberá matricularse tamén de todas as materias necesarias para rematar o plan de estudos do Grao.
2. Para defender o Traballo de Fin de Grao é necesario ter superadas todas as materias do Plan de Estudos, e mais ter o informe favorable da dirección académica do mesmo. |
Departamento |
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Pedagoxía e Didáctica Psicoloxía Socioloxía e Ciencias da Comunicación
|
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
Profesorado |
Arias Rodriguez, Maria Alicia | Arza Arza, Neves | Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima | Cotelo Guerra, Dolores | Cruz Lopez, Laura | Digon Regueiro, Alba Patricia | Espinosa Breen, Pablo | Ferradás Canedo , María del Mar | Franco Taboada, Victoria | Freire Rodríguez, Carlos | García Fernández, Manuel | Iglesias Amorin, Fernando | Iglesias Salvado, Jose Luis | López-Cortón Facal, Ana María | Losada Puente, Luisa | Malheiro Gutiérrez, José Manuel | Piñeiro Aguin, Isabel | Pose Porto, Hector Manuel | Rego Agraso, Laura | Ríos de Deus, María Paula | Rodríguez Rodríguez, María del Carmen | Rodriguez Romero, Maria del Mar | Rouco Ferreiro, Javier Francisco | Rumbo Arcas, Maria Begoña | Serantes Pazos, Araceli | Teasley Severino, Cathryn | Zapico Barbeito, Mª Helena |
|
Correo electrónico |
alicia.arias.rodriguez@udc.es | neves.arza@udc.es | dolores.candedo@udc.es | dolores.cotelo@udc.es | laura.cruz@udc.es | patricia.digon@udc.es | pablo.espinosa.breen@udc.es | mar.ferradasc@udc.es | v.franco@udc.es | carlos.freire.rodriguez@udc.es | manuel.garcia.fernandez@udc.es | f.amorin@udc.es | jose.luis.iglesias@udc.es | ana.lopez-corton@udc.es | luisa.losada@udc.es | jose.malheirog@udc.es | isabel.pineiro.aguin@udc.es | hector.pose@udc.es | laura.rego@udc.es | paula.rios.dedeus@udc.es | carmen.rodriguez2@udc.es | mar.rromero@udc.es | javier.rouco@udc.es | begona.rumbo@udc.es | araceli.serantes.pazos@udc.es | cathryn.teasley1@udc.es | helena.zapico@udc.es |
|
Web |
|
Descrición xeral |
O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao.
O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión da dirección académica asignada.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.
Trátase dunha materia de 6 créditos, o que se corresponde con 150 horas de traballo para o alumnado.
Dadas as características da materia a porcentaxe do horas de traballo presencial será acordada en última instancia pola persoa/s encargada/s de dirixir o Traballo de Fin de Grao, establecéndose como obrigatorio que cada alumno/a realice polo menos tres titorías presenciais. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Sen trocos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Presentación oral:
Para a exposición o alumnado elaborará unha vídeo-presentación a través de PowerPoint coa correspondente explicación comentada en audio integrada, disporá dun tempo de 15 minuto.
A vídeo-presentación será subida a Stream para darlle acceso ao tribunal de avaliación correspondente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizarase a través de correo electrónico e Microsoft Teams
4. Modificacións na avaliación
Sen trocos
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen trocos |
Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A20 A21 A22
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Procedemento para a elección de temas |
1. Proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores.
2. Aprobación por parte da Comisión de Titulación da listaxe cos temas, así como do número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación.
3. Elección da temática por parte do alumnado matriculado na materia, para o que será convocado á unha reunión na que escollerá en función do seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.
4. Listaxe provisória de asignación de temas e titores/as.
5. Período de reclamación.
6. Listaxe definitiva.
As datas específicas para cada unha das fases do procedemento serán publicadas no Moodle da materia. |
Modalidade de TFG |
Unha vez escollido o tema, o/a estudante acordará co seu titor/a de TFG o tipo de TFG a realizar entre as seguintes modalidades:
a. Estudos empíricos (poderán estar relacionados coa experiencia de Prácticum II)
b. Revisión bibliográfico-documental.
c. Análise de proxectos socioeducativos.
d. Deseño de proxectos socioeducativos. |
Estrutura orientativa do TFG |
1. Introdución
2. Obxectivos e/ou preguntas de investigación
3. Xustificación teórica e contextualización
4. Metodoloxía de traballo e actividades propostas
5. Avaliación, resultados e/ou conclusións
6. Valoración
7. Relación de fontes documentais
8. Anexos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C2 C3 |
1 |
9 |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
137 |
137 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo establecido polo centro, un exemplar en formato dixital do TFG a través da plataforma de Moodle; 3 exemplares en papel do resumo do TFG, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións:
- Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas.
- Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao) |
70 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C2 C3 |
Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal |
30 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As consensuadas coa dirección académica do Traballo de Fin de Grao. Deberán estar ben referenciadas no TFG. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndanse evitar imprimir borradores, e se non é posible, non
utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel
reciclado. |
|
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |