Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido. |
A2 |
Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico. |
A3 |
Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno. |
A4 |
Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico. |
A5 |
Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación. |
A6 |
Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos. |
A8 |
Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto. |
A9 |
Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i. |
A10 |
Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría. |
A11 |
Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas. |
B1 |
Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores. |
B2 |
Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”. |
B4 |
Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida. |
B5 |
Ser capaz de aplicar o método científico. |
B7 |
Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Trátase de que os/as alumnos/as, ao superar a materia, adquirisen as competencias axeitadas para: * Situar a problemática das persoas maiores no contexto social que as orixina. * Investigar os factores sociais que afectan aos procesos de envellecemento, ao tempo que permitan establecer as necesidades e demandas dos maiores. * Planificar e xerar programas, proxectos, actividades e servizos, dentro de modelos dinámicos que permitan un posterior desenvolvemento de estratexias de intervención sociosanitaria. * Dirección de equipos multidisciplinares dentro dunhas políticas sociais que formulen o deseño duns proxectos que utilicen como eixes vertebradores a prevención, a interacción e a integración. * Dirixir e coordinar programas de preparación para a xubilación e adaptación á vellez. * Participación na orientación e mediación familiar en familias con persoas maiores. * Introducir procesos de concienciación da problemática da ancianidade nos medios familiares, así como o establecemento de directrices para a comunicación interxeracional. * Deseñar programas para xerar procesos de ocio activo dentro dunha contextualización global, así como establecer e impulsar modelos científicos e rigorosos de turismo social. * Asesorar aos responsables das administracións públicas na formación dos programas de benestar social dirixidos aos maiores. * Levar a cabo a función de coordinadores dos programas multidisciplinares de intervención pública para os maiores. * Asesorar as entidades privadas (fundaciones, asociacións, ONGs, etc.) na formulación e xestión de proxectos para os maiores. * Introducir procesos de asociacionismo nas persoas maiores. |
AP1 AP2 AP3 AP4 AI1 AI2 AI4 AI5 AM1 AM2
|
BP1 BP2 BP4 BI1 BM1
|
CM1 CM3 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Introdución á Xerontoloxía Social |
1. Introdución
2. Breve apunte histórico
2.1 Precursores
2.2 Antecedentes científicos
2.3 Consolidación
3. Concepto de Xerontoloxía Social
3.1 A Xerontoloxía e as súas ramas
3.2 A Xerontoloxía e a Xeriatría
3.3 A multidisciplinariedade como característica básica da Xerontoloxía Social
4. Teorías do avellentamento
4.1 Teorías biolóxicas
4.2 Teorías psicolóxicas
4.3 Teorías sociolóxicas
5. Construción social do concepto de avellentamento
5.1 O concepto do avellentamento segundo distintos criterios
5.2 Clasificación do avellentamento: distintas denominacións
5.3 Falsas concepcións sobre o avellentamento: mitos e estereotipos
5.4 Efectos macroeconómicos. Mercadotecnia para un segmento social emerxente: efectos macroeconómicos e sobre as empresas
6. Características socio-demográficas das persoas maiores
6.1 O avellentamento da poboación nas sociedades desenvolvidas
6.2 Fenómenos demográficos: natalidade, nupcialidade, mortalidade. Índice de envellecemento. Esperanza de vida. Coeficientes de avellentamento e de renovación.
6.3 A relación demográfica entre os sexos: a feminización do avellentamento |
Tema 2: Relacións familiares no marco do avellentamento |
1. Avellentamento e familia na actualidade. Necesidades da persoa maior na familia:
1.1 Fisiolóxicas
1.2 Económicas
1.3 Psíquicas
1.4 Sociais
2. Estrutura
2.1 Roles familiares
2.2 Familia e modernización
2.3 Cambio na estrutura familiar: xeracións e roles asociados
3. Avellentamento e dependencia
3.1 Quen debe facerse cargo da dependencia
3.1.1 Contexto lexislativo: a Constitución española e a Lei de dependencia
3.1.2 Como asumir a dependencia: manter no domicilio a persoas maiores con dependencia
3.2 Perspectivas de coordinación
3.3 A achega da persoa maior na familia |
Tema 3: A xubilación |
1. Estrutura
1.1 O traballo moderno. A discriminación laboral por idade
1.2 Tendencias laborais e novas modalidades
1.3 Aptitude: mitos e feitos. Idade cronolóxica
2. Xubilación
2.1 Marco da xubilación: teorías
2.1.1 Cambio de vida, cambios de roles
2.1.2 A actitude ante a xubilación como elemento determinante
2.1.3 A decisión de xubilarse e a calidade de vida
2.2 O impacto da xubilación
2.2.1 Na área psicolóxica
2.2.2 Na área cognitiva
2.2.3 Na área do comportamento
2.2.4 Na área psicoafectiva
2.2.5 Impacto nas relacións sociais
3. Preparación para a xubilación
3.1 Programas de preparación para a xubilación (PPJ)
3.2 Preparación para a xubilación en Europa
4. Muller maior e xubilación
4.1 O traballo do fogar
4.2 Traballo fora do fogar
4.3 Carreiras laborais femininas
4.4 A xubilación feminina |
Tema 4: Malos tratos na persoa maior: outra forma de violencia |
1. Introdución
2. Conceptos básicos
2.1 Abusos físicos
2.2 Abusos psicolóxicos
2.3 Abusos económicos
2.4 Neglixencia
3. Epidemioloxía
4. Factores de risco. Factores de risco en residencias
5. Identificación e valoración da persoa maior maltratada
5.1 Persoas maiores que deben ser valoradas
5.2 Forma de levar a efecto a valoración da persoa maior maltratada
5.3 Lugar de realización da valoración da persoa maior maltratada
5.4 Sospeita de risco vital para a persoa maior maltratada
6. Atención multidisciplinar á persoa maior maltratada
7. Prevención e solucións |
Tema 5: Problemas deontolóxicos nas residencias de persoas maiores |
1. O papel dos coidados residenciais no marco da asistencia xeriátrica
2. Deontoloxía e residencias de persoas maiores. Principais factores condicionantes
2.1 Garantías de calidade asistencial
2.2 Organigrama e equipos
2.3 Características arquitectónicas e ambientais
2.4 Existencia de programas específicos de intervención
2.5 Responsabilidades do equipo médico
3. A toma de decisións: procedemento e instrucións
4. Principais problemas éticos en Xerontoloxía. Comités de ética asistencial |
Tema 6: Políticas sociais e atención socio-sanitaria |
1. Desenvolvemento das políticas sociais dirixidas ás persoas maiores: planes de acción para as persoas maiores
2. Os modelo europeos, español e galego
3. O espazo socio-sanitario:
3.1 Características
3.2 Concertación e acreditación de centros socio-sanitarios
3.3 Coordinación e unidades socio-sanitarias |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 |
2 |
25 |
27 |
Seminario |
A3 A11 B4 B7 C6 C8 |
14 |
21 |
35 |
Sesión maxistral |
A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 |
28 |
56 |
84 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito. |
Seminario |
Vinculado con cada un dos temas expositivos, desenvolveranse actividades co alumno. |
Sesión maxistral |
É a explicación por parte da profesora dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre estes. Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade...). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Prestarase apoio aos/ás alumnos/as para a selección dos textos e facilitaráselles asesoramento en caso de dúbida para levar a cabo a recensión.
As lecturas serán comentadas cos/oas propios/as alumnos/as.
Prestarase apoio e asesoramento aos/ás alumnos/as para a realización de cada unha das prácticas ou traballos tutelados propostos. Durante a execución dos devanditos traballos, o profesorado levará a cabo un seguimento destes e, unha vez finalizados e corrixidos, tratarase co/oa alumno/a sobre o seu contido para determinar os resultados e valoralos co obxectivo de desempeñar estas tarefas de asesoramento.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 |
Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito. |
70 |
Sesión maxistral |
A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 |
É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual.
As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre os mesmos.
Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade…). |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é necesario ter superada proba obxectiva
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Valoración e intervención en Xerontoloxía/653491001 | Economía Xerontolóxica/653491021 | Intervención Pedagóxica en Xerontoloxía/653491027 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004 | O proxecto de investigación en Xerontoloxía/653491016 | Lecer e Tempo Libre en Xerontoloxía/653491025 |
|
Materias que continúan o temario |
Xerontoloxía Social II/653491009 | Atención Sociosanitaria/653491010 | Demografía da ancianidade/653491012 | Psicobioloxía do avellentamento/653491022 |
|
Observacións |
- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta
materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|