Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Cooperar colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades coidados criticos. |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C3 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas ingresadas nas unidades de coidados críticos e as súas familias. |
A62
|
B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C10 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas adultas en situación critica. Colaborar e/o executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C11
|
Actuar segundo os principios éticos y legáis que guían a profesión. |
A62
|
B5 B6 B7 B9 B10 B13 B14 B15 B16 B24
|
C1 C4 C7 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención ás persoas adultas en situación crítica. |
Aplicación e integración dos coñecementos teóricos e habilidades adquiridos ata o momento de realización das prácticas.
Comprender e diagnosticar problemas de saúde reais ou potenciais, diseñar un plan de coidados acorde e desenvolvelo tendo en conta a situación específica de saúde do doente.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
110 |
10 |
120 |
Traballos tutelados |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
2 |
20 |
22 |
Presentación oral |
B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 |
2 |
3 |
5 |
Actividades iniciais |
A62 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
O ensino clínico enténdese como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente relacionado co exercicio dunha profesión, no que os estudantes observan e participan en actividades clínicas. Isto lles proporciona a oportunidade que supón a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Estas prácticas desenvólvense no 1º cuadrimestre do cuarto curso, tendo como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde reais ou potenciais das persoas en situación crítica, e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias.
Os rotatorios clínicos realizaranse no Hospital Universitario A Coruña.
As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudante, baixo a tutela do profesor e en escenarios profesionais variados. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Concretamente nesta materia o estudante deberá elexir entre describir e analizar unha técnica, procedemento ou protocolo específico da unidade onde rota, no que a colaboración ou responsabilidade da enfermeira/o sexa relevante (previa validación pola profesora responsable da materia). |
Presentación oral |
Actividade na que o estudante realizará a exposición verbal a outros estudantes e ó profesor, da técnica, procedemento ou protocolo desenvolto, tendo que facer as aclaracións oportunas ás cuestións que xurdan tras a exposición. |
Actividades iniciais |
Actividade obrigatoria que se leva a cabo nun aula antes de iniciar as prácticas clínicas. Nela explicanse pormenorizadamente as competencias que debe adquirir o alumno nesta asignatura, a forma de avaliación da mesma, e aspectos organizacionais e de regulamento relevantes para o bo desenvolvemento das prácticas clínicas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas clínicas |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes e realizar o seguimento dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada.
A atención personalizada relacionada co traballo tutelado ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación da técnica, procedemento ou protocolo a analizar e desenvolver. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.
Para realizar a atención personalizada de forma presencial ou a través de Teams, manterase o horario marcado para a titoría presencial: martes de 15 a 17 horas, ou en outro horario previo acordo entre alumnado e docente.
A atención personalizada ó alumnado realizarase según demanda a través do MOODLE ou o correo electrónico da Universidade.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Criterios de avaliación:
1. Presentación e estructura: ata 2 puntos
2 Claridade e uso da terminoloxía científica na redacción: ata 2 puntos
3. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos
4. Capacidade crítica e achega persoal: ata 3 puntos |
40 |
Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada da adquisición das competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos, para elo disponse dun informe de avaliación e seguimento específico para esta materia. |
50 |
Presentación oral |
B3 B6 B8 B11 C1 C3 C12 |
O traballo realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación:
1. Capacidade de resposta: ata 3 puntos
2. Xestión do tempo: ata 1 puntos
3. Estructura da exposición: ata 2 punto
4. Formato da exposición: ata 1 punto
4. Explicación dos contidos: ata 3 puntos |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estadías Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao. A superación da materia queda suxeita a que cada unha das metodoloxías sexa superada polo estudante de forma independiente, acadando o 50% da nota máxima posible da porcentaxe que lle corresponde. Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo á normativa xeral do centro académico, relativa ás Estadías Clínicas. Estas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do centro académico. As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicaranse no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas. Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán presentar a Memoria Final de Prácticas segundo se especifica no regulamento de Estadías Clínicas para poder ser avaliados. Avaliación 2ª oportunidade: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, os estudantes so poderán empregar a 2ª oportunidade para recuperar as actividades relativas ó traballo tutelado e á súa presentación. Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial: Dado que a práctica clínica é unha actividade presencial, non recuperable, non é posible establecer unha avaliación diferente para estos casos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente coa especificada nas seguintes materias: Enfermaría Clínica I, II e III.
Os documentos subidos ó Moodle desta materia serán de lectura obrigada. |
Bibliografía complementaria
|
Martín-Romo Mejías, J. (Coord.) (2014). Actuación de Enfermería en urgencias. LIBRO ELECTRÓNICO. Editorial ICB
Howard K. Butcher HK, Bulechek GM, Dochterman JM, Wagner CM (2018). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Madrid: Elsevier
Moorhead S,Swanson E,Johnson M, Maas ML (2018). Clasificación de resultados de enfermería (NOC). Madrid: Elsevier
NANDA International (2018). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2018-2020. Madrid: Elsevier
Fuentes Pumarola, C. Sirvent, J. y Bonet Saris, A (2013). Manual de enfermería intensiva. LIBRO ELECTRÓNICO. Documenta Universitaria
NANDA International (2011). Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier |
ACCESO ÓS LIBROS ELECTRÓNICOS REFERENCIADOS (DE ACCESO ABERTO A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA UDC EN ELIBRO): https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/115423 https://elibro-net.accedys.udc.es/es/lc/bibliotecaudc/titulos/113010 |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Practicum/661G01032 | Traballo fin de grao/661G01033 |
|
Observacións |
Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estadía Clínica I, II,e III para poder matricularse. |
|