Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento das características particulares da documentación audiovisual e as súas tipoloxías. |
AP3
|
BP10
|
CP8 CP10
|
Coñecemento das técnicas e normas de xestión, clasificación, descrición e conservación da documentación audiovisual. |
AP1
|
BP5
|
CP3
|
Coñecemento dos recursos de información especializados en patrimonio audiovisual desde o punto de vista da recuperación de información. |
AP3
|
BP2 BP12
|
CP10
|
Coñecemento do marco legal-legal para o acceso, explotación e conservación do patrimonio audiovisual. |
AP7
|
BP2
|
CP3 CP9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Documentación audiovisual. |
1.1. Definición, características e tipoloxías da documentación audiovisual.
1.2. Breve percorrido pola historia da documentación audiovisual.
1.3. Patrimonio audiovisual: concepto, valor e papel de filmotecas, servizos de documentación en televisións e Internet.
1.4. Soportes e formatos audiovisuais.
|
Tema 2. Fontes para a producción audiovisual. |
2.1. Grandes depósitos audiovisuais, hemerotecas, arquivos e bancos de imaxes fixas e en movemento.
2.1.1 Proceso de búsqueda e recuperación de imaxes.
2.1.2 Adquisición e Condicións legais de uso, difusión e explotación. |
Tema 3. A cadea documental aplicada aos documentos audiovisuais. |
3.1. Fases da cadea documental: Funcións de entrada, tratamento, saída e difusión e mantemento en filmotecas e servizos de documentación de televisións.
3.2. Especificidade do análise de documentos audiovisuais
3.2.1 A normalización e descripción dos documentos
audiovisuais.
3.2.2 Análise de documentos audiovisuais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
B10 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
B5 B12 C10 |
8 |
5 |
13 |
Portafolios do alumno |
A3 A7 B2 |
1 |
18 |
19 |
Presentación oral |
B10 C8 |
2 |
0 |
2 |
Estudo de casos |
A1 C3 C8 C9 |
5 |
30 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos. |
Portafolios do alumno |
Cartafol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos: resumos, recensiones críticas, test de google forms... cos que se demostrará o seguimento das sesións maxistrais e actividades desenvolvidas. |
Presentación oral |
Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os estudos de casos. |
Estudo de casos |
Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa xestión, descrición, indicación e recuperación de documentación audiovisual |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
|
Descrición |
As titorías da materia permitirán ó alumnado resolver dúbidas sobre os contidos, a forma de preparar a proba oral, os traballos tutelados, traballos do obradoiro, lecturas e calquera outra actividade orientada ao longo do curso.
Empregaránse preferentemente as titorías presenciais, o correo electrónico e o chat de Teams. Acordándose previamente coa profesora, poderase tamén realizar titorías por vídeo-conferencia a través de Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A3 A7 B2 |
Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. |
30 |
Estudo de casos |
A1 C3 C8 C9 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Poderá requirirse a súa exposición na clase. |
60 |
Presentación oral |
B10 C8 |
Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou expondo dúbidas de forma construtiva. |
10 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 no portafolios e nos estudos de casos, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Cada un dos traballos do portafolios e cada un dos estudos de casos cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fóra de prazo ou copiados os traballos serán considerados coma non presentados e serán cualificados cun 0. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 40% e entregaránse os estudos de casos (60%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar os estudos de caso como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva pola facultade. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente os estudos de casos. ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:
Terán que acordar unha titoría nos primeiros días de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado.
Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo coa profesora, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 40%. Na segunda oportunidade, non haberá diferencias no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
LÓPEZ DE SOLÍS, Iris (2013). El film researcher. Barcelona: UOC
(). Centro de Conservación y Restauración de Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/ccr/inicio.html> [Consulta 24/06/2019].
CARIDAD, Mercedes, Tony Hernández, David Rodríguez y Belén Pérez (2011). Documentación Audiovisual. Madrid: Síntesis
CALDERA-SERRANO, Jorge y Pilar Arranz-Escacha (2012). Documentación audiovisual en Televisión. Barcelona: UOC.
(). Filmoteca Española. <http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/mc/fe/portada.html> [Consulta 24/06/2019.
(1998). Los materiales especiales en las Bibliotecas. Coordinado y dirigido por Carmen Díez Carrera. . Gijón: Trea.
CASTILLO POMEDA, José María. (2004). Televisión y lenguaje audiovisual.. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión
Codina, Lluís. (2011). «Entender los bancos de imágenes» . El profesional de la información, juliol-agost 2011, vol. 20, núm. 4. |
A profesora poderá proporcionarán nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades a desenvolver, co fin de adecuar e actualizar de maneira continua os contidos da materia. |
Bibliografía complementaria
|
|
Directorios de legislación sobre propiedad intelectual. Página del Ministerio de Cultura de España. URL: http://www.mcu.es/propiedadInt/index.html FIAF Cataloguing Rules. <https://www.fiafnet.org/images/tinyUpload/E-Resources/Commission-And-PIP-Resources/CDC-resources/FIAF_Cat_Rules.pdf> [Consulta 20/06/2019] Linares, Juan, Codina, Lluis, Abadal, Ernest e Guallar, Javier. "Periodismo en bases de datos y buscabilidad de la información"- Revista Hipertest.net. Anuario académico sobre Documentación digital y comunicación interactiva , nº 14, 2016, pp.1-61 Reglas de Catalogación del Ministerio de Educación y Cultura (1995). <http://www.bne.es/media/Perfiles/Bibliotecarios/reglas-catalogacion.pdf> [Consulta 20/06/2019] |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|