Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A7 |
Coñecer a realidade e os condicionantes sociais que inflúen no mundo da moda, con perspectiva de evolución histórica. |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B7 |
Capacidade para analizar tendencias (razoamento crítico). |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender o funcionamento real da economía na sociedade contemporánea e mais as interrelacións dos ámbitos empresarial, laboral, financeiro, social e político para acadar unha percepción xeral dos problemas microeconómicos e macroeconómicos en entornos internacionais e globalizados. |
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
|
Capacidade de síntese e de aplicación práctica dos conceptos teóricos para o tratamento e resolución de problemas económicos en xeral (e da industria da moda, en particular) de forma reflexiva, crítica e autónoma. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. |
|
B6 B7 B8 B9
|
C2
|
Sensibilización na obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades humanas individuais e colectivas cunha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Desenvolvemento do alumnado na toma de decisións económicas ao longo da súa vida tendo presente o enfoque da economía sostible (vínculos económico-social-ambiental) como fonte de xeración de benestar a longo prazo |
A2 A7
|
|
C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MODULO I. INTRODUCCIÓN |
Tema 1. Principios económicos básicos
Tema 2. Modelos económicos |
MÓDULO II. MICROECONOMÍA, MERCADOS E COMPETENCIA |
Tema 3. Oferta e demanda
Tema 4. As elasticidades
Tema 5. A curva de oferta
Tema 6. A competencia perfecta
Tema 7. Monopolio, oligopolio e competencia monopolística |
MÓDULO III. MACROECONOMÍA E FINANZAS |
Tema 8. Macroeconomía: unha visión global
Tema 9. Medición da macroeconomía
Tema 10. Crecemento económico a longo prazo
Tema 11. O diñeiro, a banca e os bancos centrais
Tema 12. O comercio internacional |
MÓDULO IV. A INDUSTRIA DA MODA |
Bloque A) Definición da moda, o luxo e mais os sistemas competitivos complexos e a lóxica empresarial
Bloque B) Modelos de negocio da industria da moda
Bloque C) Identidade de estilo e o proceso de desenvolvemento do produto
Bloque D) Identidade de imaxe e o proceso de comunicación
Bloque E) Venda ao por menor (retail) e estratexias de distribución |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B2 B3 B4 B5 C2 |
60 |
0 |
60 |
Traballos tutelados |
B4 B5 B8 B9 |
0 |
30 |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 |
4 |
18 |
22 |
Aprendizaxe servizo |
A2 A7 B2 B4 |
3 |
15 |
18 |
Proba mixta |
B1 B2 B3 B4 B5 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
18 |
0 |
18 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A profesora explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas interrelacións.
A asistencia a clase ten a consideración de obrigatoria, aínda que non se pasará lista. |
Traballos tutelados |
Os alumnos resolverán cuestións e problemas relacionados con cada un dos capítulos do temario.
O profesor explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas por la profesora para optimizar a propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. O proxecto desta materia leva por título "Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible" destinado a colectivos en risco de exclusión social. |
Proba mixta |
O exame final da materia é de carácter escrito. Optarase preferiblemente por probas tipo test de resposta múltiple aínda que poderá constar tamén de preguntas breves e/ou preguntas de ensaio. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Aprendizaxe servizo |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A profesora estará dispoñible para a atención personalizada ao alumnado cando o requiran presencialmente ou por correo electrónico, para aqueles temas que estimen oportunos en relación co temario da asignatura e, particularmente, para resolver as dúbidas do proceso de elaboración do traballo tutelado e/ou do proxecto aprendizaxe-servizo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 |
Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no desenvolvemento das actividades colaborativas, consideradas actividades de avaliación continua. Estas actividades poderán consistir:
a) Na realización de probas obxectivas (parciais) dos tres primeiros módulos do temario, cunha valoración máxima de 3 puntos.
b) Na realización dun traballo tutelado (cuarto módulo do temario) ou ben no desenvolvemento dun proxecto de aprendizaxe-servizo, cunha valoración máxima de 3 puntos. |
60 |
Proba mixta |
B1 B2 B3 B4 B5 |
Valoraranse os coñecementos e competencias mostradas polo alumnado no exame final proposto polo equipo docente, debendo obter un mínimo de 2 puntos sobre 4. |
40 |
|
Observacións avaliación |
Os criterios de avaliación son os seguintes: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada. 2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Gradoe Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto, a aprendizaxe colaborativa pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba mixta un 70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumno as calificacións acadadas na avaliación continua (cun peso dun 30%), pero non a acadada na proba mixta. b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. 4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba mixta acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Krugman, P.,
Wells, R. & Graddy K. (2014). Essentials of economics. 3rd Edition. Reverté
Krugman, P., Wells, R. & Graddy, K. (2014).
Fundamentos de economía. 3rd Edition.Reverté Dillon, S. (2012). Principios de gestión en empresas de moda. Barcelona. Editorial Gustavo Gili. Martin, M.S. (2009). El todo en uno del diseñador de moda. Barcelona: Promopress. |
Bibliografía complementaria
|
|
Pindyck R. S. and
Rubinfeld, D. L. (2013). Microeconomics. Pearson
Frank, R.H.
(2010). Microeconomics and Behavior. McGraw-Hill
Blanchard, O.
(2017). Macroeconomics. 7th Edition. Pearson
Pindyck, R.S.
& Rubinfeld, D.L. (2012). Introducción a la Economía:
Microeconomía. Pearson.
Prentice Hall
Mochón Morcillo,
F. (2009). Introducción a la Macroeconomía. Madrid. Mcgraw-Hill |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |
|