Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os conceptos básicos e principios da xestión empresarial |
A1
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C2 C3 C4 C5 C7 C9
|
Analizar a contorna e a realidade que rodea ás empresas de moda |
A2 A7 A8
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1 C4 C5 C7 C8 C9
|
Identificar os principios de funcionamento dos diferentes subsistemas funcionais das empresas de moda |
A1 A8
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9
|
C4 C5 C7 C8 C9
|
Realizar, en equipos de traballo, unha análise preliminar da xestión empresarial dunha empresa de moda |
A1 A2
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2 C3 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A empresa |
Concepto e natureza. A empresa como sistema
Funcións e obxectivos empresariais
Empresa e persoa empresaria
Tipos de empresas
Introdución aos enfoques de xestión empresarial
A contorna empresarial
Introdución á ética e á cultura empresarial. A Responsabilidade Social Corporativa
|
Subsistema directivo |
Introdución ás funcións directivas
A función de planificación. A planificación estratéxica
A función de organización
A función de dirección
A función de control
A administración e xestión dos recursos humanos
|
Subsistema de operacións |
Definición e conceptos principais
Obxectivos e tipos de decisións
Tipos de procesos produtivos
Os custes e o cálculo do punto morto
|
Subsistema comercial ou de marketing |
Definición e conceptos principais
Segmentación, mercados obxectivo e posicionamento
O proceso de compra en moda
O marketing-mix: produto, prezo, promoción e distribución
|
Subsistema financeiro |
Definición e conceptos principais
Os obxectivos financeiros das empresas
A estrutura económico-financeira
A función financeira
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 |
3 |
26 |
29 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 |
2 |
35 |
37 |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 |
5 |
15 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
B1 B2 B7 B8 B9 C9 C3 |
5 |
10 |
15 |
Seminario |
A1 A2 A7 A8 B2 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C9 |
3 |
3 |
6 |
Saídas de campo |
A1 A2 A7 A8 B2 B3 B4 C4 C5 C8 |
2.5 |
2 |
4.5 |
Solución de problemas |
A1 A7 A8 B3 B5 B7 B8 B9 C8 C9 |
4 |
10 |
14 |
Foro virtual |
B5 C2 C3 C4 C9 |
0 |
5 |
5 |
Presentación oral |
B1 B2 B4 B6 B8 C2 C9 |
3 |
5 |
8 |
Discusión dirixida |
B3 B4 B7 B8 C2 C4 C9 |
4 |
6 |
10 |
Lecturas |
A1 A2 A7 B5 B9 C3 C5 |
0 |
11 |
11 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 B8 B9 C5 |
31.5 |
31 |
62.5 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Análise en grupo dunha empresa de moda que será realizada ao longo do curso académico (especialmente durante o 2º cuatrimestre) e presentada na aula ao final deste. |
Proba mixta |
Exame parcial e exame final, que poderán combinar diferentes tipoloxías de preguntas (preguntas de resposta breve, preguntas de ensaio, exercicios prácticos e preguntas obxectivas ou tipo test). |
Estudo de casos |
Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |
Prácticas a través de TIC |
Resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, a través de programas informáticos (ex. Excel) e posibilidade de participación nun xogo de simulación virtual. |
Seminario |
Realización de seminarios con profesionais expertos en temas da materia, sempre que sexa posible. |
Saídas de campo |
Visita a unha empresa de moda durante o 2º cuadrimestre, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan. |
Solución de problemas |
Resolución de problemas de natureza teórica e práctica. |
Foro virtual |
Existirán dous foros virtuais, a saber:
- Foro virtual de debate: canle que o alumnado poderá empregar para a proposta de debates e a participación nestes.
- Foro virtual de aprendizaxe: canle que o alumnado poderá empregar como espazo para o intercambio e a reflexión de aprendizaxes e a proposta de novas actividades. |
Presentación oral |
Presentación oral, de forma individual ou en grupo, de traballos realizados na aula ou de estudos de casos que deberán entregarse por escrito. |
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaránse diferentes temáticas enfocadas a que o alumnado reflexione sobre diferentes aspectos da materia e adopte unha posición crítica. |
Lecturas |
Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Cada un dos temas irá precedido dunha contextualización, onde se detallarán os contidos que se verán en cada un deles, así como a súa relación con outras materias do Grao, dado o carácter introdutorio desta materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Foro virtual |
|
Descrición |
A atención personalizada descrita desenvolverase principalmente en torno ao traballo tutelado, e concíbese como momentos de traballo persoal coa profesora da materia para a atención e seguimento do traballo realizado por cada un dos grupos de traballo. Recoméndase a asistencia do alumnado a estas reunións, cuxa forma e momento concretos nos que terá lugar se indicarán ao longo do curso en función do plan de traballo da materia, estimándose que a primeira reunión cos grupos de traballo terá lugar ao inicio do segundo cuadrimestre. Con todo, durante o curso o alumnado poderá empregar as horas de titorías para aclarar dúbidas e cuestións sobre a materia.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grado na UDC" (Arts. 3.b e 4.5) realizará as súas actividades coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen nos apartados de "Planificación" e na "Atención personalizada", a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade realizarase atendendo ás observacións de avaliación sobre a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 B8 B9 C5 |
Valorarase a asistencia e participación activas nas sesións maxistrais e nas actividades realizadas nas sesións interactivas (exemplo, participación en debates ou discusións dirixidas na aula, resolución de actividades, resposta a preguntas formuladas...). Poderán tamén realizarse pequenos cuestionarios, sen necesidade de previo aviso, sobre os contidos vistos ao remate dalgunha das sesións expositivas ou interactivas.
|
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A8 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C7 C8 C9 |
Avaliación do informe escrito e a presentación oral do traballo en grupo proposto. Esta avaliación será realizada entre iguais e pola profesora da materia, do xeito que se detalla:
- Dominio de contidos específicos: manexo da terminoloxía específica, precisión e adecuación de contidos [30%]
- Expresión escrita e presentación formal: corrección ortográfica e gramatical, coherencia, cohesión, claridade expositiva, estrutura da información, capacidade de análise e síntese da información [20%]
- Xestión da información: suficiencia e relevancia de fontes bibliográficas consultadas, consulta de fontes adicionais [15%]
- Creatividade na forma e contido [5%]
- Presentación oral: claridade expositiva, precisión, exposición ordenada de ideas, capacidade de análise y síntese da información, capacidade de resposta a posibles preguntas [20%]
- Traballo cooperativo: puntuación que cada persoa integrante dun grupo de traballo outorga ao resto de integrantes do mesmo [10%]
|
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B7 B9 C5 C9 |
Os exames parcial e final terán un peso dun 20 e un 25%, respectivamente, na nota final da materia.
O exame parcial terá un carácter voluntario, polo que o alumnado que decida non presentarse a este, deberá presentarse ao exame final, que terá un peso do 45% na nota final da materia. Igual condición rexe para o alumnado que suspenda o exame parcial. |
45 |
Estudo de casos |
A1 A2 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C2 C4 C5 C7 C8 |
Avaliación dos casos propostos e realizados individual ou grupalmente.
Nalgúns dos casos propostos (a especificar durante o curso en función do plan de traballo proposto) a avaliación realizarase por pares.
No estudo de casos valorarase a coherencia e adecuación das respostas ás preguntas formuladas, a presentación formal e a expresión escrita, a consulta de fontes bibliográficas...
|
20 |
Foro virtual |
B5 C2 C3 C4 C9 |
Participación activa nos foros: (a) no foro virtual de debate valorarase a proposta de temas para debate ou a participación nos debates xa iniciados, as iniciativas propostas...; (b) no foro de aprendizaxe, valorarase a participación respostando ás dúbidas formuladas polo alumnado.
|
5 |
|
Observacións avaliación |
Criterios de avaliación Para poder aprobar a materia será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na parte de proba mixta e do traballo tutelado. En caso de non cumprirse este requisito, a cualificación será de "Suspenso", aínda cando a nota media de todas as actividades a avaliar outorgase unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Será requisito indispensable para ser avaliado/a a asistencia regular, con participación activa e aproveitamento, ás sesións presenciais (e/ou non presenciais, se fose o caso) e aos diferentes seminarios organizados. Con respecto á cualificación de "Non presentado", so serán cualificadas con "Non Presentado" as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final, con independencia da nota acadada nestas actividades. Os criterios de avaliación indicados serán válidos tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. O alumnado que supere unha parte da materia mediante unha proba mixta (exame parcial), a nota obtida so terá validez durante o curso actual. Se un/a alumno/a que ten liberada unha parte da materia non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas datas oficiais dos exames da avaliación ordinaria e extraordinaria, a súa cualificación final será de suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos. Se houbese alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Información adicional O comportamento fraudulento en cualquera dos apartados sometidos a valoración suporá a calificación de "Suspenso (0)" na avaliación final. Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (móbiles, reloxos intelixentes...). Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar ao inicio do curso a súa situación á profesora da materia, á fin de establecer un plan e calendario de traballo. O sistema de avaliación será o seguinte: traballos tutelados (20%), proba mixta (45%), estudo de casos (30%) e participación nos foros virtuais (5%). O traballo tutelado deberá realizarse en grupo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
LUECKE, R. (2012). Finance for Managers . Boston, Mass: Harvard Business Review Press [Disponible en EBSCO FULL TEXT Finder]
ROBBINS, S.P., DE CENZO, D.A., COULTER, M.A. (2017). Fundamentals of Management: Essential Concepts and Applications. Pearson
RUBIO DOMÍNGUEZ, P. (2012). Introducción a la gestión empresarial. B-EUMED. [Disponible en E-Libro]
MAYNAR, P., BAÑEGIL, T., GALERA, C. (2008). La Economía de la Empresa en el Espacio de Educación Superior. Madrid: McGraw-Hill
SAVIOLO, S., TESTA, S. (2007). La gestión de las empresas de moda. Barcelona: Gustavo Gili
KOTLER, P.T., KELLER, K.L. (2016). Marketing Management. Pearson |
A profesora da materia poderá
proporcionar bibliografía adicional en cada un dos temas. |
Bibliografía complementaria
|
CASTILLO A.M. (Dir.), ABAD, I.M., AGUIRRE, J.M., GARCÍA, J., MORENO, F., RASTROLLO, Mª.A. (2003). Introducción a la Economía y Administración de Empresas. Pirámide
https://www.modaes.es/ (). Moda.es.
BREALEY, R.A., MYERS, S.C., ALLEN, F. (2018). Principles of corporate finance. McGraw-Hill
https://www.businessoffashion.com/ (). The Business of Fashion.
BURNS, L.D., MULLETT, K.K. (2016). The Business of Fashion. Designing, Manufacturing, and Marketing. Bloomsbury Publishing Inc.
CHOW, S. (Ed) (2018). The Fashion Business Manual: an illustrated guide to building a fashion brand . Fashionary International Ltd
DILLON, S. (2018). The Fundamentals of Fashion Management. Bloomsbury Visual Arts |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 | Fundamentos de Economía: Industria da Moda/710G03003 |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda/710G03030 | Taller 1: Plan de Empresa de Moda/710G03032 | Modelos e Técnicas de Simulación Empresarial: Xogo de Empresa/710G03026 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 | Recursos Humanos e Habilidades de Xestión en Empresas de Moda/710G03020 | Márketing e Investigación de Mercados de Moda/710G03012 | Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda/710G03015 |
|
Observacións |
Esta é unha materia de
carácter introdutorio na que non se precisan coñecementos previos.
Recoméndase a revisión e seguimento do curso da materia en Moodle, onde
se deixarán os materiais e se informará das actividades a realizar. Tamén se recomenda a lectura frecuente da prensa económica e a asistencia ás clases interactivas con ordenador portátil ou tableta electrónica. Os traballos da materia entregaranse a través da aula virtual, en soporte dixital; e se non é posible, recoméndase a impresión en papel reciclado, a dobre cara e evitando o uso de materiais plásticos. |
|