Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda Código 710G03006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
Profesorado
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
Web http://https://www.pinterest.es/estefanialsalas/demoda-udc_2021/
Descrición xeral Esta materia ten un dobre obxectivo: dotar ao alumnado da capacidade para expresar as súas ideas mediante o debuxo a man alzada, entendendo esta capacidade como básica e necesaria para o seu desenvolvemento na contorna profesional do deseño de moda, e conseguir que o alumnado adquira os coñecementos fundamentais que lle permitan enfrontarse á análise das formas na moda por medio do debuxo a man alzada. Paralelamente a estes obxectivos, o alumnado irá tomando coñecemento dos modos de expresión gráfica no ámbito da xestión industrial de moda.
Plan de continxencia Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, prevese o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola universidade, en especial a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico.

1. Modificacións nos contidos
– No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial, total ou parcialmente.
– Actividades iniciais
– Sesión maxistral
– Obradoiros (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (computa na avaliación)
– Seminario
– Proba práctica (computa na avaliación)

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non está previsto modificar as metodoloxías docentes.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola universidade: Moodle, Microsoft Teams e o correo electrónico institucional.
Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ao comezo do curso.

4. Modificacións na avaliación
– Non se realizarán cambios.

*Observacións de avaliación:
– Non se realizarán cambios

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– O alumnado disporá do material necesario dixitalizado en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Sistemas de representación: Comprensión e coñecemento dos sistemas de representación e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual nas distintas fases do deseño de moda. A4
A5
A18
B1
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C5
C6
C8
Análise de formas: Comprensión e coñecemento da figura humana, das leis de perspectiva, da teoría de sombras e valoración tonal e a aptitude ou capacidade da súa aplicación ós procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas. A4
A5
B1
B2
B4
B5
B8
B10
C3
C6
C7
C8
C9
Teoría da composición: Comprensión e coñecemento das distintas teorías da composición e a súa aplicación á expresión gráfica do deseño de moda. A4
A18
B1
B2
B3
B4
B5
B10
C3
C6
C7
C8
Ideación gráfica e representación: Aptitude ou capacidade para concebir e representar as propias ideas e dominar a proporción e as técnicas de expresión gráfica, así como a representación e o acabado final. A4
A18
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ó debuxo e á expresión gráfica 1.1. O debuxo como ferramenta
1.2. O debuxo como linguaxe
1.3. O debuxo de moda: niveis de representación gráfica
2. Análise da representación da figura humana 2.1. A figura humana: proporcións e canon natural
2.2. O figurino de moda. Conceptos básicos: proporción, canon de moda, formas, volumes, conexións e perspectiva
3. O debuxo de moda a man alzada 3.1. Consideracións xerais
3.2. Nocións e técnicas de encaixe e proporción
3.3. Debuxo experimental de moda
4. Debuxo e expresión gráfica do movemento na moda 4.1. As poses básicas
4.2. Variacións das poses básicas
4.3. O movimiento de elementos: rostro, mans e pés
4.4. Vestir o figurino de moda: silueta, detalles e tecido
5. Ferramentas e técnicas de expresión gráfica no debuxo de moda 5.1. Composición e soporte
5.2. Incorporación de imaxes, materiais e texto
5.3. Sombras no debuxo de moda
5.4. Representación gráfica do corpo humano
5.5. Representación gráfica de tecidos e prendas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A18 B1 B5 C6 C8 C9 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A4 A5 B10 C3 C4 C7 21 0 21
Obradoiro A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 21 50 71
Traballos tutelados A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3 30 33
Seminario A4 A5 A18 B2 B5 C5 C7 9 10 19
Proba práctica C9 2 0 2
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades lévanse a cabo ó inicio do proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos, como vías principais de transmisión da información.
Obradoiro Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión durante o tempo da clase. O alumnado entregará os exercicios realizados nos obradoiros ó finalizar a clase e/ou ó finalizar a materia, según indique o profesorado.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesorado. Ó longo do cuadrimestre propoñerase ó alumnado un enunciado/s e tema/s, para que o/s desenvolva pola súa conta e o/s entregue según indique o profesorado. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario.
Seminario Os seminarios serán impartidos por profesionais externos que achegarán a súa visión da práctica profesional en relación coa materia, centrada en determinados aspectos relacionados co debuxo e a expresión gráfica aplicados á moda.
Proba práctica Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
No horario de titorías, os docentes, de xeito individual ou en pequenos grupos, atenderán ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Tamén poderá realizarse de xeito non presencial a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A4 A5 A18 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Avaliación das prácticas e traballos plantexados e realizados na aula (clases expositivas, interactivas e seminarios) e/ou completados fóra dela. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na materia. É precisa a realización e entrega, en tempo e forma, do 80% dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 30
Traballos tutelados A4 A5 A18 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C3 C4 C5 C6 C7 C8 É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro, e realizaranse fora da aula de modo paralelo ó curso. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración, así como a súa entrega en tempo e forma. Do 30% da cualificación desta metodoloxía o 15% poderá obterse das entregas parciais do traballo tutelado e o outro 15% da entrega final do mesmo. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 30
Proba práctica C9 A proba práctica (exame) serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da materia. 40
 
Observacións avaliación

A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para a realización das prácticas e traballos no taller, como para as clases teóricas e seminarios. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na materia, agás naqueles casos de alumnado que teña un recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

O alumnado que se presente á proba práctica (exame), que teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, pero que non supere a materia coas porcentaxes sinaladas, figurará en actas coa cualificación final obtida.

O alumnado que se presente á proba práctica (exame), pero que non teña unha cualificación nas partes correspondentes ao obradoiro e aos traballos tutelados, figurará en actas coa cualificación final de "NP".

As prácticas do obradoiro, os traballos tutelados e a proba práctica (exame) só terán validez para o curso actual (primeira e segunda oportunidade, respectivamente), e deberán repetirse nos seguintes cursos académicos.

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación na primeira e na segunda oportunidade. Estes criterios son os mesmos para o alumnado matriculado en réxime de dedicación a tempo completo como no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Ao alumnado que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación que para a primeira e segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Riegelman, Nancy (2012). 9 heads: a guide to drawing fashion. Los Ángeles: 9 Heads Media
Drudi, Elisabetta Kuky (2010). Dibujo de figurines para el diseño de moda. Amsterdam: Pepin Press
Bryant, Michele Wesen (2012). Dibujo de moda : técnicas de ilustración para diseñadores de moda. Barcelona: Blume
Martín Roig, Gabriel (2007). Dibujo para diseñadores de moda. Barcelona: Parramón
Feyerabend, F. V. (2014). Figurines de moda : patrones para ilustración de moda. Barcelona : Gustavo Gili
Brambatti, Manuela (2017). Ilustración de moda: técnicas y métodos de dibujo profesional. Barcelona: Promopress

Bibliografía complementaria Wager, Lauren (2017). La paleta perfecta: combinaciones de colores inspiradas en el arte, la moda y el diseño. Barcelona: Promopress
Sanmiguel, David (2008). El arte del dibujo. Barcelona : Parramón
Hopkins, John (2010). El dibujo en la moda. Barcelona: GG


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Deseño Artístico da Moda/710G03002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Deseño de Moda/710G03010

Observacións

O alumnado que participe en programas de mobilidade tanto saínte como entrante adaptaránse ás mesmas normas que o resto.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable ambiental e social é recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Asimesmo, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías