A avaliación do proxecto en grupo implica a revisión do seu contido e a defensa oral do mesmo.
Durante o curso realízase unha serie de seminarios/eventos científicos, cuxa asistencia é
obrigatoria para a superación da materia. Os alumnos deberán realizar un traballo individual sobre o tema do evento. En caso de non asistir deben presentar unha falla xustificada e entregar o traballo individual sobre o tema do evento.
Na segunda oportunidade, pódense presentar o proxecto así como os traballos individuais dos seminarios.
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
Aqueles alumnos que teñas dispensa académica o tempo parcial deberán presentar para a súa avaliación o proxecto e os traballos individuais.
Os proxectos en grupo que superen o 20% de plaxio serán cualificados como suspenso, '0', nesa convocatoria para todos os membros do grupo.