Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Deseñar as interfaces de usuario dun videoxogo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP2 CP3 CP4 CP6 CP8
|
Deseñar as interfaces visuais que aparecen na pantalla do xogo estruturando correctamente a información e integrando elementos tanto interactivos coma non interactivos. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP2 CP3 CP4 CP6 CP8
|
Adquirir coñecementos para deseñar a interacción física co xogo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP11 BP12 BP14
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Identificar as accións necesarias e a súa correspondencia cos distintos dispositivos físicos que se poden empregar para manexar un xogo. |
AP14 AP15
|
BP2 BP7 BP12 BP14
|
CP4 CP6 CP8
|
Realizar o deseño de interfaces en función do xénero do xogo e en coherencia co estilo, narrativa e xogabilidade do mesmo. |
AP14 AP15
|
BP1 BP2 BP3 BP7 BP14
|
CP3 CP4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: Introdución |
1.1. Definición de interfaz
1.2. Evolución
1.3. Concepto
1.4. Estilos: diexéticas, non diexéticas, espaciais, meta e combinadas
|
TEMA 2: Deseño da interfaz |
2.1. Integración no documento de deseño
2.2. Regras e modelos
2.3. Proceso de deseño
2.4. Problemas |
TEMA 3: Interfaces e experiencia de usuario |
3.1. Conceptos básicos
3.2. Principios de deseño
3.3. Métodos de avaliación e mellora
3.4. Boas interfaces
|
TEMA 4: Ferrementas: eye-tracking |
4.1. Ferramenta multidisciplinar
4.2. Aplicación á xogabilidade
4.3. Aplicación ao deseño
4.4. Experiencia práctica
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B1 B3 B5 B8 B11 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
8 |
10 |
18 |
Traballos tutelados |
A14 A15 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 |
7 |
42 |
49 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B1 B3 B11 C5 C7 C8 |
3 |
1.5 |
4.5 |
Presentación oral |
B4 B7 B11 B12 C1 C4 |
1 |
0.5 |
1.5 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases expositivas nas que se desenvolverán os temas indicados no punto de contidos, explicando teorías e tendencias relacionadas con cada un deles e amosando exemplos específicos que faciliten a comprensión. |
Traballos tutelados |
Os alumnos/as, agrupados en parellas, elaborarán un traballo final consistente na análise e reformulación, segundo os coñecementos adquiridos, das interfaces e pantallas dun videoxogo existente no mercado.
Para elo, en cada sesión irán avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación; 2. Explicar e ilustrar gráficamente mediante un diagrama de fluxo: a. Progreso do xogo (gameflow), b. Menús / Pantallas, c. Opción., detectando desde o punto de vista da experiencia de usuario, eivas ou posibles melloras da súa interfaz; 3. Explicar e ilustrar gráficamente mediante un diagrama de fluxo os novos menús / pantallas e opcións propostas para o xogo; 4. Facer un boceto gráfico de cada unha desas pantallas, cunha breve explicación da información e elementos que contén.
Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Unha das sesións, preferentemente a cuarta, estará destinada a unha conferencia, con formato de masterclass, a cargo dun/ha profesional do sector, que exporá de xeito eminentemente práctico a realidade da profesión: técnicas de traballo, oportunidades e situación do mercado, claves creativas e profesionais, etc. Trátase dunha actividade fundamentalmente participativa co obxectivo de achegar ao alumnado ao mundo profesional. |
Presentación oral |
Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nas interfaces do seu videoxogo ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
|
Descrición |
O alumnado recibirá atención personalizada na aula durante a realización dos traballos tutelados, ao igual que nas horas de titorías, que deben ser concertadas previamente co profesor a través do seu correo electrónico.
Os alumnos/as con dispensa académica deben contactar co profesor antes do 16 de abril, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
B1 B3 B5 B8 B11 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Salvo nos casos de dispensa académica, valorarase a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais. |
10 |
Traballos tutelados |
A14 A15 B2 B3 B6 B8 B11 B12 B14 C2 C3 C4 C6 C8 |
O traballo tutelado, entendendo por tal a entrega final que deban facer os alumnos/as a través do Moodle, así como os traballos parciais feitos na aula (que serán incorporados ao traballo final) constitúen o criterio fundamental de avaliación da materia, pois neles serán plasmados os coñecementos adquiridos ao longo das sesións maxistrais e do seminario. |
70 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B1 B3 B11 C5 C7 C8 |
No alumnado que non goce de dispensa académica valorarase a asistencia e participación activa no seminario previsto na planificación docente. |
5 |
Presentación oral |
B4 B7 B11 B12 C1 C4 |
Tamén será tida en conta para a avaliación total a exposición que fagan os alumnos/as do seu traballo final na última das sesións da materia, valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Alumnado presencialO traballo final debe ser entregado a través do Moodle da UDC na tarefa creada ao efecto, só por un dos dous asinantes do mesmo e antes do día 28 de maio ás 23:59 horas. Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á análise e deseño de interfaces, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita, posto que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir na medida do posible os condicionantes de traballo do ámbito profesional.
A cualificación relativa á presentación oral será feita polo profesor e polo resto de alumnos/as, mediante unha folla de rúbrica na que se sinalan os aspectos a valorar. Tamén se avaliará, ademais da capacidade argumentativa, polos mesmos motivos que os sinalados no parágrafo anterior, a claridade expositiva e calidade de expresión oral.
Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3,5 puntos (35 sobre 100) no traballo tutelado e, polo menos, un 0,75 (7,5 sobre 100) na presentación oral, na que deberán intervir os dous asinantes de cada traballo.
No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (traballo tutelado ou presentación oral), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.
Alumnado con dispensa académicaO alumnado con dispensa académica será avaliado en función do traballo final presentado (5 / 50 puntos) e da presentación oral (1 / 10 puntos) que, presencialmente ou vía online, faga do mesmo; se fora posible, na mesma data e hora que o resto de alumnos/as e, se non, ante o profesor no día e hora que se acorde previamente. A data límite de entrega será o día 28 de maio ás 23:59 horas.
Ao igual que no caso do alumnado presencial, para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á creación e deseño de personaxes, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita; ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral na exposición do mesmo.
Os 4 puntos restantes (40 sobre 100) correspóndense a un exame tipo test de 20 preguntas sobre material teórico que será facilitado polo profesor. Neste exame cada pregunta acertada será puntuada con 0,2 puntos e cada erro restará 0,1 puntos; as preguntas sen contestar non penalizan. A data de realización do exame será a prevista no calendario oficial, salvo imposibilidade de asistencia na mesma, caso no que se concertará co profesor unha data alternativa.
Para superar a materia deberá obterse un mínimo 3 puntos (30 sobre 100) no traballo tutelado e a presentación oral e, polo menos, un 2 (20 sobre 100) no exame tipo test.
No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (traballo tutelado ou exame), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ordóñez, Juan P. (2018). Diseño de videojuegos. Madrid: Editorial Síntesis
Hassan Montero, Y. (2017). Experiencia de Usuario: Principios y Métodos. Granada: Hassan Montero, Y.
Mora Fernández, J. (2009). La interfaz hipermedia: el paradigma de la comunicación interactiva. Madrid: Fundación Autor |
|
Bibliografía complementaria
|
González, D. (2015). Diseño de videojuegos: da forma a tus sueños. Paracuellos del Jarama: Ra-Ma
Bateman, C. (2011). Game Writing Narrative Skills for Videogames. Boston: 2011
Quesnel, J., Guerrero, H. e Ávila, N. (2017). Manual de desarrollo de videojuegos. México: Centro de Cultura Digital
Cordella Sandoval, P. C. (2011). Uso de interfaces tangibles para mejorar la interacción en los videojuegos. Santiago de Chile: Universidad de Santiago de Chile
Gros, B. (2008). Vídeojuegos y aprendizaje. Barcelona: Graó
Thompson, J. (2008). Videojuegos: manual para diseñadores gráficos. Barcelona: Gustavo Gili |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño Narrativo/730529003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño de Xogabilidade/730529011 | Deseño Narrativo/730529003 |
|
Materias que continúan o temario |
Desenvolvemento de Interfaces e Experiencia de Usuario/730529027 |
|
Observacións |
Green Campus1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- A entrega realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|