Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir os principais problemas de Saúde Mental. |
A59
|
B3 B4 B8 B15 B16 B24
|
C7 C8 C11
|
Identificar as necesidades de coidado das persoas con problemas de Saúde Mental. |
A59
|
B2 B3 B4 B5 B7 B8 B16 B24
|
C3 C6 C12
|
Planificar coidados de Enfermaría para as persoas con problemas de Saúde Mental. |
A59
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B15 B16 B24
|
C3 C6 C10
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIDADE DIDACTICA I: INTRODUCIÓN Á ENFERMARÍA PSIQUIATRICA E DE SAÚDE MENTAL |
TEMA 1.- Introdución á enfermaría psiquiátrica.
1.1 Concepto de saúde mental
1.2 Historia da psiquiatría e da enfermaría psiquiátrica
1.3 Definición de enfermaría en saúde mental.
TEMA 2.- Rol da/o enfermeira/o na saúde mental
2.1 Función social da enfermaría na saúde mental
2.2 A entrevista clínica no contexto da saúde mental.
2.3 Achegas terapéuticas da enfermaría ao equipo interprofesional.
|
UNIDADE DIDACTICA II: PROCESOS PSICOPATOLOXICOS |
TEMA 3.- Bases conceptuais da psicopatoloxía clasificación dos diagnósticos.
3.1 Enfermidade psiquiátrica e trastorno en psiquiatría 3.2 Bases biolóxicas, psicolóxicas e sociais da psiquiatría 3.3 Principais alteracións dos procesos psicológicos
3.4 Sistemas de clasificación dos diagnósticos.
TEMA 4.- Trastornos psicóticos.
4.1 Concepto.
4.2 Manifestacións.
4.3 Intervencions.
TEMA 5.- Trastornos do estado de ánimo.
5.1 Concepto.
5.2 Manifestacións.
5.3 Intervencions.
TEMA 6.- Trastornos por ansiedade.
6.1 Concepto.
6.2 Manifestacións.
6.3 Intervencions.
TEMA 7.- Trastornos somatomorfos e disociativos.
7.1 Concepto
7.2 Manifestacións
7.3 Intervencions.
TEMA 8.- Trastornos da conduta alimentaría.
8.1 Concepto
8.2 Manifestacións
8.3 Intervenicons.
TEMA 9.- Trastornos da personalidade.
9.1 Concepto
9.2 Manifestacións
9.3 Intervenicons.
TEMA 10.- Trastornos relacionados con substancias psicoactivas.
10.1 Concepto
10.2 Clasificación das drogas
10.3 Manifestacións
10.4 Intervencións.
TEMA 11.- Delirium e demencia.
11.1 Concepto.
11.2 Manifestacións clínicas.
11.3 Intervencións.
TEMA 12.- Trastornos do inicio na infancia, nenez e adolescencia.
12.1Concepto
12.2 Manifestacións
12.3 Intervencions.
TEMA 13.- Trastornos do soño.
13.1 Concepto
13.2 Manifestacións
13.3 Intervencións. |
UNIDADE DIDACTICA III: ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. |
TEMA 14.- Técnicas grupais en saúde mental:
14.1 Grupos terapéuticos.
14.2 Grupos de discusión multifamiliar.
TEMA 15.- Intervención familiar. Modelo PAS y Dialogo Abierto.
TEMA 16.- Técnicas de intervención en situacións de urxencia psiquiatrica:
16.1 Concepto de urxencia psiquiatrica.
16.2 Protocolos de intervención.
TEMA 17.- Estratexias de intervención en situacións de duelo:
17.1 Concepto de duelo.
17.2 Tipos de duelos.
17.3 Proceso de acompañamiento. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 |
2 |
15 |
17 |
Recensión bilbiográfica |
B3 B8 B16 C6 C7 C11 |
0 |
15 |
15 |
Foro virtual |
B3 B4 B8 B16 C3 C11 |
0 |
19 |
19 |
Simulación |
A59 B2 B3 B5 B6 B7 B15 B16 B24 C10 C11 C12 |
13 |
34 |
47 |
Obradoiro |
A59 B2 B5 B7 B15 B16 C12 C10 |
6 |
6 |
12 |
Sesión maxistral |
A59 B3 B4 B8 B16 C7 C8 |
21 |
15 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.
A proba poderá realizarse de maneira presencial ou virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais. |
Recensión bilbiográfica |
A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema.
A lectura crítica da documentación aportada (capitulo libros, artigos, tesis...) complementarase con a resposta, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema.
- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Foro virtual |
Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Cada grupo realizará, por medio dun escenario de simulación, varios vídeos dunha duración de entre 8-10´ onde se recolla o manexo dunha situación indicada polo docente.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Obradoiro |
Obradoiros deseñados para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”.
Nunha sesión conxunta con cada grupo traballásense as habilidades que se identificaron previamente nas simulacions presentadas en vídeo e proporanse accións de mellora detectadas a partir da rúbrica de avaliación. Nestas sesións o docente, por medio do modelado, presentará a conduta ou habilidade que se quere mellorar e posteriormente, a través da dramatización ou role playing, os alumnos ensaiarán a conduta ou práctica que se pretende mellorar e/ou aprender. Finalmente, realizarase un debriefing e peche da sesión.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Sesión maxistral |
Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas o alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
- Esta metodoloxía realizarase de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre os docentes e o alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Simulación |
Recensión bilbiográfica |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidade orientar o alumnado na realización das diferentes actividades integradas na materia. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
B3 B4 B8 B16 C3 C11 |
Valórase a participación e a capacidade reflexiva sobre os temas achegados e/ou expostos nos foros, a expresión escrita dos comentarios, suxestións e/ou reflexións expostas polo alumnado. A súa capacidade de análise e pensamento crítico, así como a súa creatividade.
É obligatoria, a participación no foros supón o 5% (0,5 puntos) da nota final. |
5 |
Obradoiro |
A59 B2 B5 B7 B15 B16 C12 C10 |
Valórase a participación nos obradoiros, as habilidades e conductas mostradas como resposta as accións de mellora e a adquisición de novas habilidades a través da práctica dramatizada ou role playing a partir da rúbrica de avaliación presentada inicialmente.
É obrigatoria e supón o 10% (1 puntos) da nota final.
Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
10 |
Proba obxectiva |
A59 B2 B3 B4 B8 C6 C11 |
Exame tipo test, cunha única resposta correcta.
É obrigatoria e supón un 40% (4 puntos) da nota total.
As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos – (nº erros/4) ou nº de acertos-(nº de errosx0.25).
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
|
40 |
Simulación |
A59 B2 B3 B5 B6 B7 B15 B16 B24 C10 C11 C12 |
Avalíanse os seguintes aspectos das simulacions presentadas:
Capacidade de expresión e comunicación co paciente, familiar e resto do persoal que aparezan no escenario.
Valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación co paciente en todo o proceso de simulación.
Aplicación de coñecementos na toma de decisións que requira o escenario.
Habilidades practicas de coidados, técnicas e intervencións de enfermaría.
A capacidade de resposta do alumno, de iniciativa, de organización e planificación que requira o escenario.
O alumnado disporá inicialmente da rúbrica de avaliación.
É obrigatoria e supón o 20% (2 puntos) da nota final.
Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
20 |
Recensión bilbiográfica |
B3 B8 B16 C6 C7 C11 |
A comprensión da documentación achegada valórase a través das respostas, por parte do alumnado, a unha serie de preguntas realizadas sobre o tema ou a entrega de breves comentarios sobre o contido dos textos.
É obrigatoria e supón o 25% (2,5 puntos) da nota final.
Será necesario alcanzar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades. |
25 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matricula ordinaria) o estudiantado debe superar cada unha das partes: recensión bibliográfica (25%), simulación (20%), obradoiro (10%), foro virtual (5%) y proba obxetiva (40%). A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con o sin dispensa académica) poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do moodle) e presentalas de forma individual na plataforma moodle ou de forma presencial nas tutorías programadas. Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e finalicen as actividades programadas coa cualificación de aprobado, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades. Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10. SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Neimeyer, R. A., & Ramírez, Y. G. (2002). Aprender de la pérdida: una guía para afrontar el duelo. Barcelona: Paidós
Francés et al (2015). DSM.V (Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales). . Barcelona: MASSON
Mejías Lizancos F. Serrano Parra M. D. (2000). Enfermería en Psiquiatía y salud mental. . Madrid: Piramide
O´ Brien Kennedi Ballard (2000). Enfermería Psiquiátrica. México: Mc Graw - Hill
Varela, Nuria, Escudero, Valentín y López, Silvia (2015). Familias y enfermedad física: [Manual de intervención familiar y multifamiliar. Madrid: Editorial Grupo5
Cyrulnik Boris (2015). Las almas heridas. Barcelona: Gedisa
Read John, Mosher Loren R. and Bentall Richard P. (2006). Modelos de locura. Barcelona: Herder
Froma Walsh (2004). Resiliencia familiar. Buenos Aires: Amorrortu
Judith Herman (2004). Trauma y recuperación. Madrid: Espasa Calpe
Lafuente Mª Jose, Cantero Mª Jose (2010). Vinculaciones afectivas. Madrid: Pirámide |
Otra bibliografía de interés: González Pardo Héctor y Pérez Álvarez Marino (2007) La invención de trastornos mentales. Alianza Editorial S.A. Madrid. Video de Boris Cyrulnik sobre la resiliencia. https://youtu.be/nDjbcUosaPg Boris Cyrulnik: Resiliencia y arte, los relatos del trauma https://www.youtube.com/watch?v=6CC_g157QL0&sns=em Video de redes sobre “aprender a gestionar las emociones” https://youtu.be/q-KkdMrAz-8 Luigi cancrini: “Yo veo al niño que llora en cada paciente”http://www.lavanguardia.com/lacontra/20170301/42394984516/yo-veo-al-nino-que-llora-en-cada-paciente.html?utm_campaign=botones_sociales
|
Bibliografía complementaria
|
|
Aportarase bibliografía actualizada a través de artigos científicos relacionados cos temas a traballar. O estudiantado disporá de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Estadías Clínicas III/750G01027 | Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Practicum/750G01032 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.
|
|