Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as alteracións de saúde da persoa adulta: factores que inflúen, mecanismos fisiopatolóxicos, manifestacións, os métodos diagnósticos e tratamentos médicos e cirúrxicos específicos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B16 B19 B21 B24
|
C3 C4 C6 C8 C10 C11 C12
|
Identificar as necesidades de coidado en persoas adultas con problemas de saúde, e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapeuticos |
A34 A35
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B15 B16
|
C1 C3 C6 C11
|
Identificar os diagnósticos de enfermermaría e complicacións potenciais en personas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B24
|
C1 C3 C6 C8 C11
|
Planificar coidados de enfermaría en persoas adultas con problemas de saúde e os derivados de tratamentos, probas diagnósticas e procedementos terapéuticos. |
A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B21 B24
|
C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11
|
Identificar os procesos patolóxicos que desencadenan riscos vitais |
A15 A34 A35
|
B1 B2 B3 B4 B8 B9
|
C1 C3 C11
|
Identificar as necesidades de coidados das persoas adultas en situación crítica e as súas familias e planificar coidados de enfermaría para as persoas adultas en situación crítica e as familias |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 B13 B14 B16 B21
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO |
COIDADOS DE ENFERMARÍA A DOENTES EN ESTADO CRÍTICO |
TEMA 1: Características das Unidades de Coidados Intensivos.
|
1.1: Definición. Clasificación dos niveis asistenciais hospitalarios
1.2: Organización, xestión, recursos e estrutura física
1.3: Seguridade e calidade
1.4: Dereitos e garantías do paciente
|
TEMA 2: Procedimientos especiais: monitoraxe e rexistros |
2.1: Monitoraxe. Tipos, obxectivos.
2.2: Rexistros
|
TEMA 3:Shock |
3.1: Concepto e fases
3.2: Como detectar un shock? Clínica e diagnóstico etiolóxico
3.3: Clases de shock
3.4: Monitoraxe no shock.
3.4: Manexo terapéutico
3.5: Papel da enfermaría
|
TEMA 4: Traumatismos Torácicos |
4.1: Valoración clínica
4.2: Clasificación do TT
4.3: Complicacións e secuelas
4.4: Probas de imaxe e tratamento quirurxico
4.5: Oxigenoterapia. Drenaxe pleural
4.6: Incentivadores
4.7: Gasometrías arteriais
|
TEMA 5: Traumatismos Abdominais |
5.1: Clasificación do TA
5.2: Fisiopatoloxía do TA
5.3: Valoración do doente con TA
5.4: Probas específicas abdominais
5.5: Manexo do paciente con TA
5.6: Laparotomía
5.7: Presión intra-abdominal
5.8: Manexo da dor abdominal
|
TEMA 6:Traumatismos Cranioencefálicos |
6.1: Clasificación do TCE
6.2: Avaliación e reanimación do TCE grave
6.3: Protocolo terapéutico
6.4: Monitoraxe e tratamento
6.5: Profilaxe e apoio nutricional no doente con TCE
|
TEMA 7: Intoxicacións Agudas |
7.1: Definición de intoxicación
7.2: Clasificación de tóxicos
7.3: Causas de intoxicación
7.4: Avaliación das Intoxicacións agudas
7.5: Tratamento das Intoxicacións agudas
|
TEMA 8: O gran queimado |
8.1: Definicións
8.2: Fisiopatoloxía
8.3: Clasificación das queimaduras
8.4: Manexo do queimado
8.5: Tratamento xeral e específico
8.6: Tratamento das lesións por queimadura
|
MÓDULO II: ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS |
ALTERACIÓNS DE SAÚDE EN ADULTOS |
TEMA 9: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Neurolóxicas |
9.1: Observación e valoración do paciente con alteracións do sistema nervioso.
9.2: Técnicas diagnósticas en Neurología
9.3: Epilepsia
9.4: Accidente cerebro-vascular agudo (ACVA)
9.5: Meninxite
9.6: Tumores cerebrais
9.7: Enfermidades da medula espinal. Hernia de disco
|
TEMA 10: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Cardíacas |
10.1: Insuficiencia coronaria
10.2: Insuficiencia cardíaca.
10.3: Endocardite infecciosa.
10.4: Enfermidades do pericardio
10.5: Tromboembolismo pulmonar
10.6: Trastornos do ritmo cardíaco relacionados con PCR
|
TEMA 11: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Hematolóxicas |
11.1: Métodos diagnósticos
11.2: Anemias
11.3: Leucemias.
11.4: Linfomas.
11.5: Aplasia medular.
11.6.Trastornos da hemostasia
|
TEMA 12: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Inmunolóxicas |
12.1: Autoinmunidad e enfermidades autoinmunes
12.2: Síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Infección VIH/SIDA
12.3: Transplante de órganos e tecidos
12.4: Enfermidades autoinmunes: Lupus eritematoso. Artrite reumatoide
|
TEMA 13: Atención de enfermaría a doentes con alteracións Oftalmolóxicas |
13.1: Anatomía do Aparello Ocular
13.2: Métodos diagnósticos. Exame e valoración física. Probas diagnósticas
13.3: Principais alteracións das pálpebras
13.4: Principais alteracións das vías lagrimales
13.5: Principais alteracións da conjuntiva: Conjuntivitis
13.6: Principais alteracións da córnea: Queratitis. Traumatismos. Queratoplastia.
13.7: Principais alteracións do cristalino: Cataratas
13.8: Principais alteracións da cámara anterior do ollo. Glaucoma: Tipos, etiología, manifestacións clínicas, tratamento.
13.9: Principais alteracións da mácula: MAE, DMAE
13.10: Principais alteracións da retina: Desprendemento de retina. Retinopatía diabética.
13.11: Traumatismos oculares
|
TEMA 14: Atención de enfermaría a doentes con alteracións da pel |
14.1: Recordo anatomo-fisiolóxico
14.2: Alteracións dérmicas: dermatite
14.3: Úlceras por presión
14.4: Tumoraciones
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B5 B7 B8 B12 B14 B15 B16 B19 B24 C4 C7 C10 C11 |
32 |
32 |
64 |
Seminario |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B21 B24 C1 C3 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
31 |
31 |
62 |
Estudo de casos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C7 C10 C11 C12 |
0 |
10 |
10 |
Lecturas |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 |
8 |
11 |
19 |
Proba obxectiva |
A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 |
0 |
15 |
15 |
Proba de resposta múltiple |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 |
2 |
49 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral con apoio audiovisual na que, a partir dunha base anatomo-fisiolóxica, desenvolveranse os temas que comprende a materia, co fin de transmitir coñecementos acerca das principais alteracións de saúde no adulto e facilitar no alumno unha base teórica que contribúa á toma de decisións, priorización de problemas, e á planificación do seu traballo |
Seminario |
Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa.
Poderanse realizar nos seminarios escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo
|
Estudo de casos |
Actividade na que, unha vez adquiridos os coñecementos necesarios e facilitada documentación complementaria que contribúa á formación, exponse casos clínicos (situacións reais da actividade profesional) para que o alumno trate de analizar a situación, comprendela, e expoña as accións que considere para resolver o problema.
Este traballo exporase de forma individual ou en pequenos grupos, coa finalidade de desenvolver tanto capacidades autónomas como interpersoais dentro dun equipo.
|
Lecturas |
Conxunto de textos, artigos científicos, guías de práctica clínica, que se seleccionan tanto para que o alumno desenvolver capacidade de análise como para complementar os coñecementos adquiridos.
Mediante estas lecturas, téntase que o alumno se afaga á procura de información a partir das bases de datos e que se conciencie da importancia da formación continuada e da investigación para o desenvolvemento das súas funcións.
|
Proba obxectiva |
Tratarase dunha "proba do coñecemento dos temas" a través de metodoloxía online co fin de facer avaliación contínua.
|
Proba de resposta múltiple |
Proba de resposta múltiple: Proba obxectiva de carácter evaluativo que integra preguntas de resposta múltiple referidas aos contidos desenvolvidos a través das distintas metodoloxías durante o curso.
Probas de coñecemento dos temas: Proba obxectiva de caracter evaluativo por tema
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Proba de resposta múltiple |
Lecturas |
|
Descrición |
A atención personalizada para as metodoloxías consistirá no seguimento por parte do profesor do proceso de aprendizaxe do alumnado para cada caso clínico ou lectura proposto, de tal forma que este tempo contribúa a orientar e a apoiar os avances por parte do alumno. Esta atención farase telemáticamente a través de Moodle ou Teams de forma individual ou en pequeno grupo, mediante a supervisión dos arquivos que proporcionen os alumnos ante o requirimento do profesor sobre o tema que se estea a tratar.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o Réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na UDC” (Arts 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012). Este alumnado desenvolverá a súa actividade coa participación nas dinámicas propostas para a materia descritas para os Estudos de Casos e as Lecturas, tendo en conta a flexibilidade de asistencia-participación e os requisitos para superar a materia
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA Ó ALUMNADO
• MOODLE para resolución de dudas a través do correo ou do Foro de dudas. Frecuencia: según demanda
• TEAMS para tutorías virtuais, mantendo os mesmos horarios que estaban marcados para as tutorías presenciais, ou en caso de ser necesario, adaptando os horarios para facilitar as reunións. Máximo 1 h semanal por alumno que o solicite.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B24 B21 B16 B14 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C7 C10 C11 C12 |
Nos estudos de casos exporanse aos alumnos casos clínicos
prácticos relacionados cos temas da materia, mediante sistema de pregunta-resposta curta, proporcionando no caso de que sexa necesaria documentación ou outro material para facilitar o seu enchemento e ampliar os coñecementos.
Valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral dos temas desenvolvidos nas Sesións Maxistrais e os Seminarios con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas durante o proceso de reflexión no traballo en grupo no caso de que os casos cínicos non se resolvan de forma individual.
Os Casos Clínicos exporanse a través da plataforma Moodle e o alumno terá que facer entrega a través da mesma plataforma, e dentro do prazo sinalado, e seguindo as “Normas de presentación de Casos Clínicos e Lecturas” da súa proposta para a resolución do caso exposto.
A entrega dos estudos de casos é obrigatoria. Quedan excluídos desta obrigatoriedade os alumnos de matrícula parcial con exención de asistencia, que deberán realizar as actividades que se lle indiquen e entregalas no momento sinalado; esta programación realizarase cando se presente o caso. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados
As actividades relacionadas cos estudos de casos son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia, conformándose así unha avaliación contínua da aprendizaxe. Ao longo do curso, realizaranse un total de 3 estudos de casos, nas datas establecidas no cronograma da materia.
Para a superación da materia é necesaria a entrega do 100% dos estudos, e acadar unha nota como mínimo de 5 puntos, resultante do cálculo da media de puntuacións dos traballos. Os traballos non entregados puntuaranse como “0” puntos á hora de facer o cálculo da nota dos estudos. No caso de non presentar o 100% dos casos, este apartado computará como 0 puntos no cálculo da puntuación da materia, sen posibilidade de superación da mesma, e terá que presentarse en 2ª oportunidade.
Cada estudo de casos ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerán o 30% da cualificación final
|
30 |
Proba de resposta múltiple |
A34 A35 A36 A37 A38 A39 B2 B3 |
Realizaranse dúas probas escritas (parciais) cada unha nun tempo de 30 minutos:
- 1ª proba escrita: coincidindo unha semana despois de finalizar o Módulo I (Atención de Enfermaría a persoas en Estado Crítico).
- 2ª proba escrita: unha semana despois de finalizar o Módulo II
A proba final realizarase coincidindo coa data oficial publicada na páxina web da Facultade.
As dúas probas constarán de 30 preguntas por módulo tipo test (4 alternativas de resposta, cunha soa resposta válida) e realizaranse de forma presencial sempre que a situación o permita a través da plataforma Moodle. En caso de non poder facerse de forma presencial faranse telemáticamente de forma síncrona na hora marcada a través de Moodle, e con participación obrigatoria na sesión que se creará en Teams para ese fin, coa cámara e o sonido acendidos. Os contidos que se avaliarán nestas dúas probas serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas científicas.
As dúas probas escritas, en caso de ser superadas, liberan materia ata a convocatoria de XULLO dese curso académico. Se na convocatoria de Xullo o alumno non logrou superar as 2 probas escritas, deberá examinarse da materia completa na seguinte convocatoria.
Cada proba posúe un valor de 10 puntos e para superalo o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada unha das probas.
A nota final da proba de resposta múltiple calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida nas dúas probas escritas a condición de que en ambas as probas obtéñase a cualificación mínima esixida (unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10).
Estas probas supoñerán o 40% da cualificación final.
Fórmula para o cálculo da puntuación:
Puntuación = nº de acertos - nº erros/4.
|
40 |
Proba obxectiva |
A15 A34 A35 A36 A38 B1 B3 B21 C3 C4 C6 C11 |
Probas de coñecemento dos temas: Realizarase 1 proba por tema tipo Test de 10 preguntas con 4 opcións de resposta a través da plataforma Moodle relacionada con coñecementos dos temas. Cada proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos, e para a superación da material será necesaria a entrega do 100% das probas propostas. Para a superación desta parte, o alumno terá que acadar unha media de 5 ou máis puntos. Se non se acadase o 100% da entrega das probas de coñecemento dos temas, a nota deste apartado será de 0 puntos e impedirá a superación da material.
Supoñerá o 20% da cualificación final
|
20 |
Lecturas |
A15 A34 A35 A36 A37 A38 A39 B1 B4 B11 B21 C6 C7 C8 C11 |
Nas actividades de Lectura proporcionaranse aos alumnos Artigos Científicos relacionados cos temas expostos nas Clases Maxistrais ou Seminarios, de tal forma que o alumno terá que facer unha lectura crítica dos mesmos.
Do mesmo xeito que nos Estudos de Casos, valorarase o nivel de conceptos adquirido polo alumno, a claridade de ideas e a capacidade do alumno para chegar a expresar un criterio propio sobre o texto proposto, tentando que este se base na mellor Evidencia Científica que exista sobre o tema desenvolvido.
Realizaranse un total de 2 lecturas ao longo do curso.
A entrega das lecturas é de carácter obrigatorio, e non se poderán recuperar ou substituír por outras actividades. Teñen un carácter sumativo. Poderanse substituír as lecturas por outro tipo de traballos.
Cada actividade de lectura ten unha puntuación máxima de 10. Supoñerá o 15% da cualificación final
|
10 |
|
Observacións avaliación |
Tanto os estudos de casos como as lecturas ou outros traballos solicitados cuxa nota sexa menor de 5 poderán ser presentados de novo para poder superalos. Para iso terán como límite 10 días desde que sexa comunicada a nota. Neste caso a nota máxima a conseguir será de 5 puntos sobre 10. Sendo unha materia de carácter obrigatorio, será necesaria a asistencia ás sesións maxistrais e seminarios (virtuais ou presenciais) e a entrega do 100% dos estudos de casos e lecturas e das probas de avaliación dos temas para a superación da materia.En cso de que o alumno non chegue a ditas porcentaxes, a puntuación destes apartados será de 0 puntos. No caso de no poder acudir a unha sesión maxistral ou virtual @ alumn@ terá que certifica-lasúa ausencia e se a causa que a produce pode anticiparse, notíficalo tamén con antelación. Non Presentado : no acta de cualificacións figurará como Non presentado (N.P.) aquel alumno que non se presente á proba escrita final. Matrícula de honra : será outorgada automaticamente aos 3 alumnos que alcancen a maior cualificación, sempre que esta sexa igual ou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións Oportunidade adiantada : será condición necesaria para superar a materia: · Superar unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Será necesaria unha puntuación =5 puntos para a superación da proba. Supoñerá o 40% da nota final. · A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación máxima de 10 puntos. Supoñerá o 60% da nota final. · Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (puntuación de 5 na proba escrita e no traballo presentado). Os 5 restantes son sumativos pero non son obrigatorios. · Fórmula para o cálculo da puntuación: Puntuación = nº de acertos – nº erros/4. As respostas non contestadas non puntúan Alumnos con matrícula a tempo parcial sen exención de asistencia : · Realizaranse as mesmas probas de resposta múltiple, estudios de casos, lecturas e probas de coñecemento dos temas que para o resto dos alumnos. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas O primeiro exame parcial realizarase ao finalizar o módulo 1. Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. En caso de non superalo o alumno poderá repetir esta proba na convocatoria de Xuño ou Xullo. Achegará o 40% da puntuación total da materia. · Fórmula para o cálculo da puntuación: Puntuación = nº de acertos – nº erros/4. As respostas non contestadas non puntúan · Ao longo do curso, os alumnos deberán presentar os estudos de casos e lecturas propostas polo profesor a través da plataforma Moodle. Cada estudo de caso terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 25% do total da nota final. Cada lectura terá un valor máximo de 10 puntos e achegarán o 15% do total da nota final. Alumnos con matrícula parcial e exención de asistencia . Realizarán: · 2 probas de resposta múltiple a través de Moodle de forma telemática, con conexión a través de Teams mediante vídeo. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán neste exame serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais, os seminarios, os estudos de casos e as lecturas. O primeiro exame parcial realizarase ao finalizar o módulo 1. Este exame en caso de ser superado libera materia en convocatoria de Xuño e Xullo dese curso académico. A puntuación máxima de cada proba será de 10 puntos. Para liberar materia o alumno debe alcanzar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10. Supoñerán o 40% da nota final. · Un traballo sobre un tema relacionado co programa da materia, e a defensa do mesmo será oral (a data da entrega do traballo e a defensa oral publicarase na plataforma Moodle) de forma non presencial a través da plataforma Teams. O traballo posúe un valor de 10 puntos e supoñerá o 60% da nota final. Este traballo virá substituír as probas de coñecemento, os estudos de casos e as lecturas traballados durante o curso. O traballo entregarase unha semana antes da proba de resposta múltiple a través de Moodle proposta polas docentes da materia. Segunda oportunidade : Os alumnos que na 1ª oportunidade non superasen algunha das partes da avaliación (Probasde resposta múltiple/ Casos clínicos e lecturas/ Probas de coñecemento dostemas), teranse que presentar en 2ª oportunidade da parte non superada. No caso de que as partes non superadas sexan os casos clínicos e lecturas, a puntuaciónmáxima destes será de 5 puntos, e será necesaria a presentación do 100% dos casos e lecturas. En caso de quea presentación sexa inferior o 100%, non se poderá superar a asignatura, e esteapartado computará como “0” puntos para o cálculo da nota da asignatura. |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
BULECHEK GLORIA M, BUTCHER HOWARD K, DOCHTERMAN JOANNE M, WAGNER CHERYL M (2014). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Barcelona: Elsevier
MOORHEAD S, JOHNSON M, MERIDEAN LM, SWANSON E (2014). Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). . Barcelona: Elsevier
LUIS RODRIGO MT. (2013). Diagnósticos Enfermeros. Revisión y guía práctica. Barcelona: Elsevier
LINDNER U, DUBIN D. (2005). Introducción a la electrocardiografía: Método autodidacta de interpretación de ECG. . Barcelona: Masson
FARRERAS / ROZMAN (2004). Medicina Interna. (2 vol.). Madrid: Elsevier
(2013). NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2012-2014. Madrid: Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Bioloxía/750G01002 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 | Fisioloxía I/750G01005 | Coidados Básicos en Enfermaría/750G01006 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 | Nutrición/750G01009 | Fisioloxía II/750G01010 | Farmacoloxía/750G01011 | Situacións de risco para a saúde e radioloxía/750G01013 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Fisioloxía/750G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 | Xestión dos servizos da Enfermaría/750G01021 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Practicum/750G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clínicas IV/750G01028 |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. - Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio. |
|