Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir e utilizar conceptos relevantes sobre os procesos de envellecemento individual e colectivo tendo en conta a sua evolución e variabilidade dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e social. |
A49
|
B1 B2 B8
|
C4 C12
|
Elexir e aplicar adecuadamente instrumentos de valoración e escalas específicas para o ancián eo seu cuidador/a, demostrando capacidade e habilidade para realizar a valoración integral do paciente ancián utilizando referentes teóricos e evidencias científicas
|
A49 A50 A51 A52
|
B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C11
|
Analizar e discutir as diferenzas entre os cambios normais asociadas ao envellecemento de aqueles que son consecuencia dos procesos patolóxicos, relacionando estes cambios ca satisfacción das necesidades básicas. |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C10
|
Identificar os procesos de alteración da saúde mais prevalentes nas persoas maiores no medio comunitario e hospitalario, planificando e prestando coidados de enfermaría a través dun modelo enfermeiro e un proceso de intervención baseado na linguaxe estandarizada (NANDA, NIC, NOC) |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C11
|
Describir e analizar os distintos niveis e servizos asistenciais sanitarios e sociais identificando os recursos sociais existentes na comunidade e describindo como han de usarse tendo en conta ás necesidades das persoas maiores |
A49 A52
|
B1 B2 B3 B9 B13
|
C4 C10 C11 C12
|
Promover estilos de vida saudable e auto-coidado, apoiando o mantemento de comportamentos preventivos e terapéuticos que promovan a independencia, na satisfacción das necesidades básicas humanas e melloren a calidade de vida na vellez, describindo o medio ambiente axeitado para o benestar e protección dos maiores |
A49 A50 A51 A52
|
B1 B2 B3 B8 B9 B13
|
C4 C10 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade DidacticaI: Conceptos e Xeneralidades relacionados ca vellez |
Tema 1. Conceptos Xerais
Tema 2. Proceso de Envellecemento e Teorías
Tema 3. Demografía da ancianidade |
Unidade Didactica II: Aspectos sociais, antropolóxicos e económicos do envellecemento |
Tema 4. Socioloxía da ancianidade
Tema 5. Aspectos Económicos da vellez
Tema 6. Entorno arquitectónico na calidade de vida das persoas maiores |
Unidade Didactica III: A persoa maior san. Necesidades Básicas humanas asociadas ao proceso do envellecemento. |
Tema 7. Concepto de anciano san e anciano fráxil
Tema 8. Valoración de enfermería a persoa maior
Tema 9. Necesidade de osixenación
Tema 10. Necesidade de alimentación
Tema 11. Necesidade de eliminación
Tema 12. Necesidade de movemento
Tema 13. Necesidade de descanso e soño
Tema 14. Necesidade de manter a temperatura corporal
Tema 15. Necesidade de Comunicarse e de expresión sexual. |
Unidade Didactica IV: A persoa maior enferma. Características das enfermidades no ancián. Procesos patolóxicos mais frecuentes |
Tema 16. Características das enfermidades do ancián
Tema 17. Terapéutica no ancián
Tema 18. ACV
Tema 19. Parkinsón
Tema 20. As Demencias |
Unidade didactica V: A atención sociosanitaria en España |
Tema 21: Recursos formais e informais no coidado da persoa anciá con problemas de saúde y/o dependencia |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A49 A50 A51 A52 A50 A51 A52 B1 C4 |
26 |
26 |
52 |
Estudo de casos |
A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 |
14 |
21 |
35 |
Traballos tutelados |
A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 |
1 |
10 |
11 |
Proba mixta |
A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 |
2 |
28 |
30 |
Análise de fontes documentais |
A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B9 C4 |
2 |
5 |
7 |
Aprendizaxe servizo |
A49 A50 A51 A52 A49 B1 B2 B13 C4 C10 C11 C12 |
1 |
10 |
11 |
Actividades iniciais |
C4 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral on line, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Aprendizaxe servizo |
" O aprendizaxe servizo é unha proposta educativa, que mixtura procesos de aprendizaxe e de servizo a comunidade, nun único proxecto ben articulado, no que os participantes aprenden a vez que traballan nas necesidades reais do contorno, coa finalidade de melloralo".
Begoña Martínez, Isabel Martínez, Israel Alonso y Monike Gezuraga
TENDENCIAS PEDAGÓGICAS Nº 21 2013 102 |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe servizo |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada cos estudos de casos ten como finalidade orientar aos estudantes na realización dun analisis pormenorizado da situación clínica dunha persona maior, que lle permita desenvolver un razoamento clínico e un pensamento crítico centrado en objectivos, utilizando as taxonomías NANDA, NIC e NOC. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.
A atención personalizada relacionada coa proba mixta e a sesión maxistral ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams.
A atención personalizada relacionada co Aprendizaxe servizo ten como finalidade orientar os estudantes na realización do Servicio. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben a través do correo electrónico ou da plataforma Teams. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A49 A50 A51 A52 B8 B9 B13 B2 B3 B8 C10 |
Proba escrita con pregunta curta, tipo test e a resolución de casos prácticos para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe das competencias.
Sendo condición indispensable para superar a materia haber superado o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10. Esta proba suporá o 60% da cualificación final. |
60 |
Traballos tutelados |
A50 A51 A52 A49 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 |
A realización dos traballos tutelados será obrigatoria. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. Suporá o 20% da cualificación final. Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral, de se realizar. |
20 |
Estudo de casos |
A50 A51 A52 A49 B2 B3 B8 B13 B1 B9 C11 C12 C10 |
A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo, onde se avaliará a adquisición de competencias, suporá o 20% da cualificación final. A avaliación farase tendo en conta, fundamentalmente, os seguintes aspectos: valoración, diagnósticos e planificación de resultados e intervencións de enfermaría.
A asistencia a os grupos de traballo será obrigatoria. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro). As probas superadas na primeira oportunidade (febreiro) conservaranse só para a segunda oportunidade (xullo). Os estudantes con matricula a tempo parcial e os que soliciten adianto de oportunidade, acolleranse á modalidade de exame de proba mixta que constará de preguntas curtas e estudos de casos, e suporá o 100% da nota. Os estudantes que opten a matricula de honra deberán ter unha cualificación superior a 9 na proba mixta e ter superadas o resto de metodoloxías coa nota máxima.Matricula de honra: será outorgada automáticamente aos estudantes que alcancen maior cualificación, sempre que sexa igualou superior a 9,0. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado, obteran un no presentado, aínda que realicen a proba mixta.Non presentado: no acta de cualificacións figurará como non presentado (NP) aquel estudante que non se presente a proba mixta final A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.A entrega dos traballos tutelados, farase en papel:- Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a impresión de borradores
Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Revista Española de Geriatría y Gerontología (). .
Gerokomos (). .
Enfermería Clínica (). .
American Journal of Nursing (). .
Nursing. Edición española (). .
González Martínez J.F, Pichardo Fuster A, García L (2009). Geriatría. 3ª ed.. Madrid: McGraw- Hill. Interamericana
García Hernández M, Medina Aragón F J, Gallo Estrada J. (2011). Atención enfermera en los grandes síndromes geriátricos. Madrid: Fuden
editores, Howard K. Butcher, ...[et al.] (2019). Clasificación de intervenciones de enfermería (NIC). Barcelona : Elsevier, [2019] Edición 7ª ed
MOORHEAD S, JOHNSON M, MAAS ML, SWANSON E (2014). Clasificación de resultados de enfermería (NOC) : medición de resultados en salud. Madrid : Elsevier, [2014] Edición 5ª ed
Quintanilla Martínez M (2006). Cuidados integrales de Enfermería Gerontogeriatricos Vol 1. 2da ed. amp y rev. Barcelona: Monsa Ediciones
Quintanilla Martínez M. (2006). Cuidados integrales de Enfermería Gerontogeriatricos. Vol 2. 2da ed. amp y rev. Barcelona: Monsa Ediciones
Heather Herdman T; Kamitsuru S. (2019). Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2018-2020. Barcelona: Elsevier España S. L
García López MV, Rodríguez Ponce C, Toronjo Gómez AM (2008). Enfermería del anciano.2ª ed. Madrid: DAE
García Hernández M,Martínez Sellarés R. (2012). Enfermería y envejecimiento. Barcelona: Elsevier Masson
Cobo Domingo JC (2008). Geriatría y Gerontología. Atención Integral al anciano. Logoss
D´Hyver, Gutierrez Robledo LM. (2014). Geriatría. 3ª edición. Mexico:Editorial El Manual Moderno
Millán Calenti (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e intervención. Madrid:Médica Panamericana
Luis Rodrigo MT. (2013). Los Diagnósticos Enfermeros. Revisión crítica y guía práctica. 8ª ed. Barcelona: Masson;
Bermejo C, Rodriguez J (2017). Manual terapéutico en Geriatria. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana
Rodríguez García R., Lazcano Botello G.A. (2011). Práctica de la Geriatría. 3ªed.. México: McGraw- Hill. Interamericana
Guillén Llera F, Pérez del Molino Martín J, Petidier Torregrosa R. (2008). Síndromes y cuidados en el paciente geriátrico. 2ª ed. Barcelona: Elsevier Masson; |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Psicoloxía/750G01003 | Fundamentos da Enfermaría/750G01007 | Nutrición/750G01009 | Farmacoloxía/750G01011 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Enfermaría Clínica II/750G01035 | Fisioloxía/750G01105 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría Comunitaria II/750G01019 | Estadías Clínicas III/750G01027 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
No caso do traballo tutelado a entrega, farase en papel: - Non se empregarán plásticos- Realizaranse impresións a dobre cara- Empregarase papel reciclado- Evitarase a impresión de borradoresNa realización dos traballos tutelados, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtido a través de Internet, sen indicación expresa da sua procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade.
|
|