PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia Practicum e ter superadas as todas as Estancias Clínicas, tal e como consta na memoria do Título de Grao
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 20% das planificadas. As non xustificadas poden supor, a criterio do profesorado responsable da materia, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesorado, antes da data de peche de actas e no servicio que se considere oportuno en función das necesidades, podendo non coincidir co lugar no que se iniciaron.
Para superar a materia:
- É imprescindible superar cada unha das metodoloxías avaliables de forma independente. As partes considéranse superadas cuando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10. A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta.
- É imprescindible ter asistido aos eventos científicos e/o divulgativos programados.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9=Suspenso
5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Convocatoria de segunda oportunidade: o estudantado deberá recuperar toda a materia (no caso de non superar ambas metodoloxías) ou a parte non superada, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.
As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o/a alumno/a obteña máis dun 95% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega na solución de problemas e nas prácticas fose significativa.
A vixencia do aprobado das Estancias Clínicas manterase por un período de dous cursos lectivos consecutivos á realización das estancias aprobadas.