Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aspectos macroeconómicos e territoriais do mercado de traballo Código 760492004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Profesorado
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso consolida a aprendizaxe da Economía, permitindo que o/a alumno/a amplíe a súa formación e coñocemento do funcionamento do mercado de traballo a través do estudo dos principais modelos macroeconómicos que o explican. Afondarase especialmente nas diferentes políticas económicas que afectan ao mercado laboral.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

As mesmas que na docencia presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
- Titorías por correo electrónico.
Poderanse facer diariamente para
consultas, resolver dúbidas, traballos
tutelados, etc.
- Moodle
Os temas, materiais, apuntamentos, etc.
que serviran para desenvolver a
aprendizaxe da materia serán de uso
híbrido, tanto para o ensino presencial
como de forma virtual.
- Teams
As sesións maxistrais levaranse a cabo
mediante esta ferramenta, procurando a
coincidencia co horario das clases
presenciais. Poderán programarse
sesións especiais para traballos
tutelados, discusións, etc.

4. Modificacións na avaliación
Non se modifica.

*Observacións de avaliación:

Mantéñense as mesmas pautas que para a
avaliación presencial. Porén, a asistencia
(minimo permitido 80%) verificarase tanto nas sesións presenciais (até que as houbera) como nas virtuais.

Todo o sistema de avaliación levarase a cabo a través da plataforma Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se modifica.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir coñecementos previos de análise económica, co fin de que o/a alumno/a comprenda e domine as ferramentas que lle permitan aproximarse á análise do funcionamento do mercado de traballo. AP8
BP1
BP2
BP3
BP5
Coñecer a estrutura e o funcionamento do mercado de traballo desde a perspectiva propia da economía laboral, tanto nos aspectos microeconómicos como macroeconómicos. BP2
BP3
BP4
CM4
Saber recoñecer a incidencia de determinadas accións de política económica sobre a economía no seu conxunto e, moi especialmente, sobre o mercado laboral BP2
BP3
CM4
Coñecer o funcionamiento do mercado de traballo na Unión Europea, en España e en Galicia, desde unha perspectiva económica, e moi especialmente as políticas económicas adoptadas e as súas implicacións e consecuencias. BP2
BP3
BP6
CM4
Utilizar axeitadamente as fontes de información relativas á economía laboral e ao mercado de traballo e realizar traballos prácticos a partir daquelas. BP2
BP3
BP7
BP9
CM3
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1.- O MERCADO DE TRABALLO NOS MODELOS NEOCLÁSICOS 1.1.- Oferta de traballo.
1.2.- Demanda de traballo.
1.3.- Equilibrio no mercado de traballo. Salario real e nivel de emprego.
2.- O MERCADO DE TRABALLO NA ECONOMÍA KEYNESIANA 2.1.- Supostos keynesianos para o mercado de traballo.
2.2.- Oferta e demanda de traballo na nova economía keynesiana.
2.3.- Paro voluntario e involuntario.
3.- MOBILIDADE, DESEMPREGO E DISCRIMINACIÓN 3.1.- Mobilidade. Efectos da emigración. Externalidades.
3.2.- Desemprego. Medición, tipoloxías e evolución.
3.3.- Discriminación no mercado de traballo.
4.- POLÍTICAS DE FOMENTO DE EMPREGO 4.1.- Políticas macroeconómicas.
4.2.- Políticas activas.
5.- ASPECTOS TERRITORIAIS DO MERCADO DE TRABALLO 5.1.- Estrutura do mercado de traballo no Estado Español.
5.2.- O mercado de traballo en Galicia. Estrutura, políticas e perspectivas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 B6 4 6 10
Sesión maxistral B3 C4 C8 13 26 39
Traballos tutelados B4 B5 B7 B9 C3 4 8 12
Proba obxectiva B1 B2 B9 4 0 4
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Breve repaso a coñecementos elementais de teoría matemática, microeconomía e macroeconomía para familiarizar ao alumno/a coa linguaxe e metodoloxía a utilizar no desenvolvemento do programa
Sesión maxistral Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais.
Traballos tutelados Realización de traballos de investigación breves (5-10 páxinas) sobre temas relacionados co programa. Dirixidos polo profesor, afectuararse de forma individual ou en grupos reducidos.
Proba obxectiva Proba final para aqueles alumnos/as que non superen a materia ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
Apoio a aqueles/as alumnos/as que teñan especial dificultade cos coñecementos previos de teoría económica e cos instrumentos matemáticos de análise.
Establecemento da temática dos traballos a realizar. Orientación nos contidos e nas fontes de información. Titoría sobre os avances dos traballos, presentación, conclusións, etc.
Asesoramento na sistemática de presentación. Uso de TICs. Formación de grupos de discusión.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral B3 C4 C8 Avaliarase de forma contínua, mediante control presencial, probas curtas e comentarios de textos. 40
Traballos tutelados B4 B5 B7 B9 C3 A avaliación terá en conta a temática tratada, o grao de síntese asi como as conclusións e coherencia das mesmas co procedemento de análise levado a cabo. 30
Proba obxectiva B1 B2 B9 Estas probas representan o 30% da nota final. 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica http://emprego.ceei.xunta.gal/ (). Consellería de Economía, emprego e industria.
http://www.ces-galicia.org/ (). Consello Económico e Social de Galicia.
http://www.ces.es (). Consello Social (España).
Mc. Connell , S.L. Brue y D.A. Macpherson (2007). Economía Laboral. Madrid
L. Toharia (1998). El mercado de trabajo en España. Madrid
J.A. Palacio Morena y C. Alvarez Aledo (2004). El mercado de trabajo: análisis y políticas. Madrid
L. Toharia (Director) (2005). El problema de la temporalidad en España: un diagnóstico. Madrid
Ll. Fina Sanglas (2001). El reto del empleo. Madrid
https://foroeconomicodegalicia.es/ (). Foro Económico de Galicia.
http://www.ige.eu (). Instituto Galego de Estatística.
http://www.ine.es (). Instituto Nacional de Estatística.
L. Toharia (Compilador) (2000). Los mercados transacionales de trabajo. Madrid
http://www.mitramiss.gob.es/es/el_ministerio/index.htm (). Ministerio de Trabajo, migraciones y seguridad social.
http://www.seg-social.es (). Seguridade Social.
http://www.sepe.es (). Servizo Público de Emprego Estatal.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías