A avaliación realizase ao longo do curso e nos examens oficiais.
Probas de avaliación continua. Realizaranse dúas. A primeira dos
contidos do tema I.Xeometría, e a segunda dos contidos do tema
II.Álxebra. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10
puntos. A estas notas as denominamos NAC1 e NAC2.
Prácticas de laboratorio. Os contidos das prácticas avaliaranse cunha
proba práctica, na que os estudantes poden usar o material docente
publicado en moodle. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 10
puntos, a denominamos NL. O exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NPO comprendida entre 0 e 10 puntos.
Para superar a materia na primeira oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:
(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO sexa maior ou igual a 5,
(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NPO será maior ou igual a 3. Se se cumpren as dúas condicións, a nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO
Se se cumpre a condición (i) pero non a (ii), a nota da acta será: mínimo{0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO, 4.9} .
O exame oficial da segunda oportunidade abarca todos os contidos da
materia. Avaliarase cunha nota NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.
Na
seguda oportunidade o alumnado pode elixir entre conservas ou non as
notas NAC1 e NAC2 de avaliación continua. A nota da acta calcúlase do
seguinte xeito:
Renuncia ás notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.85xNSO.
Cosérvanse notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO.
Para superar a materia na segunda oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:
(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO sexa maior ou igual a 5,
(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NSO será maior ou igual a 3.
En todas as probas terase en conta as competencias escritas do estudantado.