Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Emprendemento e Autoemprego Código 610441007
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.teijeiro@udc.es
Profesorado
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.teijeiro@udc.es
Web
Descrición xeral En contornas cada vez máis globalizados e competitivos a figura do emprendedor adquire un papel protagonista no contexto económico e social dunha comunidade, en especial, a
creación de empresas de alto valor engadido baseadas no desenvolvemento
de avances científicos e tecnolóxicos en sectores estratéxicos como
elemento dinamizador do crecemento. Esta materia encádrase no Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. As achegas principais da materia son: comprender a importancia da cultura emprendedora, aprender a emprender un negocio e analizar o contexto, así como avaliar as oportunidades e riscos das accións emprendedoras.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos
2. Metodoloxías Non se realizan cambios nas metodoloxías docentes.
En caso de que a situación sanitaria o requira a materia pasará a impartirse en modalidade semipresencial ou non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: correo electrónico, de uso para consultas, solicitar encontros virtuais ou para resolver dúbidas segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Teams: sesións a demanda segundo a necesidade do alumnado para reforzar a comprensión da asignatura.
4. Modificacións na avaliación Non se realizan cambios na avaliación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario
A13 Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación
B7 Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade
B8 Capacidade de razoamento crítico e compromiso ético coa sociedade: sensibilidade fronte aos problemas bioéticos e aos relacionados coa conservación de recursos naturais
B11 Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B12 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B13 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados na información, que, por ser incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades éticas e sociais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos para a inserción profesional con criterios de innovación AI14
AI14
CM11
CM11
Coñecer e aplicar a metodoloxía básica para elaborar un plan de negocio AI3
BI7
Coñecer de forma básica os procesos de xestión nas empresas AI14
BI10
BI10
BM6
BM6
BM6
CM11
AI13
BI8
BM1
BM2
BM3
CM5
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas

Innovación, emprendemento e autoemprego
O coñecemento transferible e a súa protección
Conceptos básicos de emprendemento e autoemprego
Estratexia e vantaxe competitiva

Metodoloxía de emprendemento e plans de negocio
Compoñentes dun modelo de negocio
Estrutura e desenvolvemento dun plan de negocio
Marketing

A xestión dos recursos da empresa

Liderazgo
Xestión dos recursos humanos
Xestión do capital intelectual
As empresas do sector biosanitario e biotecnolóxico Características específicas
Casos de éxito

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A3 B7 B12 0 5 5
Traballos tutelados A13 A3 B7 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 3 18 21
Proba obxectiva B8 B11 B12 B13 C8 C5 2 8 10
Seminario A13 B7 B8 C9 C5 C8 3 0 3
Sesión maxistral A3 B11 B12 B13 C8 C5 12 24 36
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Atenderanse todos as dúbidas expostas no horario de titorías vía Teams

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B8 B11 B12 B13 C8 C5
Consistirá en preguntas tipo test de resposta múltiple, sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais.
30
Traballos tutelados A13 A3 B7 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. 70
 
Observacións avaliación

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 

 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.


Fontes de información
Bibliografía básica César Ullastres (2012). Diez casos de éxito de empresas biotecnológicas en España. Genoma
Tomaso Canonici y Antonio Núñez (2019). El líder ante la innovación . Opinno and Parangon Partners
Alexandre Osterwalder & Yves Pigneur (2012). Generación de modelos de negocio. Deusto
Xavier Vence Deza y David Rodeiro Pazos (2014). Innovación y emprendimiento con base en las ciencias. Universidade de Santiago de Compostela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

 a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 

 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquecias ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías