Competencias do título |
Código

Competencias / Resultados do título

A3 |
Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario |
A13 |
Capacidade para integrarse profesionalmente en servizos do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, produción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación |
B7 |
Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade |
B8 |
Capacidade de razoamento crítico e compromiso ético coa sociedade: sensibilidade fronte aos problemas bioéticos e aos relacionados coa conservación de recursos naturais |
B11 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en entornos novos |
B12 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados na información, que, por ser incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades éticas e sociais vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B13 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, o coñecemento e as últimas razóns que os apoian a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a posibilidade de aplicar os coñecementos adquiridos para a inserción profesional con criterios de innovación |
AI13

CM5 CM8

Coñecer e aplicar a metodoloxía básica para elaborar un plan de negocio |
AI3 AI13

BI7 BI8 BM3 BM4

Coñecer de forma básica os procesos de xestión nas empresas |
AI13

BI7 BI8 BM2 BM3 BM4

CM9

Contidos |
Temas |
Subtemas |
Innovación, emprendemento e autoemprego |
O coñecemento transferible e a súa protección
Conceptos básicos de emprendemento e autoemprego
Estratexia e vantaxe competitiva |
Metodoloxía de emprendemento e plans de negocio |
Compoñentes dun modelo de negocio
Estrutura e desenvolvemento dun plan de negocio
Marketing |
A xestión dos recursos da empresa |
Liderazgo
Xestión dos recursos humanos
Xestión do capital intelectual |
As empresas do sector biosanitario e biotecnolóxico |
Características específicas
Casos de éxito

Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A3 A13 B7 B8 B11 B12 B13 C8 C5 |
0 |
3 |
3 |
Traballos tutelados |
A13 A3 B7 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 |
3 |
18 |
21 |
Proba obxectiva |
B11 B12 B13 |
0 |
10 |
10 |
Seminario |
A13 B8 B11 B12 B13 C8 C5 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A13 B11 B12 B13 C8 C5 |
0 |
36 |
36 |

Atención personalizada |

2 |
0 |
2 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías

Traballos tutelados |

Descrición |
Atenderanse todos as dúbidas expostas no horario de titorías vía Teams |

Avaliación |
Metodoloxías

Competencias / Resultados |
Descrición

Cualificación

Traballos tutelados |
A13 A3 B7 B8 B11 B12 B13 C5 C8 C9 |
Realización e presentación dun plan de negocio onde se vexan reflectidos todos os contidos abarcados no módulo. |
70 |
Proba obxectiva |
B11 B12 B13 |
Consistirá en preguntas tipo test de resposta múltiple, sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais. |
30 |

Observacións avaliación |
1. Condicións de avaliación: Vía Teams/Moodle B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:
1. Cualificación de non presentado: cando o alumnado só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. A avaliación seguirá os mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección. 2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Fontes de información |
Bibliografía básica

César Ullastres (2012). Diez casos de éxito de empresas biotecnológicas en España. Genoma
Tomaso Canonici y Antonio Núñez (2019). El líder ante la innovación . Opinno and Parangon Partners
Alexandre Osterwalder & Yves Pigneur (2012). Generación de modelos de negocio. Deusto
Xavier Vence Deza y David Rodeiro Pazos (2014). Innovación y emprendimiento con base en las ciencias. Universidade de Santiago de Compostela |

Bibliografía complementaria

Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |

Materias que continúan o temario |

Observacións |

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquecias ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.