Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno Código 610441019
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Psicoloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
jose.diaz.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata os aspectos moleculares da interacción da planta cos patóxenos e, en menor medida, das interaccións relacionadas con outros organismos (herbívoros, rizobios e micorrizas)
Plan de continxencia Nas “Instrucións do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades, de
previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/2022” dise na instrución segunda :
“SEGUNDA.- Guías docentes
1.- As guías docentes conterán, de xeito xeral, un escenario de normalidade adaptada, é dicir, unha situación acorde co grao de presencialidade estimado como normal no momento previo á pandemia.
2.- Haberá un único escenario alternativo, previsto para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de gromos ou peches na localidade en que se localice o centro docente. Descártase contemplar un escenario de confinamento no programa das materias
3.- Para asegurar o cumprimento dos criterios de calidade, a guía docente de cada unha das materias incluídas no plano de estudos dunha titulación oficial de grao ou máster universitario deberá incluír un apartado denominado “Plano de continxencia no cal estableceranse as medidas de adaptación ao escenario alternativo previsto, tanto das metodoloxías docentes como dos sistemas de avaliación, así como a posibilidade de realizar actividades alternativas naqueles casos nos que sexa inviable a realización das prácticas previstas por causas derivadas da situación epidemiolóxica.”
Polo tanto, a continuación se indica o plan de continxencia previsto nesta materia:

1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son necesarios para a formación dos estudantes que escollan esta materia.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais, análise de fontes documentais e proba obxectiva, pero si nas datas programadas para a súa realización no calendario da titulación se da a situación alternativa, desenvolveríanse en liña, poñéndose a disposición dos estudantes materiais ad hoc xerados polos profesores.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas. As sesións de laboratorio e campo trocaranse por actividades de prácticas virtuais deseñadas ad hoc polos profesores.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros no Campus Virtual, con atención diaria en datas lectivas no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.

4. Modificacións na avaliación
Seguiranse as indicacións dos órganos de goberno da Universidade da Coruña. Se esas indicacións o contemplan, poderase realizar unha avaliación en liña (Campus Virtual e outras ferramentas institucionais).

*Observacións de avaliación: Seguiranse as indicacións dos órganos de goberno da Universidade da Coruña

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Libros e artigos alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se poida ter acceso dende o inicio dese cuadrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa una subscrición institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade para aplicar as técnicas moleculares ao estudio da célula vexetal e a súa fisioloxía, a súa resposta a estímulos externos e as súas aplicacións biotecnolóxicas
A5 Capacidade de comprender o papel dos microorganismos como axentes patóxenos e como ferramentas biotecnolóxica
A6 Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión génica e variabilidade xenética
A8 Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cunha formulación interdisciplinar e un grao de experimentalidad moi elevado
B3 Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B5 Capacidade para redactar, representar, analizar, interpretar e presentar documentación técnica e datos relevantes no campo da rama de coñecemento do máster na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión internacional
B9 Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
.-Comprensión dos mecanismos moleculares da interacción planta-patóxeno AI4
AI5
.-Conocimiento de los distintos mecanismos de respuesta de la planta frente al patógeno AI4
AI5
AI6
AI8
.-Comprensión y aplicación práctica de aproximaciones experimentales para la investigación en este campo AI4
AI5
BI3
BI5
.-Capacidad para lectura crítica de artículos científicos relacionados con esta materia AI5
AI6
BI3
BI5
BI9

Contidos
Temas Subtemas
Mecanismos moleculares na interacción planta-patóxeno. Recoñecemento da planta polo patóxeno e mecanismos de ataque. Recoñecemento do patóxeno pola planta e mecanismos de defensa. Patróns moleculares asociados a patóxenos
(PAMPs). Estalido oxidativo. Salicilatos, xasmonatos e etileno. Resposta
hipersensible. Resistencia xen a xen. Resistencia de non hóspede. Resistencia inducida
a patóxenos: SAR e ISR. Npr1. Priming. Factores transcripcionais implicados na
resistencia.
Outras interaccións relacionadas coa interacción planta-patóxeno. Recoñecemento de herbívoros, sinalización e mecanismos de defensa.
Interacción rizobio-leguminosa. Micorrizas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A6 A8 12 30 42
Análise de fontes documentais A5 A6 B3 B5 B9 2 10 12
Prácticas de laboratorio A4 A5 B3 B5 7 10.5 17.5
Proba obxectiva A4 A5 A6 A8 2.5 0 2.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais sobre contiidos fundamentais da materia apoiadas por presentacións e/ou videos. A exposición combínase co diálogo reflexivo cos alumnos sobre os temas abordados.
Análise de fontes documentais Lectura e análise dun artigo de investigación primaria relacionado coa asignatura, así como a sua exposición na aula e debate sobre o mesmo.
Prácticas de laboratorio Realización, de xeito individual ou en grupo, de experimentos relacionados coa materia, así como o posterior análise, elaboración e discusión dos resultados obtidos e a presentación dun resumen dos mesmos. Haberá una práctica de campo.
Proba obxectiva Exame escrito sobre os contenidos das sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
Os alumnos poderán acudir, no horario de titorías, a resolver calquera dúbida sobre a materia, especialmente sobre os traballos a realizar.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial con dispensa de docencia oficialmente recoñecida, a asistencia a sesión maxistrais poderá ser substituida a petición do alumno por un traballo escrito

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 A6 A8 Asistencia e participación nestas sesiones. 10
Análise de fontes documentais A5 A6 B3 B5 B9 Se valorará o grado de comprensión do artigo, a súa exposición e a crítica e/ou defensa do mesmo no debate. 40
Prácticas de laboratorio A4 A5 B3 B5 Asistencia e participación no laboratorio, así como o informe escrito. 20
Proba obxectiva A4 A5 A6 A8 Examen sobre as clases maxistrales. 30
 
Observacións avaliación

Os alumnos que superen a materia na primeira oportunidade, terán preferencia á hora de obter unha posible matrícula de honra.

Para os estudantes con dedicación a tempo parcial con dispensa de docencia oficialmente
recoñecida, a asistencia a sesión maxistrais poderá ser substituida a petición
do alumno por un traballo escrito

En caso de fraude, plaxio, etc. aplicarase a normativa vixente na Universidade da Coruña.


Fontes de información
Bibliografía básica

Hammond-Kosack, K.E. & Jones, J.D.G. 2015. Responses to plant pathogens. En: Buchanan, B.B., Gruissem, W. & Jones, R.L (eds.) "Biochemistry and molecular biology of plants" Capítulo 22, pp. 984-1050. Wiley-Blackwell-ASPB.

Lucas, J.A. 2020. Plant pathology and plant pathogens. Wiley Blackwell.

Smith, A.M., Cupland, G., Dolan, L., Harberd, N., Jones, J., Marin, C., Sablowski, R. & Amey, A.. 2009. Plant Biology. Garland Science. Capítulo 8.

Taiz, L., Zeiger, E., Moller, I.M. & Murphy, A. 2014. Plant Physiology and development, Sixth Edition. Sinauer Associates, Inc. Capítulo 23.

Tronsmo, A. M., Collinge, D.B., Djurle, A., Munk, L., Yuen, J. & Tronsmo, A. 2020. Plant Pathology and Plant Diseases. CABI.

Walters, D. R. 2011. Plant defense. Wiley-Blackwell.

Bibliografía complementaria

- Agrios, G. N. 2005. Plant pathology, 5ª Ed. Academic Press.

- Albersheim, P. Darvill, A., Roberts, K., Sederoff, R. & Staehelin, A.. 2010. Plant Cell Walls: from Chemistry to Biology. Garland Science. Capítulo 8.

- Dickinson, M. 2003. Molecular Plant Pathology. Bios Scientific Publishers.

- Dyakov, Y., Dzhavakhiya, V. & Korpela, T. 2007. Comprehensive and molecular phytopathology. Elsevier.

- Nuez, F., Pérez de la Vega, M. & Carrillo, J.M. 2004. Resistencia genética a patógenos vegetales. Univ. Politécnica de Valencia – Univ. de León.

- Pallás, V., Escobar, C., Rodríguez Palenzuela, P. & Marcos, J.F. 2008. Herramientas biotecnológicas en fitopatologia. Ed. Mundi-Prensa.

- Parker, J. 2009. Molecular aspects of plant disease resistance. Blackwell Publishing Ltd.

- Walters, D., Newton, A. & Lyon, G. 2007. Induced resistance for plant defence. A sustainable approach to crop protection. Blackwell Publishing.

otection. Blackwell Publishing.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Biotecnoloxía en plantas/610441020

Materias que continúan o temario
Técnicas Celulares/610441001
Técnicas Moleculares/610441002
Señalización Celular/610441004

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías