Datos Identificativos | 2021/22 | ||||||
Asignatura (*) | Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica | Código | 610509108 | ||||
Titulación |
|
||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | ||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | |||
Idioma |
|
||||||
Modalidade docente | Presencial | ||||||
Prerrequisitos | |||||||
Departamento | Departamento profesorado máster Química |
||||||
Coordinación |
|
Correo electrónico |
|
||||
Profesorado |
|
Correo electrónico |
|
||||
Web | http://https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias/master-universitario-investigacion-quimica-quimica-industrial/20212022/espectro | ||||||
Descrición xeral |
Obxectivos da materia O obxectivo xeral da materia é que os alumnos dominen os aspectos básicos da espectroscopia electrónica e especificamente da fluorescencia, así como da fotoquímica. Incidirase especialmente na utilidade da fluorescencia para coñecer o comportamento molecular en estados electrónicos excitados e nas súas aplicacións nos eidos da Química, Bioloxía e Medicina. Despois de cursar esta materia, o alumno debería: • Entender os aspectos básicos da espectroscopia electrónica e de fluorescencia e as propiedades moleculares en estados electrónicos excitados. • Coñecer as técnicas experimentais para medir fluorescencia. • Poder describir os mecanismos de extinción da fluorescencia e a súa utilidade. • Entender os mecanismos de transferencia de enerxía electrónica e a súa utilización para estudos estruturais. • Saber utilizar os distintos métodos baseados na fluorescencia para obter información estrutural e dinámica sobre o entorno molecular e supramolecular. • Coñecer os tipos de sondas de fluorescencia máis importantes e as súas aplicacións. • Ser capaz de realizar medidas de fluorescencia con seguridade e corrección. |
||||||
Plan de continxencia |
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO: As actividades docentes en remoto realizaríanse, de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e MS Teams. Os seminarios e titorías, así como a comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante MS Teams ou, en casos excepcionais, mediante correo electrónico. No escenario 2 contémplanse dúas modalidades, presencialidade física ao 100%, cando se trate de grupos reducidos, e/ou a organización docente o permita; e combinación de 50% de presencialidade física e 50% telemática. Na modalidade combinada subdividiranse os grupos de expositivas, que terán docencia presencial alterna, é dicir, a metade do alumnado estará na aula e a outra metade seguirá a clase vía MS Teams. A implementación da modalidade combinada estará condicionada a dispoñibilidade de espazos docentes suficientes. |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías |