Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A27 |
Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispoñer dos fundamentos teóricos mínimos que permitan a comprensión dos aspectos da química relacionados cos fenómenos eléctricos e magnéticos e os movementos vibratorio e ondulatorio. |
A1 A3 A12 A14 A25
|
|
C1
|
Saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais e aplicalos ó campo da química |
A14 A15 A27
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7
|
C1 C3 C6
|
Aplicar as técnicas básicas de laboratorio, incluindo os cálculos necesarios e expresando os resultados de manera axeitada. Utilizar o material e aplicar as normas básicas de seguridade para traballar nun laboratorio. |
A19 A20 A22 A23 A24
|
B1 B2 B3 B5 B7
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución ó estudio de campos
|
1.1. Teoría de campos
1.2. Campo gravitatorio |
2. Electricidade |
2.1. Campo e potencial eléctricos. Capacidade
2.2. Corrente eléctrica e circuitos de corrente continua |
3. Magnetismo |
3.1. Campo magnético
3.2. Inducción magnética
3.3. Circuitos de corrente alterna |
4. Oscilacións e ondas |
4.1. Oscilacións
4.2. Movemento ondulatorio
4.3. Ondas electromagnéticas. Luz
|
Prácticas de Laboratorio
|
Determinacións experimentais de diferentes magnitudes físicas a través de prácticas nas que se traballan os contidos teóricos incluidos no temario: Determinación de resistencias con Puente de Wheatstone, campo magnético en Bobinas de Hemholtz, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos, péndulo simple, determinación da constante dun resorte, difracción de luz nun fío
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 A27 B1 B2 B3 C6 |
27 |
54 |
81 |
Solución de problemas |
A27 A15 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 |
9 |
27 |
36 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 |
15 |
15 |
30 |
Proba mixta |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Durante as sesións maxistrais traballaránse os contidos do tema que corresponda utilizando formatos diferentes (exposición de contidos teóricos, resolución de problemas, plantexamento de cuestións e exemplos xerais, test...) facendo fincapé no máis relevante para o/a estudante, e en aqueles aspectos de máis dificultade. O/a alumno/a poderá preguntar todas as cuestión que se lle plantexen durante o deservolvemento da sesión. |
Solución de problemas |
Clase práctica na que se plantexaran e resolverán problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os estudantes baixo a supervisión da profesora, individualmente ou en grupos. Incluiranse nestas clases actividades que impliquen a participación das alumnas e alumnos, como poden ser saídas ó encerado, entrega de traballos ou exercicios...que contribuirán á avaliación continua. Desta maneira o profesor pode observar as dificultades de comprensión que cada alumno presenta na resolución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
O estudante realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Con esta metodoloxía adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física, que inclúe o manexo de instrumentos de medida e o tratamento e análise de datos de propiedades e magnitudes físicas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polas profesoras. |
Proba mixta |
Son as probas para a avaliación dos coñecementos que permite á profesora a valoración do nivel de aprendizaxe do estudante.
Realizaránse probas parciais e proba final. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As horas de atención personalizada poñen á profesora a disposición d@s alumn@s de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis a profesora convocará periódicamente @s alumn@s coa intención de que reciban a necesaria orientación.
Os alumnos e alumnas chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. Estas carencias non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 |
A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. |
15 |
Solución de problemas |
A27 A15 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 |
Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e recolleránse periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. |
20 |
Proba mixta |
A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 |
Realizaráse polo menos unha proba parcial que pode liberar materia para a proba final.
O exame final computa ata o 65 % da nota total.
|
65 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó 5 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así:exame final*0,65+prácticas+solución de problemas. De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa(4,5). A avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas así como das probas parciais, conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño. Os alumnos que por razóns xustificadas ou por estar matriculados a tempo parcial non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega e explicación durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido. As prácticas de laboratorio realizaranse segundo o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en actividades que sumen máis do 25% da cualificación final.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fidalgo & Fernández (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman |
|
Bibliografía complementaria
|
Angel Franco García (2006). Física con ordenador. Curso interactivo de Física en internet. www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/default.htm
Lea & Burke (). Física, la naturaleza de las cosas. Paraninfo
(). Fisicalab. Plataforma de aprendizaje de física y matemáticas. www.fisicalab.com
Burbano de Ercilla, Burbano García & Gracia Muñoz (). Problemas de Física. Mira |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Física 1/610G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|