Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A2 |
Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer de maneira sistemática, a química descritiva dos elementos non metálicos, facendo fincapé non só en aspectos puramente académicos como formas de actuación, estado elemental, propiedades físicas, reactividade, estado natural ou métodos de obtención, senón tamén en aplicacións e temas de actualidade relacionados cos mesmos (problemas ambientais, novas fontes de enerxía, etc.). |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Construír unha "rede de ideas" que permitan racionalizar o comportamento dos diferentes elementos non metálicos en función da súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar a química dos elementos non metálicos sobre a base das teorías e modelos vixentes, afianzando os coñecementos do estudante sobre os principios de estrutura e ligazón, termodinámica e reactividade (acedo-base, oxidación-redución, etc.), etc, establecidos noutras materias. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer as posibilidades de combinación dos elementos non metálicos e o comportamento químico dos seus compostos derivados. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer e aplicar a metodoloxía de traballo científica. |
A20 A22 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese (tales como a decantación, filtración, recristalización, destilación etc.) e desenvolver nel a destreza adecuada para a súa utilización. |
A17 A18 A20 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Desenvolver a capacidade de observación e aprender a levar un rexistro adecuado dos feitos experimentais. |
A20 A21 A23
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar os feitos experimentais á luz dos coñecementos teóricos adquiridos. |
A20 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer a bibliografía para atopar solucións a un problema químico concreto. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1.- O hidróxeno e os seus principais compostos. |
Tema 1.- O hidróxeno.
Tema 2.- Os hidruros. A auga, un hidruro especial.. |
Bloque 2.- Elementos do grupo 17 e os seus principais compostos. |
Tema 3.- Elementos do grupo 17.
Tema 4.- Haluros.
Tema 5.- Haluros de hidróxeno.
Tema 6.- Combinacións osixenadas dos halóxenos. |
Bloque 3. - Elementos do grupo 16 e os seus principais compostos. |
Tema 7.- Elementos do grupo 16.
Tema 8.- Óxidos e sulfuros.
Tema 9.- Hidruros de xofre, selenio e teluro.
Tema 10.- Haluros e oxohaluros de xofre, selenio e teluro.
Tema 11.- Combinacións osixenadas de azufre, selenio e teluro.
|
Bloque 4.- Elementos do grupo 15 e os seus principais compostos. |
Tema 12.- Elementos do grupo 15.
Tema 13.- Hidruros dos elementos do grupo 15.
Tema 14.- Combinacións osixenadas dos elementos do grupo 15.
|
Bloque 5.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Tema 15.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Bloque 6.- Química Inorgánica Experimental. |
Síntesis de elementos e compostos inorgánicos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A23 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A24 A21 A16 A14 A12 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B3 C1 |
23 |
46 |
69 |
Solución de problemas |
A24 A21 A16 A14 A12 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 C1 |
8 |
24 |
32 |
Proba mixta |
A24 A21 A14 A12 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B2 B3 B4 C1 |
4 |
6 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A17 A20 A21 A24 A26 C1 |
18 |
18 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor. Previamente, entregarase ao alumno, a través da plataforma Moodle, un esquema que reflicta os contidos de cada tema.
Baseándose neste e co fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ler na bibliografía recomendada, os capítulos relacionados co tema a tratar antes de acudir á clase. |
Solución de problemas |
As clases de resolución de problemas estarán dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas numéricos que, con suficiente antelación, terán sido publicados na páxina da materia.
Nestas clases os alumnos discutirán ante os seus compañeiros as respostas ás distintas cuestións e establecerase un debate. |
Proba mixta |
Exame que poderá constar dunha serie de cuestións curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de tipo test relacionados co programa da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Traballo de síntese e illamento de substancias inorgánicas baixo a supervisión do profesor. O alumno debe elaborar un caderno de laboratorio, que constará de tres partes:co a descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Debido o tamaño dos grupos previstos para este curso, e por motivos de seguridade para evitar que os alumnos traballen sen supervisión, durante este curso a atención personalizada limitarase á atención en tutorías e seguimento do traballo no laboratorio sempre que as condicions de seguridade e o desenvolvemento do traballo o permita e/ou o aconselle.
Obviamente e a parte destas titorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte adecuado.
O seguimento das actividades propostas para os estudantes en réximen de estudos a tempo parcial se realizará mediante atención personalizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A24 A21 A14 A12 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B2 B3 B4 C1 |
Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. |
90 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A17 A20 A21 A24 A26 C1 |
Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, coecemento das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións: - Cualificación obtida nas Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 1 puntos.
- Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 9 puntos.
- Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados seguirán o mesmo sistema de cualificación, se teñan algún tipo de dificultade deberán facer uso das tutorías para solventalo.
A cualificación final será a suma das anteriores. Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.
Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final).
As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas. No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades
de avaliación por parte de calquera alumno aplicarase o establecido
no artigo 14 das normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacions dos estudos de Grao y Mestrado Universitario, ou a norma que lo sustitúa e implicará directamente a cualificación de
suspenso '0' na materia na oportunidad correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
G.E.Rodger (1995). Químca inorgánica. . Madrid. McGRAW-HILLLL/INTERAMERICANA
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid 2ª Ed. Prentice Hall
G. Rayner-Canham (2000). Química Inorgánica descriptiva. México, 2ª Ed. Pearson Educación |
Para as prácticas: - G. Brauer. "PreparativeInorganic
Chemistry", vols. I y II. AcademicPress, Nueva York (1963 y 1965).
Versión en castellanode la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica
Preparativa", Reverté,Barcelona (1958)
- G.C.
Schlessinger. "InorganicLaboratory Preparations". Chemical Pub. Co.,
Nueva York(1962). Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos
Inorgánicos enel Laboratorio", Continental, México (1962)
- Z.
Szafran, R.M. Pike y M. Singh. "Microscale Inorganic Chemistry: A
ComprehensiveLaboratory Experience". Wiley &; Sons, Nueva York
(1991)
- Szafran, Zvi. “Microscale generalchemistry
laboratory with selected macroscale experiments”: John Wiley andSons,
cop. (1993) New York
Outros libros de prácticas de interese: ·
D.M.Adams, J.B. Raynor . Química inorgánica, práctica avanzada conjunto
de ideas y experiencias comprobadas útiles para su desarrollo en un
curso superior :1966 · R.J. Angelici, .Técnica ysíntesis en química inorgánica : 1979 ·
R.E. Dodd, P.L.Robinson ; [versión española por J. López Meroño y J.
Pérez Conesa] Doddy Robinson, Química inorgánica experimental una guía
de trabajo de laboratorio: Dodd, R.E. 1965 · HeribertGrubitsch ; trad. Mª Teresa Toral. Química inorgánicaexperimental manual de prácticas de química inorgánical 1959 · InorganicSynthesis: 1 a 24 · Jolly"Preparative Inorganic Reactions", 1 a 7 · G.Marr, B.W. Rockett, Practical inorganic chemistry. London : Van Nostrand Reinhold Company, 1972 · Ernesto H. Riesenfeld;traducción del prof. J. Martín Sauras. Tratado dequímica inorgánica. 1947 · Juan de Dios López González, Eloísa OrtegaCantero : López González,Prácticas dequímica inorgánica. 1998 · Carriedo Ule, Gabino A.La químicainorgánica en reacciones : 2008 · Carriedo Ule, Gabino A, Problemas ycuestiones en síntesis y reactividad inorgánica. 2015 · Francisco Javier Arnaiz García.. Experimentos para el laboratorio de química inorgánica verde . 2014 · Ed. Ruren Xu, Wenqin Pang, Qisheng Huo. Modern inorganic synthetic chemistry. 2011 |
Bibliografía complementaria
|
|
Para a parte teórica:
-
D.F. Shriver y P.W. Atkins "Química Inorgánica". 4ª Ed. Mc Graw Hill, México, D.F.(2008).
-
A.G. Sharpe "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1998).
- E. Gutierrez Ríos "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1984).
- S.M. Owen and A.T. Brooker " A Guide to Modern Inorganic Chemistry". Longman, Harlow, Essex (1991).
-
Y.D. Lee "Concise Inorganic Chemistry".5 th Ed. Chapman & Hall, London (1996).
- N.N. Greenwood y A. Earnshaw "The Chemistry of the Elements". 2ª Ed. Butterworth Heinemann, Oxford (1997)
- F.A. Cotton and G. Wilkinson "Advanced Inorganic Chemistry". 6 th Ed. Wiley & Sons, New York (1999). (Traducción de la 4ª Ed. en Castellano, Limusa-Wiley, México).
Para as prácticas:
- D.R. Lide (ed.). "CRC Handbook of Chemistry and Physics". 81 Ed. CRC Press, Boca Ratón (2000-1)
-
J.C. Bailar Jr., H.J. Emeléus, R. Nyholm y A.F. Trotman-Dickerson (eds.). "Comprehensive Inorganic Chemistry", vols. I-V. Pergamon Press, Oxford(1973)
- A.F. Wells. "Models in Structural Inorganic Chemistry". Oxford Univ. Press, Londres (1970)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Observacións |
O alumno debe ter asentados os coñecementos básicos sobre: estrutura atómica, propiedades periódicas e teorías de enlace, termodinámica química, equilibrio químico e técnicas básicas de traballo no laboratorio, impartidos, todos eles nas materias de Química Xeral de primeiro curso. |
|