Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A6 |
Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais. |
A10 |
Avaliar actividades metabólicas. |
A11 |
Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías. |
A19 |
Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos. |
A20 |
Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades. |
A22 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. |
A23 |
Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais. |
A24 |
Xestionar, conservar e restaurar poboacións e ecosistemas. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A27 |
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
B13 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Adquirir coñecementos básicos que permitan comprender o funcionamento dos animais no seu medio, susceptíbeis de aplicación en estudos do medio natural, biodiversidade e manexo de organismos en condicións experimentais. |
A1 A2 A4 A10 A11 A19 A20 A22 A24 A29 A30 A31
|
B1 B2 B3 B5
|
|
- Habilidades de aplicación en estudos ambientais. |
A2 A4 A6 A11 A19 A20 A22 A23 A24
|
B2 B3 B4 B5
|
|
- Capacidade de definir conceptos, síntese e relación dos mesmos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, manexos virtuais, etc.), redactar, coordinar e executar proxectos. |
A19 A22 A26 A27 A29
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MEDIO MARIÑO. Temas 1-7 |
Tema 1.- O medio mariño. Factores que inciden na distribución da fauna. Divisións bióticas do medio mariño.
Tema 2.- O piélago: plancto e necto. O plancto: xeneralidades; distribución espacial, temporal, vertical e migracións nictimerais (significación). O necto: concepto e composición.
Tema 3.- Adaptacións do plancto e necto á vida peláxica. Plancto: suspensión, flotación e natación. Necto: flotación, locomoción.
Tema 4.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo: axustes circulatorios, cambios metabólicos, depósito de O2 e compensación da presión hidrostática.
Tema 5.- Fondos brandos do litoral: características do sedimentos e influencia da actividade animal na estrutura do sedimento. Adaptacións e clasificación da fauna: hábitat, mobilidade, tamaño e alimentación. Escavadores e intersticiais. Mecanismos de alimentación e soterramento.
Tema 6.-. Vida sobre superficies duras do litoral. Características do medio. Organismos e adaptacións tróficas, á altas temperatura e exposición ao aire, ante ondas e correntes, para o mantemento das poboacións.
Tema 7.- Da plataforma continental ás augas profundas. Estabilidade ambiental nas augas profundas. O ambiente físico: características xerais. Tipo de organismos. Adaptacións morfolóxicas e funcionais á escaseza de alimento, ausencia de luz , presión. Bentos profundo.
|
MEDIO TERRESTRE. Temas 8-14 |
Tema 8. Introdución xeral aos medios terrestres. Características dos medios terrestres, en relación aos acuáticos, como hábitat para os animais. Principais condicionantes do medio terrestre para a vida animal.
Tema 9. Orixe acuático da vida. Orixe e evolución dos animais terrestres: primeiros animais terrestres. Rutas principais para a colonización da terra. Evolución dos animais terrestres. Categorías de animais terrestres: concepto e características máis importantes da fauna intersticial, criptozoica, higrófila e xerófila.
Tema 10. Factores que afectan á vida animal no medio terrestre. Principais factores que afectan á vida animal no medio terrestre: factores topográficos, edáficos, climáticos, bióticos e impacto humano: influencia do home sobre os medios e os animais terrestres.
Tema 11. Adaptacións morfolóxicas á vida terrestre. Adaptacións locomotoras e mecánicas dos animais á vida terrestre. Tamano, forma e arquitectura corporal dos animais no medio terrestre.
Tema 12. Adaptacións fisiolóxicas á vida terrestre. Principais adaptacións fisiolóxicas dos animais para á vida terrestre. Respiración, peles e cutículas, aforro de auga na excreción.
Tema 13. Adaptacións reprodutoras ao medio terrestre. Condicionantes do medio terrestre para a reprodución dos animais. Adaptacións reprodutoras para a protección dos gametos. Regreso á auga para a reprodución. Uso se pingas de esperma e espermatóforos. Inseminación interna. Adaptacións reprodutoras para a protección das crías. Ovos cleidoicos. Oviparismo e viviparismo. Coidados parentais postnatais.
Tema 14. Adaptacións dos animais aos diferentes medios terrestres. Modelos de adaptación: poboacións insulares. Adaptacións aos medios herbáceos abertos. Adaptacións á estacionalidade. Adaptacións ao frío en medios árticos, antárticos e de alta montaña. Adaptacións á seca e á calor en medios áridos. Outras adaptacións a medios terrestres.
|
AUGAS DOCES. Temas 15-21 |
Tema 15.- As augas doces. Tipoloxía das augas epicontinentais. Medios lóticos e lénticos: características xerais. As augas subterráneas e outros ambientes especiais.
Tema 16.-Factores que inciden na distribución da fauna: características químicas das augas continentais. Morfoloxía e dinámica fluvial. Os ecosistemas fluviais galegos. Tipos de comunidades de organismos nos medios acuáticos.
Tema 17.- O bentos (I) Os macroinvertebrados do bentos. Adaptacións reprodutivas e do ciclo de vida. As adaptacións alimentarias.
Tema 18.- O bentos (II). A regulación osmótica. A importancia da temperatura e o problema da conxelación. As adaptacións respiratorias. Adaptacións á vida nas augas correntes.
Tema 19.- A deriva. Composición da deriva. Variacións temporais e espaciais. Efectos da deriva. Mecanismos compensadores da deriva.
Tema 20.- O neuston. Características especiais da superficie da auga. Principais grupos do neuston. Adaptacións xerais.
Tema 21.- O necton. Composición. Modos de vida. Estratexias alimentarias. Adaptacións fisiolóxicas e comportamentais relacionadas coa migración e reprodución.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A6 A19 A20 A22 A29 B1 B3 B6 B8 |
28 |
84 |
112 |
Proba obxectiva |
A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
3.03 |
0 |
3.03 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 |
15 |
1.35 |
16.35 |
Seminario |
A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
8 |
7.68 |
15.68 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Leccións maxistrais presenciais, duns 50 minutos de duración, sobre aspectos teóricos do programa. O material gráfico (presentacións en PowerPoint ou outro tipo de imaxes) estará a disposición dos alumnos na UCV. Nestas sesións, cun contido que supón unha elaboración orixinal, trátase de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A docencia nas sesións maxistrais terá lugar seguindo o modelo híbrido establecido pola Facultade de Ciencias. |
Proba obxectiva |
Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba combina distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico.
Alternativamente, os/as estudantes terán a posibilidade de realizar probas obxectivas parciais ao longo do curso (unha proba por cada bloque teórico, 3 probas en total) que lles permitirán superar a materia mediante unha avaliación continua. |
Prácticas de laboratorio |
CARÁCTER OBRIGATORIO. Desenvolvemento das mesmas en 3 sesións, que requiren do manexo de organismos mariños, de augas doces e terrestres, entroncando os datos obtidos con aspectos biolóxicos e do medio natural correspondente.
AO REMATE de cada sesión de prácticas de laboratorio, farán ENTREGA dun RESUME DE DATOS obtidos no seu desenvolvemento e CONCLUSIÓNS das mesmas (nunha folla por posto de traballo, común para os alumnos do mesmo). |
Seminario |
A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben complementarios e de interese en relación coa materia.
Nestes seminarios levaranse a cabo debates conxuntamente, téndose en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Poderán traducirse en discusión e exames curtos no seminario, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. O ALUMNO AUSENTE nun seminario terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa sesión. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A atención personalizada non está restrinxida ao tratado nas sesións de seminario. Trátase de titorías, sempre que o alumno o requira, nas que se poderán consultar dúbidas e/ou debater sobre do tratado no programa teórico da materia e abordado nas sesións maxistrais, así como nos seminarios, ou ben nas sesións de prácticas de laboratorio.
No caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, cabe contemplar que este contará coas titorías tradicionais como as de tódolos alumnos, e de xeito particular aquelas enfocadas a complementar a súa posíbel non participación nas actividades de seminario que tiveran lugar ao longo do curso académico.
Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información complementaria sobre das prácticas desenvoltas de xeito xeral polo alumnado, facilitando así a avaliación deste sector de alumnado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A6 A19 A20 A22 A23 A26 A27 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
Debates en forma de discusión + exames curtos desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, e que serán considerados como PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación de cada alumno no debate, e da cualificación obtida no exame curto desenvolto na fase final da sesión do seminario.
O ALUMNO AUSENTE nestes debates/exames curtos terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. |
25 |
Proba obxectiva |
A6 A10 A19 A22 A23 A24 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
Haberá un exame final escrito da materia ao remate do cuadrimestre.
Trátase dunha proba con distintos tipos de preguntas sobre os principais aspectos/contidos do programa teórico impartidos nas sesións maxistrais. A nota obtida supoñerá o 60% da cualificación final (máximo 6 puntos sobre 10). Non obstante, é preciso obter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 (2,7 sobre 6) nesta proba para superar a materia.
Alternativamente os/as estudantes terán a opción de facer 3 probas obxectivas parciais ao longo do curso. Ao igual que no caso da avaliación por medio dunha única proba, é preciso que os/as alumnos/as acaden un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 en cada unha das probas parciais co gallo de superar a materia.
Aqueles alumnos/as que opten pola avaliación continua precisarán acadar un mínimo de 4,5 puntos en todas e cada unha das probas parciais. Os/as alumnos/as que non acaden dita puntuación nalgunha das probas quedarán automaticamente excluídos/as deste sistema de avaliación e deberán presentarse á proba obxectiva final de toda a materia.
|
60 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A4 A6 A11 A19 A20 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B5 B6 B13 |
Destacar o seu CARÁCTER OBRIGATORIO. Serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas e aos datos aportados por cada grupo de alumnos/posto de prácticas en cada sesión de laboratorio, dado que ao remate da sesión deberán facer ENTREGA dun RESUME DE DATOS e CONCLUSIÓNS obtidos no desenvolvemento das mesmas.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos. |
15 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programateórico, as actividades prácticas de laboratorio e os debates desenvoltos nassesións de seminario. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión ecapacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. -Na primeira oportunidade deavaliación terán carácter de NON PRESENTADO aqueles estudantes que nonconcorran á proba obxectiva, tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaran ou non nos debates desenvoltosnos seminarios. -Terán carácter de SUSPENSOaqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, nonacadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación,tendo ou non realizado previamente as prácticas de laboratorio, e/ou participaranou non nos debates desenvoltos nos seminarios. -Os/as estudantes que concorrendo aunha segunda oportunidade de avaliación non tiveran realizado as prácticas de laboratorio, terán que facer fronte a un examecomplementarios con preguntas relativas ás mesmas como parte da probaobxectiva, debendo obter nestas preguntas unha cualificación mínima de5.0 Terán carácter de NON PRESENTADOaqueles estudantes que non concorran á proba obxectiva, tendo ou nonrealizado previamente as prácticas de laboratorio e participaran ou non nosdebates desenvoltos nos seminarios. Serán cualificados con SUSPENSO aqueles estudantes que téndose presentado á proba obxectiva, non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado Avaliación (4,5 sobre 10). No caso de que existise “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, e que puidesen non ter realizado as prácticas de laboratorio, estes/as estudantes deberán realizar de forma específica un exame de prácticas. Para isto será imprescindible a información que puidesen obter en titorías específicas, que incluirá documentación elaborada polo alumnado como parte das sesións de prácticas previamente realizadas.A superación da proba obxectiva da materia, que representa o 60% da cualificación final, deberá ser complementada coa obtención de, polo menos, unha cualificación de 5.0 no exame de prácticas mencionado. Estes alumnos, tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, deberán realizar o exame de prácticas citado. Os/as estudantes que non acaden a cualificación mínima sinalada na proba obxectiva, figurarán na acta cunha nota máxima de 4,5. Os/as estudantes que soliciten presentarse á convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo sinalado na guía docente do curso académico anterior. As consecuencias da realización fraudulenta das probas ou actividades, están recollidas no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e Reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario , e ó Estatuto do Estudantado da UDC . A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na oportunidade correspondente.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
MEDIO MARIÑO
-Castro, P. & M.E. Huber,
2007. Biología Marina (6ª ed.). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana,
486pp.
-Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson, 2006. Fisiología
Animal. Ed. Panamericana.
-Morrissey, J. & J.L. Sumich
2009. Introduction to the Biology of Marine Life (9th ed.). Sudbury: Jones
& Bartlett Publishers, 454pp.
-Nybakken, J.W. & M.D.
Bertness, 2005. Marine Biology. An Ecological Approach (6th ed). New
York: Pearson- Benjamin Cummings Publishers, 579pp.
-Levinton,
J.S., 2013. Marine Biology. Function, Biodiversity, Ecology (International 4ª ed.). New York:
Oxford University Press, 516pp.+glosario e índice.
-Randall, D., W. Burggren & K. French,
2002. Eckert Animal
Physiology. Mechanisms and Adaptations. (5ª ed.). W.H. Freeman and Company.
-Little, C., 2009. The Biology of Soft Shores and Estuaries. New
York: Oxford University Press. 219pp.+glosario e índice.
-Little, C; Williams ,G.A., Trowbridge, C.D. 2010. (2ª ed.)The Biology of Rocky Shores. New
York: Oxford University Press. 316pp.+glosario e índice.
AUGAS DOCES
-González, M.A. & F. Cobo, 2006. Macroinvertebrados
de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones.
-Margalef,
R., 1983. Limnología. Omega.
-Petts, G. & P. Calow (eds.), 1996. River biota. Diversity
and dynamics. Blackwell Science.
-Tachet, H., P. Ricoux, M. Bournaud & P.
Usseglio-Polatera, 2002. Invertébrés d’eau douce. Systématique, biologie,
écologie. CNRS Editions.
MEDIO TERRESTRE
-Pough, F. H., C.M. Janis. & J.B. Heiser 2009. Vertebrate
Life (8th ed.). London: Prentice Hall.
-Rose, E. 2006. Animal Adaptations for Survival.
New York: The Rosen Publishing Group.
-Wilmer, P., G. Stone & I. Johnston 2009. Environmental
Physiology of Animals (2nd ed.). John Wiley & Sons.
|
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
MEDIO MARIÑO -Berta, A., J.L. Sumich & K.M.
Kovacs 2006. Marine Mammals: Evolutionary
Biology (2nd ed). Burlington: Academic Press, 547pp.
-Eddy, F.B. & R.D. Handy 2012. Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Oxford: Oxford University Press, 253pp. -Herring, P. 2002. The Biology of the Deep Ocean. Oxford:
Oxford University Press, 314pp. -Jamieson, A. 2015. The Hadal Zone. Life in the Deepest Oceans. Cambridge: Cambridge University Press, 372pp. -Little, C., G.A. Williams & C.D. Trowbridge,
2010. The Biology of Rocky Shores (2nd ed.). Oxford University
Press, 356pp. -Ponganis, P.J. 2015. Diving Physiology of Marine Mammals and Seabirds. Cambridge: Cambridge University Press, 333pp. -Williams, T.M. & G.A.J. Worthy
2002. Anatomy and Physiology: the Challenge of Aquatic Living. In, Marine Mammal Biology. An Evolutionary
Approach. Hoelzel, A.R. (ed.) pp.
73-97. Oxford: Blackwell Science, 432pp. AUGAS DOCES -Gibert, J., D.L. Danielopol & J.A. Stanford (eds.)
1994. Groundwater ecology. Academic Press. -Guthrie, M. 1989. Animals of the surface film.
Richmond Publishing. -Lancaster, J. & R.A. Briers 2008. Aquatic insects.
Challenges to populations. CAB International. -Thorp, J.H. & A. Covich (eds.) 2001. Ecology and
classification of North American freshwater invertebrates. Academic Press. MEDIO TERRESTRE -Biewener, A.A. 2003. Animal Locomotion. Oxford
Animal Biology Series. Oxford: Oxford University Press. -Chapin, III, F.S., P.A. Matson & H.A. Mooney 2012. Principles
of Terrestrial Ecosystem Ecology (2nd ed.). Birkhäuser. -Daly, H.V., J.T. Doyen & A. H. Purcell 1998. Introduction
to Insect Biology and Diversity. Oxford University Press USA. -Pechenik, J.A. 2010. Biology of the Invertebrates.
McGraw Hill. -Linzey, D.W. 2011. Vertebrate Biology (2nd ed.).
Johns Hopkins University Press. -Shugart, H. H. 1998. Terrestrial Ecosystems in Changing
Environments. Cambridge University Press. -Vaughan, T.A., J.M. Ryan & N.J. Czaplewski, 2011. Mammalogy.
(5th ed.). Sudbury: Jones and Bartlett Publishers. -Vitt, L.J. & J.P. Caldwell, 2009. Herpetology (3rd. ed.). San Diego, CA: Elsevier. Academic Press. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía II/610G02032 | Fisioloxía Animal I/610G02035 | Fisioloxía Animal II/610G02036 | Ecoloxía I: Individuos e ecosistemas/610G02039 | Ecoloxía II: Poboacions e comunidades/610G02040 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
-As sesións maxistrais son especialmente recomendábeis
con vistas ao seguimento do programa teórico da materia. Particularmente, dado
que non se segue ningún texto concreto, recoméndase o seguimento das sesións
maxistrais como o xeito máis idóneo para abordar a materia. -Igualmente esencial para os alumnos facer uso da Plataforma
Virtual da UCV para o desenvolvemento da materia. -Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de
ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación
de presentacións, etc). -Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de
comprensión de lectura medio. Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da
Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en
formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores. |
|