Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros.
|
A1 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12
|
B2 B7
|
C3
|
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. |
A1 A2 A3 A4 A5 A9
|
|
C3 C5
|
Analizar e interpretar o contido dos estados financeiros. |
A1 A2 A3 A9 A10 A12
|
B2 B3 B4 B5
|
C6 C7
|
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. |
A7 A9
|
B1 B3 B5 B6 B8
|
C3 C6
|
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. |
A7 A11 A13
|
B4 B9
|
C1 C7 C8
|
Ter un comportamento ético nos negocios. |
A1 A2
|
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Primeira parte: Fundamentos básicos da contabilidade |
|
Tema 1: Decisións empresariais e contabilidade financeira
|
1.1. Actividade empresarial e necesidade de información
1.2. Usos e usuarios da información financeira e non financeira
1.3. Normativa para a elaboración da información
|
Tema 2: O balance de situación |
2.1. Propósito do balance de situación
2.2. Compoñentes do balance de situación
2.3. Transaccións e balance de situación |
Tema 3: A conta de resultados e o estado de fluxos de efectivo |
3.1. Propósito da conta de resultados
3.2. Formato da conta de resultados
3.3. Relación entre conta de resultados e balance de situación
3.4. Fluxos de efectivo: cobros e pagos |
Tema 4: O método contable |
4.1. Análise das transaccións. Principio de dualidade
4.2. Rexistro de transaccións. O esquema de cargos e abonos
|
Tema 5: Rexistros contables |
5.1. Anotacións no libro diario
5.2. Traspaso do libro diario ao libro maior
5.3. Balance de comprobación e estados financeiros |
Tema 6: O ciclo contable |
6.1. O exercicio contable
6.2. Rexistro de transaccións
6.3. Axustes previos ao peche de exercicio
6.4. Preparación de estados financeiros
6.5. Peche de contas temporais |
Segunda parte: Análise e interpretación de estados financeiros |
|
Tema 7: O contido dos estados financeiros |
7.1. Estrutura e contido dos estados financeiros básicos.
7.2. Estados financeiros comparativos e gráficos para estudar a evolución ao longo do tempo
7.3. Comparacións entre empresas; utilidade das porcentaxes verticais |
Tema 8: Estudo da rendibilidade |
8.1. Rendibilidade económica
8.2. Rendibilidade financeira
8.3. Débeda e rendibilidade |
Tema 9: Solvencia |
9.1. Endebedamento
9.2. Cobertura de intereses
9.3. Capacidade de xerar fluxos de efectivo |
Tema 10: Liquidez e eficiencia |
10.1. Activos e pasivos correntes
10.2. Estudo das rotacións e dos prazos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A8 |
7 |
14 |
21 |
Discusión dirixida |
A4 A5 A9 A11 A13 B4 B6 B8 B9 C4 C6 |
7 |
12 |
19 |
Obradoiro |
A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 |
11 |
22 |
33 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A9 A10 B2 B3 C3 |
11 |
22 |
33 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 |
3 |
12 |
15 |
Foro virtual |
A13 B3 B4 C3 |
0 |
2 |
2 |
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
1 |
4 |
5 |
Proba obxectiva |
A4 B2 |
2 |
8 |
10 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B5 C7 C5 |
2 |
0 |
2 |
Proba práctica |
A9 A12 B2 B3 C3 |
2 |
4 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro |
Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Presentación oral |
Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos. |
Proba de resposta múltiple |
Durante o curso realizarase unha proba intermedia sobre aspectos teóricos e prácticos sen previo aviso. |
Proba obxectiva |
Exame final, escrito e/ou oral sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |
Proba práctica |
Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula para resolver os exercicios e casos prácticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Presentación oral |
|
Descrición |
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o estudante será guiado polo docente de xeito que poda chegar á solución/s dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesorado da materia guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fóra da aula. Por último, as titorías en grupo estarán destinadas a apoiar o resto da docencia e a realizar un seguimento do traballo levado a cabo polos estudantes fóra da aula. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta múltiple |
A4 B2 |
Durante o curso realizarase unha proba intermedia sen previo aviso. |
10 |
Presentación oral |
A9 A10 A13 B2 B3 B4 |
Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
20 |
Proba práctica |
A9 A12 B2 B3 C3 |
Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos (clase ou titoría grupal), o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente catro desas probas para seren avaliadas. |
40 |
Proba obxectiva |
A4 B2 |
No día e hora fixados polo centro, realizarase un exame final que representa unha avaliación global da materia. |
30 |
|
Observacións avaliación |
A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que: a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. c) Asista con aproveitamento aos eventos académicos de interese para a materia programados pola FEE. d) Participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. A participación activa na aula/foro, xunto coa asistencia con aproveitamento a eventos académicos (avaliarase a través dun pequeno cuestionario), permitirá ao estudante compensar con ata un punto a cualificación total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (cinco puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua (probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase e en eventos académicos. Isto é, dos seis elementos a ter en conta (unha proba intermedia, catro probas prácticas e participación), elixiranse os cinco que presenten as maiores cualificacións. Proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Os estudantes en réxime de dedicación parcial que non podan asistir a clase, os que por mor da COVID non podan participar en algunhas actividades de avaliación continua e aqueles que na segunda oportunidade non desexen conservar a nota de avaliación continua acadada na primeira oportunidade, poderán realizar unha proba substitutiva das actividades de avaliación continua. Esta proba será total ou parcialmente oral, versará sobre calquera aspecto teórico ou práctico traballado ao longo do curso e representará o 70% da cualificación final. NORMATIVA DE AVALIACIÓN a) Condicións de realización de exames. No caso de que o exame se realice en papel, está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. b) Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
c) Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado que só teña participado en actividades de avaliación que supoñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada.
OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
a) Primeira oportunidade: 70% avaliación continua (segundo o descrito no apartado 7 desta guía) e 30% exame final.
b) Segunda oportunidade: 70% avaliación continua e 30% exame final. No que respecta á avaliación continua, o estudante poderá elixir entre manter a nota acadada durante o cuadrimestre ou realizar a proba substitutiva das actividades de avaliación continua descrita anteriormente.
c) Oportunidade adiantada: Realizarase unha única proba, total ou parcialmente oral, destinada a avaliar todos os contidos e competencias da materia. A nota desta proba representará o 100% da cualificación.
Exames e probas en Moodle No caso de que se realicen probas ou exames finais en Moodle, levarase a cabo unha “auditoría” a través dunha proba oral destinada a recoller evidencia de que o estudante realizou o exame sen axuda. De non obter esta evidencia, a cualificación será cero.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Corona Romero, E., Bejarano Vázquez, V. y González García, J. R. (2014). Análisis de Estados Financieros Individuales y Consolidados. UNED
Bonsón, E., Cortijo, V. y Flores, F. (2009). Análisis de Estados Financieros: Fundamentos Teóricos y Prácticos. Pearson Education
Muñoz Jiménez, J. (2008). Contabilidad Financiera. Pearson Education
Sutton, T. (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Reverte Maya, C. (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Phillips, F., Libby, R., and Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Larrán Jorge, M. (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Muñoz Merchante, A. (2014). Introducción a la Contabilidad Financiera. Ediciones Académicas
Arquero Montaño, J. L., Jiménez Cardoso, S.M. y Ruiz Albert, I. (2015). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pirmámide
Rivero Menéndez, M. J. y Camacho Miñano, M. M. (2010). Introducción a la Contabilidad Financiera. Pearson Education |
|
Bibliografía complementaria
|
Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Análise das Operacións Financeiras/611G01004 | Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G01008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Sustentabilidade 1. Todo o intercambio de documentos e traballos entre
profesorado e alumnado realizarase en formato dixital, preferentemente Moodle. 2. Promoveranse os principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Perspectiva de xénero 3. Incorpórase a perspectiva de xénero a través do uso de linguaxe non
sexista, o emprego de exemplos e casos prácticos onde mulleres e homes se
presenten como semellantes na súa relevancia profesional, o uso de bibliografía
de autores de ambos os sexos, promovendo a intervención en clase de alumnas e
alumnos, ... 4. Traballarase para modificar prexuízos e actitudes sexistas e para
fomentar valores de respecto e igualdade. 5.- No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero,
proporanse accións e medidas para corrixilas. Atención á diversidade
6. Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades para un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.
|
|
|