Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e de Estatística Descritiva |
A4 A6 A7 A8 A10
|
B6 B10
|
C1 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e de Estatística Descritiva |
A4 A10 A11 A12
|
B1 B2
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades |
A4
|
B3 B4
|
C1 C4 C5 C6 C7 C8
|
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades |
A4
|
B5 B7
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1: DISTRIBUCIÓNS DE FRECUENCIAS UNIDIMENSIONAIS
|
1.1. A Estatística: concepto e contidos
1.2. A análise estatística
1.3. Distribución de frecuencias: concepto, representacións gráficas
1.4. Momentos en distribucións unidimensionais
1.5. Medidas de posición
1.6. Medidas de dispersión
1.7. Medidas de forma
1.8. Valores anómalos: detección e efectos
|
TEMA 2: DISTRIBUCIÓNS DE FRECUENCIAS BIDIMENSIONAIS |
2.1. Distribucións de frecuencias bidimensionais
2.2. Momentos en distribucións bidimensionais
2.3. Regresión e correlación
|
TEMA 3: SERIES TEMPORAIS |
3.1. Serie temporal: concepto e representación gráfica
3.2. Descomposición dunha serie temporal: compoñentes e esquema
3.3. Análise da tendencia
3.4. Análise da estacionalidade. Serie desestacionalizada
3.5. Análise das taxas de crecemento nas series de tempo
|
TEMA 4: NÚMEROS ÍNDICES |
4.1. Introdución
4.2. Índices complexos
4.3. Aplicacións dos índices
4.4. Principais índices da economía española
|
TEMA 5: INTRODUCIÓN AO CÁLCULO DE PROBABILIDADES |
5.1. Fenómenos deterministas e fenómenos aleatorios
5.2. Probabilidade: definición e concepcións
5.3. Probabilidade Condicionada. Independencia de sucesos
5.4. Teoremas da Probabilidade
|
TEMA 6: VARIABLE ALEATORIA UNIDIMENSIONAL |
6.1. Variable aleatoria unidimensional
6.2. Variables aleatorias discretas: funcións de contía e de distribución
6.3. Variables aleatorias continuas: funcións de densidade e de distribución
6.4. Características das variables aleatorias unidimensionais
|
TEMA 7: PRINCIPAIS DISTRIBUCIÓNS DUNHA VARIABLE ALEATORIA |
7.1. Distribución de Bernoulli
7.2. Distribución Binomial
7.3. Distribución de Poisson
7.4. Distribución Uniforme
7.5. Distribución Normal
7.6. Distribucións derivadas dá normal
|
TEMA 8: CONVERXENCIA E TEOREMA CENTRAL DO LÍMITE |
8.1. Converxencia en probabilidade
8.2. Converxencia en distribución
8.3. Teorema Central do Límite
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B5 C6 C7 C8 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A4 A7 A11 B1 B4 B7 C1 C5 |
17 |
34 |
51 |
Obradoiro |
A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 |
17 |
42.5 |
59.5 |
Prácticas a través de TIC |
A8 A10 A11 C4 C8 |
8 |
16 |
24 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
6.5 |
0 |
6.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia e a exposición das actividades que deben desenvolver os alumnos e dos criterios cos que serán avaliados. |
Sesión maxistral |
Cada sesión maxistral consiste na exposición oral, por parte dos profesores, de conceptos e métodos, y na que se fomentará a participación activa dos alumnos. A exposición se complementa coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten mostrar a operatividade e posibilidades dos métodos expostos. |
Obradoiro |
Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. Planifícanse virtuais. Poden ser individuais ou en grupo. |
Proba obxectiva |
É unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Prácticas a través de TIC |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. As titorías (horas oficiais) realizanse de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por motivo do Covid19.
As titorías de grupo reducido (TGR) tamén se desenvolverán de forma virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 |
Neste apartado os alumnos deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso.
Unha porcentaxe corresponde a prácticas a través de TIC. |
30 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico.
Realizaranse 2 probas correspondentes cos 2 bloques principais da materia: Estatística Descritiva e Cálculo de Probabilidades. |
70 |
|
Observacións avaliación |
As probas obxectivas (parciais) considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un mínimo do 30% da nota en cada unha delas, é dicir, unha cualificación de 3 puntos, para computar coas outras actividades que se avalíen. Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 3 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial, o cal tamén require unha nota mínima. O segundo parcial realizarase, para todo o alumnado, o día do exame da primeira oportunidade (maio/xuño). Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas dúas probas obxectivas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña 5 puntos ou máis no cómputo global da mesma, alcanzando a nota mínima nos parciais. Acudirase á primeira e/ou segunda oportunidade para repetir a proba que non alcance a nota mínima. Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba obxectiva (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de maio/xuño (primeira oportunidade) ou de xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia noutro curso académico. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaran a actividades de avaliación que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final. SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA. A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto. ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL. O sistema de avaliación será aplicado a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación e nas mesmas datas de realización das probas que aos alumnos a tempo completo. SOBRE CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Levine, D. M., Krehbiel, T. C. and Berenson, M. L. (2010 (5th ed.)). Business Statistics: A first course. Upper Saddle River, Pearson Education
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de Estadística Descriptiva y probabilidad. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. y Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Esteban García, J. y otros (2004). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. y Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. y Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de Probabilidad. Madrid, Thomson
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2012). Statistics for business and economics, 8/E. Pearson: Boston
Levine, D. M. et al. (2011). Statistics for managers using MS Excel, 6/E. Prentice Hall |
Os tres últimos libros servirán como referencia bibliográfica para o grupo de inglés (grupo A) desta materia. |
Bibliografía complementaria
|
Uña Juárez, I., San Martín Moreno, J. y Tomeo Perucha, V. (2010). Cálculo de Probabilidades. Madrid, Garceta
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. y Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de Probabilidad con aplicaciones económicas. Universidad da Coruña
Tomeo Perucha, V. y Uña Juárez, I. (2009). Estadística Descriptiva. Madrid, Garceta
Benítez Márquez, M.D. y otros (2012). Estadística Descriptiva. Madrid, McGraw-Hill
Cao Abad, R. y otros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Madrid, Pirámide
Sánz, J. A., Bedate, A., Rivas, A. y González, J. (1996). Problemas de Estadística Descriptiva Empresarial. Madrid, Ariel |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Observacións |
O grupo A de esta materia impartirase integramente en inglés. |
|