Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades. |
A2 |
Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada. |
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A5 |
Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A7 |
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais |
B7 |
CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización |
B8 |
CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. |
B9 |
CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar e coñecer a organización do Sector Público e os fundamentos da súa intervención na economía. |
A4 A6 A7 A8 A11
|
B1 B3
|
C8
|
Coñecer o funcionamento xeral das finanzas públicas e as súas implicacións sobre as magnitudes macroeconómicas.
|
A7 A8 A9 A11
|
B2 B5 B6
|
|
Coñecer os principais elementos do sistema fiscal español e as súas figuras tributarias. |
A1 A2 A3 A8
|
|
|
Coñecer o significado dos distintos elementos dos impostos e as súas implicacións. |
A8 A9 A10 A11
|
B7 B9
|
|
Habilidades de xestión da información relacionada coa materia: obtención e análise crítica de diferentes fontes |
A5 A6 A8 A9 A11
|
B4
|
C2 C3
|
Habilidade para traballar en equipos interdisciplinarios |
A2 A12
|
B8 B10
|
C1 C4 C5 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1 - INTRODUCIÓN AO SECTOR PÚBLICO E ACTIVIDADE FINANCEIRA |
• Razóns para a intervención do Sector Público na economía
• Sector Público: configuración e delimitación
• Instrumentos de intervención
• O Orzamento Público. Concepto principios e indicadores
|
TEMA 2 - INGRESOS PÚBLICOS E CONCEPTOS TRIBUTARIOS BÁSICOS |
• Concepto e clases de ingresos públicos
• Imposto: concepto, elementos e clasificación
• Estrutura fiscal española por niveis de goberno |
TEMA 3 - TEORÍA DA IMPOSICIÓN: EQUIDADE, INCIDENCIA E EFICIENCIA |
• Incidencia impositiva
• Principios tributarios. Especial referencia á eficiencia e equidade
• Distorsións impositivas e exceso de gravamen
• Principais causas da erosión da recadación no sistema tributario |
TEMA 4 - IMPOSTO SOBRE A RENDA PERSOAL |
• Xustificación dun imposto sobre a renda persoal
• A renda como medida da capacidade de pago do imposto
• Determinación da renda fiscal
• Elección da unidade contribuinte
• A inflación e o imposto sobre a renda
|
TEMA 5. IMPOSTO DE SOCIEDADES |
• Xustificación do imposto
• Estrutura do imposto.
• Integración dos impostos sobre a renda e sociedades. |
TEMA 6. IMPOSICIÓN INDIRECTA. O IVA |
• Ventaxes e inconvintes da imposición indirecta sobre o consumo
• Imposición selectiva
• Impostos sobre o volumen de ventas
• Impostos sobre o valor engadido |
TEMA 7. IMPOSTOS SOBRE A RIQUEZA |
• Xustificación
• Imposición sobre o patrimonio neto
• Impuesto sobre sucesións e doazóns
• Outros impostos sobre a riqueza. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 |
2 |
16 |
18 |
Solución de problemas |
A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
12 |
24 |
36 |
Actividades iniciais |
C7 C8 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
9 |
27 |
36 |
Sesión maxistral |
A2 A3 A6 A7 A8 A10 |
18 |
36 |
54 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
Solución de problemas |
Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores. |
Actividades iniciais |
Sesión dedicada a ofrecer unha visión global da materia que se vai a impartir, enmarcándoa no campo da Facenda Pública. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Destinadas a reforzar determinados aspectos da aprendizaje autónoma do estudante mediane o seguimento e supervisión de distintas actividades programadas (búsqueda de datos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición dos traballos)
Faranse grupos reducidos de alumnos e programaranse titorias para resolver dúbidas e para facilitar a preparación da proba final
Para o alumnado con dispensa académica de exención de aisistencia acordarase, a principios do cuadrimestre, un programa que lle permita realizar os caos prácticos e o traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
Realización de traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos. |
40 |
Solución de problemas |
A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 |
Consistirá nun exame escrito na que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio e casos prácticos |
40 |
|
Observacións avaliación |
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na segunda oportunidade poderán
mellorar a súa cualificación do traballo tutelado ate un máximo de 2 puntos. Na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación
continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións
durante as sesións magistrales) mediante preguntas adicionais á proba
obxectiva final.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as
restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico
de datas compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamiento de información.
5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vigente. Outras observacións de avaliación: Para aprobar a materia, asemade de sumar 5 ou máis puntos (sobre 10) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima;1,6 de 4,0 puntos na proba obxectiva. O
estudantado poderá mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1
punto como máximo, mediante a súa participación en actividades académicas
desenvolvidas polo centro e recomendadas polo profesor
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
ALBI, E., J.M. GONZÁLEZ-PÁRAMO e I. ZUBIRI (2017): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona. COSTA, M., J.M. DURÁN e outros (2005): Teoría básica de los impuestos. Un enfoque económico, 2ª ed, Ed. Thomson Civitas. DOMÍNGUEZ, J.M. e G. CARRASCO (1998): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. Pirámide, Madrid. ROSEN, H.S. (2007): Hacienda Pública, 5ª edición, Ed. McGraw-Hill, Madrid. RUIZ-HUERTA, J. e LOSCOS FERNÁNDEZ, J. (dirs) (2003): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid. STIGLITZ, J.E. e ROSENGANRD, J.K. (2016): Economía del sector público. 4ª Edicción. Antoni Bosch. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1. A entrega dos traballos que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato digital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores de sostenibilidad nos comportamentos persoais e
profesionais.
3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade.
4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|