Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Derecho Natural Código 612001102
Titulación
Licenciado en Dereito
Descriptores Ciclo Periodo Curso Tipo Créditos
1º y 2º Ciclo Anual
Primero Obligatoria 0
Idioma
Castellano
Modalidad docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descripción general Esta materia ten por obxecto introducir ó estudante no mundo do Dereito, tanto no que atinxe a certos contidos xerais coma no referido a habelencias e competencias proprias do xurista. Normalmente non falaremos de “avogado” senon de “xurista”, porque este termo designa ó profesional do Dereito, mentras que aquel só fai mención dunha das posíbeis profesións relacionadas co Dereito, e mesmo non a máis característica, aínda que talvez si a máis coñecida e, dende logo, a máis estendida numéricamente.
Os contidos xerais son prioritarios neste curso, mentres que as habelencias ou competencias terán de ser adquiridas pola/o estudante de Dereito ó longo de tódala Licenciatura e, despois, na formación de postgrao e no exercicio profesional.
Dende o ponto de vista dos coñecementos ou contidos, se pretende en primeiro lugar que o estudante adquira unha visión global do Dereito coma prática social, dos elementos que integran a devandita prática, dos seus caracteres más sobranceiros e da súa relación con outras práticas sociais ou ordes normativas. En segundo lugar, se pretende que o estudante adquira un coñecemento detallado dos principais procesos dinámicos que configuran a vida do Dereito e dos conceptos que permiten comprendelos, así como os elementos estruturais da orde xurídica. Finalmente, en terceiro lugar, se pretende introducir ó estudante na discusión sobre a xustiza, a través das dúas principias concepcións ou tradicións do pensamento xurídico.
Noutros termos, polo que atinxe aos contidos, neste curso se tentará responder a 2 cuestións fundamentais: 1) que é o Dereito, e 2) como se estrutura a vida xurídica, que procesos teñen lugar normalmente dentro dela, como se desenvolven eses procesos e que conceptos permiten comprendelos axeitadamente.
Cada unha desas cuestións constitúe o obxecto respectivo das dúas primeiras partes do programa xeral do curso. Ambas son moi importantes para unha/un estudante que comeza os seus estudos de Dereito, pois abordan conceptos e nocións usados ou presupostos en case tódalos sectores do Dereito e da Ciencia xurídica. A resposta a cada unha desas grandes cuestións esixirá estudar e analisar previamente outros moitos asuntos máis concretos e específicos, que irán sendo tratados en cada un dos temas que compoñen o programa.
A primeira das cuestións non é exclusiva dos xuristas. En rigor, se refire a unha realidade (o Dereito) que afecta a toda persoa polo mero feito de vivir en sociedade, y que, por iso, atinxe a todos e pode ser prantexada por calquera persoa. Porén, a resposta que aquí se tentará non será a que lle abondaría ao home da rúa, xa que se trata de profundizar no que vai constituír o ámbito de desenvolvemento profesional das/os estudantes deste curso. Dada a importante distancia entre a visión do home da rúa acerca do Dereito e o seu modo de ser e funcionamento real, será preciso por parte do estudantes deste curso un esforzo para se aproximar a un aspecto da realidade no que estamos mergullados dende o noso nacemento, mais que de cotío non coñecemos ben.
A segunda das cuestións si é específica dos xuristas, e atinxe en menor medida ao home da rúa. Con todo, pode ser abordada a diferentes niveis. Neste curso non se analisará un sector concreto do Dereito español, senon aquelas nocións, estruturas e procesos que xeralmente son compartidos por tódolos sectores do Dereito, mesmo por aqueles sistemas xurídicos que pertencen a outros países e/ou a outras épocas. Esta parte do curso se estrutura en torno a conceptos e nocións xerais, que operan e son aplicadas na meirande parte do sectores da ciencia xurídica.
O terceiro grupo de contidos está artellado ó redor da noción de xustiza, que non é tampouco privativa dos xuristas. O obxectivo destes derradeiros temas é que o estudante se introduza na cuestión da xustiza e a súa relación co Dereito, mediante o coñecemento da súa presenza e o seu significado nas dúas principais concepcións ou tradicións do pensamento xurídico occodental: o iusnaturalismo e o positivismo xurídico.
Quen estuda Dereito non pode razoar nen se expresar axeitadamente se non coñece e emprega con precisión estes conceptos e nocións. Cómpre insistirmos en que estes funcionan na prática totalidade dos sectores do Dereito e que toda/o estudante necesita usalos (ou dalos por supostos) ao estudaren o resto das materias que integran a Licenciatura en Dereito, e todo avogado, xuíz,… debe manexalos ó analisaren e estudaren problemas concretos que se lle prantexan na súa actividade profesional. Polo tanto, un obxectivo importante do curso é introducirmos ao estudante no manexo prático desas nocioóns ou conceptos xerais, e mesmo no modo de razoar dos xuristas, a través da comprensión de textos e da análise de material xurídico, tanto español coma estranxeiro, e tanto legal coma xurisprudencial ou doutrinal.
Cómpre agora referise ás habelencias ou competencias a desenvolver neste curso. O Dereito forma parte da vida social, mais a Ciencia do Dereito non é exatamente unha ciencia social, porque o xurista se enfronta a cuestións e problemas sociais singulares e concretos, non xerais, como sería o caso do politólogo, ol economista ou o sociólogo. Amais, e sobre todo, o instrumento principal do xurista son os textos; o seu contacto coa realidade social está mediado polo manexo de textos escritos de diversa natureza: lexislativos, xurisprudenciales e doutrinales ou científicos. Non sucede só que os feitos que constitúen un caso prático xurídico son estudados á luz dos textos que se veñen de mencionar, senon que eles mesmos teñen de ser relatados dun xeito ordeado (adoutando así a forma de texto ou de narración) para poder seren abordados e resolvidos.
Polo tanto, dende o ponto de vista das habelencias ou competencias, o obxecto do curso se traduce na iniciación e o avanzo das/os estudantes nas seguintes competencias específicas, que terán de ser desenvolvidas ao longo de tódala carreira:
a) Leitura e comprensión de textos xurídicos (doutrinales, legais e xurisprudenciais).
b) Capacidade de análise crítica do Dereito establecido.
c) Capacidade de expresión oral e escrita.
d) Capacidade de argumentación xurídica e familiarización co xeito de razoar proprio dos xuristas.
Amais, é razoábel pensar que o traballo desta materia fortalecerá o desenvolvemento doutras habelencias ou competencias máis xenéricas pero non menos importantes:
a) Capacidade de análise e síntese.
b) Capacidade de resolución de problemas.
c) Habilidade para a xestión de información.
d) Habilidade para traballaren de xeito autónomo e en equipo, e para tomaren decisións organizativas en relación con isto.
Para o desenvolvemento das anteriores competencias, o curso está deseñado para que as/os estudantes traballen tódolos días ou, polo menos, tódalas semanas, con diferente intensidade e adicación segundo os temas. O traballo persoal constante das/os estudantes e, en menor medida, o traballo en equipo, resultan decisivos para superar con éxito o curso.
Finalmente, este curso tamén se propón, aínda que de xeito indirecto, suscitar certas atitudes nas/os estudantes, tanto de tipo intelectual como de índole ética:
a) O sentido da xustiza, en conexión coa idea de que o Dereito existe para o logro de certos fins.
b) O espíritou crítico.
c) O sentido do rigor conceptual e do razoamento.
Plan de contingencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias del título
Código Competencias del título
A1 Conocimiento de las principales instituciones jurídicas.
A2 Conocer la función del Derecho como sistema regulador de las relaciones sociales.
A3 Percepción del carácter sistemático del ordenamiento jurídico.
A5 Conocimiento de los principios y valores constitucionales.
A6 Comprensión de las distintas manifestaciones del derecho en su evolución histórica y en su realidad actual.
A7 Conocimiento de las estructuras jurídico-políticas de ámbito nacional e internacional.
A8 Conocimientos básicos de argumentación.
A9 Capacidad para el manejo de fuentes jurídicas (legales, jurisprudenciales y doctrinales).
A10 Capacidad de interpretar y analizar críticamente el ordenamiento jurídico.
A12 Manejo de la oratoria jurídica. (Capacidad de expresarse apropiadamente en público).
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B4 Trabajar de forma autónoma con iniciativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.

Resultados de aprendizaje
Resultados de aprendizaje Competencias del título
Conocer la función del derecho como sistema regulador de las relaciones sociales. saber A2
Percepción del carácter sistemático del ordenamiento jurídico A3
Conocimiento de los principios y valores constitucionales A1
A5
B3
Comprensión de las distintas manifestaciones del Derecho en su evolución histórica y en su realidad actual A6
Capacidad para el manejo de las fuentes jurídicas A9
B3
Capacidad de interpretar y analizar críticamente el ordenamiento jurídico A1
A3
A10
B3
Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo B3
Trabajar de forma autónoma con iniciativa B4
C4
C6
Comprensión y utilización de las nociones y conceptos básicos del Derecho que son empleados, pero no estudiados, en las diferentes áreas de la ciencia del derecho A1
A5
A10
B3
C1
Conocimiento de la estructura básica de los sistemas jurídicos contemporáneos A1
A3
A7
Utilización rigurosa de los conceptos en el razonamiento jurídico A1
A2
A5
A8
A12
B2
B3
Conocimiento y comprensión de la relación entre los rasgos estructurales y los fines axiológicos del derecho A1
A2
A3
A5
C4
C6

Contenidos
Tema Subtema
PRIMEIRA PARTE. APROXIMACIÓN A LA HISTORIA DEL PENSAMIENTO JURÍDICO

1. El iusnaturalismo cosmológico en el pensamiento presocrático.
1. Origen del concepto de ley en la filosofía griega. 2. La doctrina pitagórica de la justicia. 3. La teoría del logos de Heráclito. 4. Iusnaturalismo cosmológico
2. Los sofistas y Sócrates 1. La democracia ateniense. 2. Caracterización general de la sofística. 3. Breve referencia a Protágoras, Gorgias, Trasímaco, Hipias y Antifonte. 4. Significación de los sofistas. 5. Sócrates: biografía; la revolución socrática; la doctrina de la virtud; su actitud hacia el derecho.
3. La teoría de la justicia de Platón 1. La teoría de las ideas. 2. La concepción del hombre. 3. Ética y política
4. Lo justo natural en Aristóteles 1. La concepción teleológica de la realidad. 2. Breve referencia general a la ética y la política. 3 La teoría de la justicia. 4. La filosofía del Estado y la teoría de las formas de gobierno
5. El pensamiento helenístico y la ley natural 1. El epicureísmo. 2. El escepticismo. 3. El estoicismo
6. El concepto de ley natural en el cristianismo primitivo. San Agustín 1. El cristianismo en sus orígenes. 2. La ley natural en la patrística preagustiniana. 3. La ley natural en san Agustín. 4. El Estado
7. El concepto de ley natural en santo Tomás 1. La ley eterna y el orden del universo. 2. La ley natural: concepto, contenido y propiedades
8. El voluntarismo teológico, antropológico y ético en Scoto y Ockham 1. El concepto voluntarista de la ley natural. 2. Consecuencias para el derecho positivo
9. La ley natural y el derecho de gentes en la Escolástica española 1. Introducción histórica. 2. El concepto de la ley natural con especial referencia a F. Suárez. 3. El Derecho de gentes con espcial referencia a F. Suárez y F. de Vitoria
10. El Derecho y el Estado en Hobbes 1. El estado de naturaleza y el Derecho natural. 2. La ley natural y la organización del poder político
11. Estado de naturaleza y estado civil en Locke 1. El estado de naturaleza, la ley natural, la propiedad privada. 2. El pacto social y la organización del poder político
12. El pensamiento jurídico-político de Montesquieu 1. Caracterización general. 2. El espíritu de las leyes. 3. La libertad y la división de poderes
13. La filosofía moral, jurídica y política de David Hume 1. El conocimiento humano. 2. La moral. 3. La teoría utilitarista de la justicia. 4. El fundamento del poder político
14. El contrato social en Rousseau 1. El estado de naturaleza en el "Discurso sobre la desigualdad entre los hombres". 22. El contrato social
15. La ética del liberalismo económico en Adam Smith 1. Economía y ética. 2. El conocimiento moral. 3. La justicia
SEGUNDA PARTE.
O DEREITO COMO PRÁTICA SOCIAL. CARA UN CONCEPTO DE DEREITO


16. Os sentidos do Dereito na cultura occidental contemporánea
1. Unha observación de Pound. 2. Dereito como orde. 3. Dereito como conxunto de materiais normativos. 4. Dereito como proceso ou actividade. 5. A idea de orde xurídica como horizonte teleolóxico dos outros sentidos de “Dereito”.
17. O Dereito como orde. Dereito, sociedade e Estado. 1. A socialidade humana. Idea de relación social. Idea de orde social. Cooperación e conflito. 2. A orde social non é unha orde espontánea. 3. Funcións do Dereito en relación coa orde social. 4. Dereito, comunidade política e poder. 4.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 4.2. O Dereito como factor de organización e lexitimación do Estado.
18. O Dereito como conxunto de directrices para a resolución de conflitos. 1. Os preceptos do Dereito. 1.1. As regras. 1.2. Os principios. 1.3. Os conceptos xurídicos. 1.4. Os estándares xurídicos. 2. A técnica xurídica. 3. O elemento ideal: os valores. 3.1. Os valores xurídicos. Valores e fins. 3.2. A proxección dos valores sobre os preceptos. 3.3. A proxección dos valores sobre a técnica.
19. O elemento ideal ou valorativo 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, cualidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade.
20. O Dereito como actividade ou proceso 1. O carácter dinámico das relacións sociais. 2. O carácter dinámico da actividade destinada a configurar, preservar e restablecer a orde xurídica. 2.1. A lexislación. 2.2. O tráfico xurídico. 2.3. A adxudicación. A idea de proceso. 3. Relación entre o Dereito como conxunto de directrices e o Dereito como actividade.
21. Os caracteres do Dereito como prática social 1. Carácter institucional. 2. Normatividade. 3. Coactividade. 4. Outros caracteres
22. Dereito, moral e usos sociais 1. Dereito e moral. 1.1. Parámetros de diferenciación. 1.2. A proxección da moral sobre o Dereito. 1.3. A proxección do Dereito sobre a moral. 2. Dereito e usos. 2.1. Caracterización xeral e función regulativa dos usos. 2.2. Parámetros de diferenciación. 2.3. Interaccións recíprocas. 3. Dereito e relixión.
TERCERA PARTE.
A DINÁMICA DA VIDA XURÍDICA E A ESTRUTURA DO DEREITO


23. A acción humana no interior da orde xurídica
1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. A noción de relevancia xurídica. 1.2. Os actos xurídicos. 1.2.1. Actos libres. 1.2.2. Actos debidos. 2. A violación da orde xurídica. Ilícito, responsabilidade, sanción. 2.1. O acto ilícito. Concepto. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. Concepto e clases. Elementos. 2.3. A sanción. Concepto e clases de sancións. 3. A solución de conflitos e a reparación da orde xurídica. O proceso dende a teoría xurídica. Caracteres e elementos.
24. Unha introducción ó proceso de determinación xudicial do Dereito 1. O Dereito non está dado completamente nas normas. 2. A solución ós problemas non pode obterse mecánicamente. Descripción e crítica do modelo da subsunción. 3. A solución ós problemas xurídicos precisa poñer en correspondencia as normas e os feitos. 4. A interpretación da norma e a reconstrución do caso consiste nunha sucesión de xuízos condicionados por prexuízos. 5. Decisión, interpretación e xustificación.
25. O suxeito de Dereito 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O suxeito de Dereito. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución. 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. A persoa xurídica.
26. A relación xurídica 1. Concepto. 2. Presupostos. Alteridade. Igualdade. 3. Elementos. Suxeitos. Obxecto. Vencello. Fundamento. 4. Relación xurídica e situación xurídica. Situacións xurídicas activas e pasivas.
27. O deber xurídico 1. Aproximación a partires do uso lingüístico. “Ter o deber de” e “verse obrigado a”. 2. Outras concepcions do deber xurídico. As negacions do deber xurídico. 3. Os elementos de diferenciación entre deber xurídico e deber moral. 4. As características do deber xurídico. 4.1. Relacionadas coa xustiza. Posibilidade. Exterioridade. Licitude. Equivalencia entre débito e prestación. Irrenunciabilidade. Esixibilidade. 4.2. Relacionadas coa seguridade xurídica. Posibilidade. Determinación ou determinabilidade. Inexcusabilidade. Existencia de certas garantías. 5. Situacións de deber xurídico: suxección e obriga.
28. O dereito subxectivo 1. Idea xeral. Aproximación dende o uso lingüístico e dende as clasificacións científicas máis estendidas. 2. A evolución histórica da noción de dereito subxectivo, dende a ideoloxía á formulación técnica. 3. Estrutura do dereito subxectivo. Suxeito activo. Suxeito pasivo. Obxecto. Contido. Fundamento. Título. 4. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio. Extensión. Límites. 5. Recapitulación: o dereito subxectivo, construción abstracta. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades.
29. A norma xurídica 1. Aproximación histórica: da lei á norma. 2. A natureza da norma xurídica. 2.1. Unha cuestión preliminar: norma, pensamento e linguaxe. Usos e funcións da linguaxe e das normas. 2.2. A teoría imperativista clásica e os seus defectos. 2.3. As alternativas ó imperativismo. 2.3.1. A teoría das normas de von Wright. 2.3.2. A teoría das normas de Hart e a “escola” anglo-norteamericana: a) as normas como razóns para a acción; b) teoría da norma e teoría do sistema xurídico; c) a natureza das normas de competencia. 2.4. Conclusións sobre a natureza da norma. 3. A estrutura da norma xurídica. 3.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 3.2. Algúns corolarios. 3.2.1. A necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas. 3.2.2. Os tipos de normas xurídicas incompletas. 3.3. As críticas ó modelo tradicional. 3.3.1. A excesiva simplicidade. A análise de von Wright. 3.2.2. O problema da estrutura dos principios. 4. A existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico.
30. O sistema xurídico, I. Caracterización xeral e estrutura da orde xurídica. 1. A visión estática do sistema xurídico: o sistema xurídico como conxunto de disposicións 2. Un enfoque dinámico: dimensión activa e dimensión pasiva do sistema xurídico. 3. A estrutura da orde xurídica. 3.1. Concepto de disposición xurídica e clases de disposicións. Disposicións que non son normas. 3.2. Normas primarias e normas secundarias. 4. A pertenza das normas ó ordeamento: a noción de validez e a súa evolución. 5. Orde xurídica e sistema: a vocación sistemática do Dereito moderno. 5.1. Os caracteres tradicionais da orde xurídica. 5.1.1. Unidade. 5.1.2. Plenitude. 5.1.3. Coherencia. 5.2. Problemas da concepción sistemática do ordeamento. 5.3. A construción sistemática, obra da ciencia xurídica. A orde xurídica como “sistema” aberto.
31. O sistema xurídico, II. A dimensión dinámica e as fontes do Dereito 1. O lado activo do sistema xurídico. O sistema como conxunto de procedementos. 2. As formas de produción das normas xurídicas: uso, pacto e decisión. 3. A noción de “fontes do Dereito”. 4. Clasificacións tradicionais das fontes do Dereito. 5. As fontes formais do Dereito como proxección do ordeamento sobre a aplicación. 5.1. Fontes formais e normas xurídicas: conexións de sentido entre “Dereito” como norma, “fontes formais do Dereito” e “aplicación” do Dereito. 5.2. Fenomenoloxía das fontes formais: lei, xurisprudencia, costume. 5.3. Outras fontes: os principios xerais do Dereito e a doutrina. 6. Ordeación das fontes formais no Dereito español. 6.1. Principio de xerarquía normativa e prelación de fontes. 6.2. Principio de competencia: Dereito estatal e Dereito autonómico. 7. A lei. 7.1. Concepto. Lei e Decreto. 7.2. Clases de leis. 7.3. As leis do Executivo e outras normas dictadas polo Executivo. 7.4. A estrutura formal das leis. 7.5 A vixencia da lei. 7.5.1. No tempo: entrada en vigor, vacatio, principio de irretroactividade, derogación e abrogación. 7.5.2. No espazo: o principio de territorialidade e as súas excepcións. 8. A xurisprudencia. 8.1 Significados da palabra “xurisprudencia” no Dereito. O sentido específico no Dereito español. 8.2. A posición da xurisprudencia na xerarquía normativa. 8.3. As formas de creación da xurisprudencia. 8.4. Órganos xurisdiccionais competentes para crear xurisprudencia. Requisitos e alcance. 9. O costume. 9.1. Conceptos, elementos e clases. 9.2. O limitado papel do costume. 10. Fontes orixinadas en actos de particulares. 11. Algunhas reflexións críticas sobre os límites do institucional no sistema de fontes 11.1. Cambios decisivos no sistema tradicional de fontes orixinados polo proceso de constitucionalización e internacionalización do Dereito. 11.2. A posición da Constitución e dos tratados no sistema de fontes e a superposición de ordeamentos: Dereito estatal, Dereito autonómico, Dereito comunitario europeo, Dereito internacional. 12. As grandes familias dos sistemas xurídicos occidentais. 12.1. O sistema romano-xermánico. 12.2. O Common Law ou sistema anglosajón. Algunhas formas mixtas.

Planificación
Metodologías / pruebas Competéncias Horas presenciales Horas no presenciales / trabajo autónomo Horas totales
Esquema 0 20 20
Resumen 0 20 20
Análisis de fuentes documentales 0 15 15
Lecturas 0 17 17
Prueba de ensayo/desarrollo 2 14 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
(*)Los datos que aparecen en la tabla de planificación són de carácter orientativo, considerando la heterogeneidad de los alumnos

Metodologías
Metodologías Descripción
Esquema Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe.
Resumen Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Análisis de fuentes documentales Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Prueba de ensayo/desarrollo Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.

Atención personalizada
Metodologías
Análisis de fuentes documentales
Lecturas
Descripción
Ao non impartirse docencia, por tratarse dunha materia en extinción, o profesor responsable da materia estará dispoñible para aclarar calquera dúbida acerca da metodoloxía do curso e dos seus contidos.

Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Prueba de ensayo/desarrollo Al tratarse de una asignatura en extinción, no se imparte docencia. El examen supone el 100% de la calificación. 100
 
Observaciones evaluación

Habrá una pregunta por cada parte del programa (ver contenidos). Hay que responder de manera suficiente a todas ellas. Se corresponderán con alguno de los puntos del programa.

Quienes hubieran cursado Derecho Natural con la prof.ª Cambrón, podrán examinarse con su programa.


Fuentes de información
Básica

Se empregarán os materiais elaborados polos profesores. Non se empregará libro de texto. O libro que se recomenda como apoio é: Marcelino Rodríguez Molinero, Introducción a la ciencia del Derecho, Salamanca, Librería Cervantes, 1999. Para a parte histórica, José M.ª Rodrídiguez Paniagua, Historia del pensamiento jurídico, Madrid, Univ. Complutense, 1988.

(Quen se examine co programa da prof.ª Cambrón, consultar a devandita proresora.)

Amais dos materiais elaborados polo profesor e dos textos e materiais mencionados, se poden consultar outras obras sinaladas na bibliografía complementaria.

O profesor orientará ás/ós estudantes acerca da bibliografía específica sobre temas concretos nos que desexen profundizar, canalizando a súa libre iniciativa. Neste senso, se recomenda a búsqueda de bibliografía complementaria nos fondos da Biblioteca universitaria.

Asimesmo, as/os estudantes deberán afacerse ó manexo dalgúns textos normativos básicos no sistema xurídico español: a Constitución española e Código civil.

Bibl. complementaria:

— Ara Pinilla, I., Teoría del Derecho, Madrid, Taller Ediciones JB, 2005.

— Carpintero, F., Una introducción a la ciencia jurídica, Madrid, Civitas, 1988.

— Hervada, J., Introducción crítica al Derecho natural, Pamplona, Eunsa, 2001.

— Montoro Ballesteros, A., Sistema de Teoría fundamental del Derecho, tomo I, Valencia, Tirant lo Blanch, 1999.

— Moreso, J. J., Introducción a la Teoría del Derecho, Madrid, Marcial Pons, 2004.

— Nino, C. S., Introducción al análisis del derecho, Barcelona, Ariel, 1997.

— Prieto Sanchís, L., Apuntes de Teoría del Derecho, Madrid, Trotta, 2005.

— Robles, G., Sociología del Derecho, Madrid, Tecnos, 1997.

Complementária


Recomendaciones
Asignaturas que se recomienda haber cursado previamente

Asignaturas que se recomienda cursar simultáneamente

Asignaturas que continúan el temario

Otros comentarios


(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías