Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento |
A2 |
Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais |
A3 |
Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais |
A4 |
Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional |
A7 |
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio |
A10 |
Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional |
A13 |
Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo |
B9 |
Capacidade de resolución de problemas |
B11 |
Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita |
B12 |
Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma |
C2 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C5 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C6 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Obxectivo xeral: a formación ten por obxecto que o alumno/para adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de dereito substantivo e procesual penal, en relación co asesoramento
dos intereses encomendados, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, ao correcto exercicio da profesión neste ámbito.
Os obxectivos deben complementarse cos correspondentes ás áreas de deontología, materias instrumentais e transversais.
1. Xurisdición penal do menor.
Obxectivos: coñecer o ámbito da xurisdición de menores. Coñecer os principios que a informan. Diferenciar as peculiaridades procedementais desde o momento da detención do menor.
Coñecer aos distintos intervenientes no procedemento e especialmente as funcións do équipo técnico. Coñecer as medidas que se poden adoptar na xurisdición.
Habilidades: realización de escritos procesuais na xurisdición de menores. Valorar a conveniencia da mediación para a resolución dos expedientes. Diferenciar as especialidades de defensa
e acusación en materia de menores.
Actitudes: informar con claridade ao menor da tramitación dos expedientes e o resultado posible. Valorar a posibilidade da mediación. Informar o cliente do sistema de execución de medidas.
Informar os pais ou titores legais do alcance da responsabilidade civil en materia de menores.
2. O proceso #ante o tribunal militar.
Obxectivos: coñecer o ámbito da xurisdición penal militar. Coñecer os principios que a informan. Coñecer as especialidades da xurisdición.
Habilidades: realización de escritos procesuais na xurisdición penal militar. Valorar a conveniencia da conformidade. diferenciar as especialidades de defensa e acusación en materia penal
militar.
Actitudes: informar con claridade ao cliente da tramitación e o resultado posible.
3. Procesos relativos a violencia de xénero.
Obxectivos: coñecer as diferenzas entre violencia de xénero e doméstica. Coñecer o tratamento procesual de ambas as formas de violencia. Coñecer as medidas cautelares. Coñecer o sístema e
aplicación da orde de protección. Coñecer a competencia do xulgado de violencia. Coñecer o tratamento asistencial e psicolóxico da muller maltratada. Coñecer a lexislación na materia.
Coñecer os programas de actuación vixentes. Coñecer os mecanismos de control e seguimento da vítima de malos tratos.
Habilidades: preparar o procedemento desde o punto de vista da defensa e da acusación. Prever as posibles medidas cautelares. Asegurarse da competencia do xulgado de violencia.
Elaborar escritos procesuais en solicitude de medidas. Saber interrelacionar esta área do dereito penal con outras: familia, civil, administrativo...
Actitudes: asesorar de forma correcta na materia ás vítimas de violencia. Ser capaz de informar sobre o tratamento asistencial e psicolóxico á vítima. Informar correctamente os
programas de actuación das distintas administracións públicas para as vítimas de violencia.
4. Os delitos máis comúns na práctica xudicial.
Obxectivos: coñecer a lexislación que afecta aos distintos tipos delituosos. Coñecer as probas máis habituais relacionadas cos distintos tipos: testifica, recoñecemento en roda. Valoración de obxectos
sustraidos, proba pericial dactiloscópica, proba de alcoholemia, análise de substancias estupefacientes… Coñecer a xurisprudencia na materia.
Habilidades: actuar con dilixencia na asistencia ao detido @teniendo en cuenta o tipo delituoso imputado. Manexar adecuadamente os distintos medios de proba para os tipos máis frecuentes de delito.
Solicitar correctamente as probas necesarias.
Actitudes: facilitar ao cliente a máxima información sobre o feito imputado e a súa consecuencia xurídica. Valorar a transcendencia do atestado e os medios de investigación nos distintos tipos
delituosos. Examinar a instrución e a legalidade dos medios de proba.
|
AC1 AC2 AC3 AC4 AC7 AC10 AC13
|
BC2 BC3 BC4 BC5 BC6 BC9 BC11 BC12
|
CC1 CC2 CC5 CC6
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1.- Xurisdicción penal do menor (Beatriz Pacios Núñez, Fiscal delegada de menores e María Ángeles Fuentes Loureiro)
|
Contidos: ámbito de aplicación da lei do menor. Procedemento: incoación do expediente, informe da equipa técnico, remisión do expediente ao xulgado de menores, fase de audiencia. As
medidas. Os recursos. Execución de sentencia. A responsabilidade civil. |
2.- O proceso ante o tribunal militar (Jorge Arangüena Sande, Secretario Relator do Xulgado Togado Militar Territorial nº 41 de A Coruña) |
Contidos: ámbito de aplicación da lei penal militar. Procedemento: instrucción e xuicio oral. As penas. Os recursos. Execución de sentencia. |
3.- Procesos relativos á violencia de xénero (Mª Digna Braña Iglesia, Patricia Faraldo Cabana y Silvia Rodríguez López) |
Contidos: especialidades procesuais. Tratamento da vítima. Os delitos de violencia de xénero. |
4.- Os delitos mais comúns na prática xudicial (Luis Anguita, Fiscal da Audiencia Provincial, Fernando Suanzes Pérez, Fiscal Superior de Galicia, Patricia Faraldo Cabana, María Ángeles Fuentes Loureiro e Silvia Rodríguez López) |
Contidos: delitos contra o patrimonio, delitos contra a saúde pública, delitos contra a seguridade do tráfico, delitos medioambientais |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Case study |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 C6 |
10 |
30 |
40 |
Guest lecture / keynote speech |
A2 A3 A4 B12 C5 C6 |
10 |
30 |
40 |
Field trip |
A10 B2 B5 B12 |
4 |
0 |
4 |
Workshop |
A10 A13 B9 B11 C6 |
4 |
14.5 |
18.5 |
|
Personalized attention |
|
10 |
0 |
10 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Case study |
Estudo, valoración e análisis de supostos prácticos referidos aos contidos da materia.
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Guest lecture / keynote speech |
Explicación da materia obxecto do módulo.
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Field trip |
Visitas a institución xudiciais e penitenciarias.
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. |
Workshop |
Realización de xuizos simulados e similares.
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Case study |
Workshop |
|
Description |
Atención personalizada continua por parte do profesor. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Case study |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 C6 |
valorarase especialmente o razoamento do estudantado no desenrolo do caso |
85 |
Workshop |
A10 A13 B9 B11 C6 |
valoración de las actividades realizadas por el alumno |
15 |
|
Assessment comments |
There will be a practical case with a weighting of 50% of the final grade. Continuous assessment of activities inside and outside the classroom will be weighted at 50% of the final grade.
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|