Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais e exercizos prácticos. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade.
O 60% restante responde á avaliación das prácticas de comunicación oral e escrita realizadas ao longo do curso.
Para superar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como a teórica, é dicir, obter polo menos un 3 (30 sobre 100) no conxunto das prácticas realizadas e un 2 (20 sobre 100) no exame final.
Na segunda oportunidade, o alumno/a deberá presentar unha serie de prácticas pactadas previamente coa docente e examinarse da parte teórica. No caso de que a tivera aprobada a parte práctica ou teórica na primeira oportunidade, gardaráselle a nota para a segunda.
Unha falta de ortografía implica que non se corrixirá ese traballo, exercicio ou exame.
Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.
O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto cos dous profesores da asignatura antes do día 15 de febreiro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo.
Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.