Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A7 |
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A15 |
Capacidade de negociación e mediación. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Aprender a aprender. |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B10 |
Traballar de forma colaborativa. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro. |
B13 |
Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os fundamentos básicos da economía, tanto na súa vertente macroeconómica como microeconómica, adquirindo coñecementos das principais fontes de referencia en economía, que lle faciliten ao estudante coñecer o funcionamento da economía nun contexto social e xurídico global, mediante unha aprendizaxe significativa.
Contribuír a comprender o funcionamento real da economía e da contabilidade na sociedade contemporánea. Paralelamente formularse a obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades colectivas e unha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas.
Coñecer a armazón financeiro, empresarial, social, xurídico ou político e alcanzarase unha percepción xeral dos problemas macreconómicos e microeconómicos, en entronos internacionais globalizados, así como dende o punto de vista dun país en concreto, para poder desenvolverse axeitadamente dentro do ámbito económico-xurídico, tendo presente o enfoque da economía ao servizo das persoas, como fonte de xeración de benestar. Así mesmo, o alumnado familiarizarase coa aprendizaxe e a resolución de problemas, de forma reflexiva crítica e autónoma. |
A4 A7 A9
|
B1 B5 B6 B7 B8
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8
|
Capacidade de análise crítica dos coñecementos adquiridos. Capacidade de síntese e capacidade de aplicación práctica dos conceptos teóricos. Capacidade de expresión oral e escrita. Utilización de técnicas informáticas para obtención da información e tratamento dos problemas económicos. |
A4 A7 A9 A15
|
B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B1 B5
|
C3 C4 C5 C7
|
Capacidade de traballo en equipo e de xeito colaborativo |
A4 A7
|
B6 B10 B12 B13 B3 B4 B5
|
C3 C6
|
Valorar o esforzo, o traballo, a iniciativa personal e a cultura emprendedora |
|
B6 B9 B3 B5
|
C4 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCIÓN. OS PRINCIPIOS DA ECONOMÍA |
1. Introdución. Conceptos básicos
2. Os principios básicos da economía |
MICROECONOMIA, MERCADOS E COMPETENCIA |
1. Modelos económicos e intercambio: oferta e demanda
2. Os consumidores: teoría do consumo
3. A empresa: teoría da producción e dos custos
4. Os mercados competitivos
5. A competencia imperfecta: monopolio, competencia monopolítisca e oligopolio
6. Externalidades e bens públicos |
MACROECONOMÍA |
1. Macroeconomía: unha visión global
2. Crecemeento, desemprego e inflación
3. A oferta y la demanda agregadas
4. A política fiscal
5. A política monetaria, o diñeiro e los bancos centrais
6. Comercio internacional, globalización e crise económica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B6 B7 B8 B13 B1 B5 C4 C5 |
30 |
30 |
60 |
Solución de problemas |
A4 A15 A4 A7 A9 B9 B10 B6 B7 B8 C5 C7 |
6 |
6 |
12 |
Lecturas |
A7 A9 C2 C7 |
0 |
10 |
10 |
Prácticas a través de TIC |
B11 B12 B5 C3 C4 C2 C6 C8 |
0 |
5 |
5 |
Proba obxectiva |
B7 B8 B1 B1 B5 |
3 |
0 |
3 |
Aprendizaxe servizo |
B8 B6 B7 B3 B4 B5 C6 C4 C8 |
5 |
5 |
10 |
Traballos tutelados |
A4 A15 A4 A7 B3 C4 C4 C5 |
5 |
10 |
15 |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A4 A7 B5 B4 C4 C6 C7 C8 |
5 |
10 |
15 |
Proba mixta |
B7 B12 B1 B5 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesorado explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas relacións. A exposición oral do profesorado poderá ser complementada co uso de medios audiovisuais e coa formulación de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe e facilitar a participación. |
Solución de problemas |
Mediante esta metodoloxía trátase de que os estudantes busquen solución a unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha solución. Esta situación plantexarase en forma de problemas ou cuestións prácticas que deben ser respondidas. É un complemento ao coñecemento teórico adquirido. Trátase de que os estudantes apliquen ditos coñecementos en contornas prácticas, nas que a intervención e aportación persoal do alumnado é o eixo central. |
Lecturas |
Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e comprendan en base ás ferramentas da análise económica, que se estudan na materia. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. |
Aprendizaxe servizo |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Baixo o paraguas da sustentabilidade de da Axenda 2030, o alumnado participará con diferentes entidades da cidade co fin de coñecer diferentes problemas socioeconómicos e unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. |
Traballos tutelados |
Estudo autónomo e en profundidade dalgún dos problemas socioeconómicos detectados, a partir dun traballo de investigación e a consecuente fundamentación en fontes bibliográficas, baixo a tutela da persoa docente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ben apoiándose nas TIC. |
Proba mixta |
Podera constar de resolución de problemas, preguntas breves, preguntas de ensaio ou de preguntas de opción múltiple.
Forma parte da avaliación continua.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. O equipo docente informará da modalidade no momento oportuno.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Lecturas |
Prácticas a través de TIC |
Aprendizaxe servizo |
Traballos tutelados |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A equipa docente estará dispoñible para á atención personalizada aos estudiantes, sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportuno, en relación co temario da asignatura. Particularmente para a resolución problemas, lecturas, etc.
Esta atención poderá ser online a través dos mecanismos facilitados pola universidade. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
B7 B12 B1 B5 |
Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas pola equipa docente.
Forman parte da avaliación continua. |
30 |
Proba obxectiva |
B7 B8 B1 B1 B5 |
Valoraránse coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e / ou o almacenamento de información, agás no caso de exames en liña ou así o
indique a equipa docente. 2. Identificación do alumno/a: o alumno/a deberá
demostrar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE VALORACIÓN: 1. Cualificación de non presentado/a:
corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan
unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente
da cualificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo
completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados anteriormente nesta sección. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son
os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda
oportunidade (artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións de cualificacións de estudos de bacharel e máster) os estudantes
terán a oportunidade de realizar unha proba final, consistente nun
cuestionario. Mixto, equivalente ao 100% da avaliación, na que os estudantes
deberán demostrar que acadaron as competencias da materia. Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da
oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán
específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que
representará o 100% da nota final. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: Para aprobar a materia será necesario acadar unha nota de 5 sobre
10. Se se obtén a nota 5 de 10 na avaliación continua (CE) realizada
durante o curso, non será necesario realizar os exames finais. Os estudantes
que non superen a avaliación continua poderán presentarse ao exame final,
consistente nunha proba mixta (100% da avaliación total), na que deberán
demostrar que adquiriron os coñecementos e habilidades necesarios para acreditar
as competencias relacionadas coa materia. En caso de plagio aplicarase a correspondente penalización. OUTRAS RECOMENDACIÓNS: 1. A entrega dos traballos documentais realizados nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e / ou soporte informático b. Farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores de sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional. 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase o ambiente para modificalos e promover valores de
respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración de estudantes que,
por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan
dificultades para un acceso adecuado, igual e rendible á vida universitaria. 5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Krugman, P & Wells, R. (2004). Economics. Worth Publishers
Krugman, P. Wells, R. & Graddy, K. (2014). Fundamentos de Economía. Reverté |
|
Bibliografía complementaria
|
Picatoste, X. (2019). Análisis Económico del Mercado de Trabajo. INC
Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2018). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall
Krugman, P., & Wells, R. (2012). Macroecnomics. Worth Publishers.
Blanchard, O., Amighini A. & Giavazzi, F (2012). Macroeconomía. Pearson Education
Krugman, P., & Wells, R. (2007). Macroeconomía: Introducción a la economía. Reverté
Krugman, P., & Wells, R. (2007). Microeconomía: Introducción a la economía. Reverté
Krugman, P., & Wells, R. (2012). Microeconomics. Worth Publishers |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado. Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
|
|