Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico) Código 613584111
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado de textos literarios priorizando o xénero como categoría de análise. Achegamento a distintas producions literarias significativas desde esta perspectiva.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non hai

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades inicias, Lecturas

*Metodoloxías docentes que se modifican:
O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse ben a través de Teams, ben a través do Campus Virtual (mediante presentacións, lecturas e exercicios). A asistencia a un evento será sustituída pola audición dalgunha conferencia ou o visionado dalgún evento o documental en internet. Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona a través de Teams, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto ao Campus Virtual para a súa avaliación (as preguntas serán distribuidas dunha en unha -procederase a responder á segunda unha vez entregada a primeira e así sucesivamente-).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).

4. Modificacións na avaliación: mantéñense as actividades e as porcentaxes, , únicamente cambia, de ser preciso, o modo en que se desenvolve a proba mixta e a maneira en que se entrega, aspecto este que afecta tamén á entrega de exercicios do obradoiro, do resumo do evento e do traballo, que se subirán ao Campus Virtual (as preguntas serán distribuídas dunha en unha -procederase a responder á segunda, una vez entregada a primeira e así sucesivamente-).


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar os elementos básicos de consulta a través do Campus Virtual se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A6 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués
A7 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes
A8 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma
A9 Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
A10 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B3 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C2 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos
C3 Demostrar un compromiso ético coas desigualdades
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar a historia da literatura e da cultura desde unha perspectiva contextual, considerando as condicións históricas e sociais particulares que condicionaron as posibilidades de acceder á literatura no caso dos homes e das mulleres. AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
AP1
AI3
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP7
CM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1
Coñecer a relevancia da categoría do xénero no estudo das creacións culturais, artísticas e literarias, tendo en conta o contexto histórico no que se producen e os cambios que a adopción desa perspectiva conlevou. AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
BP2
BP4
CM2
CM3
CM4
CM5
Ser capaz de aplicar a perspectiva de xénero a algunhas producións significativas da literatura española atendendo aos distintos aspectos implicados AM1
AM6
AM7
AM8
AM9
AI1
BM3
BP2
BP4
BP5
BP7
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
Ser quen de producir textos escritos, debidamente elaborados e ordenados, nos que se apliquen os coñecementos adquiridos, se ofreza unha síntese, se contrapoñan pontos de vista ou teorías..., sempre cunha visión crítica e reflexiva AM1
AM2
AM6
AM7
AM8
AM9
AP1
AI1
AI3
BM3
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución
Algunhans nocións sobre a perspectiva de xénero nos estudos culturais e sobre a súa aplicación á análise literaria.
2. A muller na Idade Media A invisibilidade da muller na época. A marxinación das mulleres na sociedade medieval. As mulleres e o seu estatus: reinas, nobles, monxas, mulleres traballadoras, mulleres marxinais... A muller e a cultura.
3.Muller e literatura na Idade Media Textos a favor e en contra das mulleres. Mulleres e voces de muller na literatura medieval. Mulleres lectoras. Mulleres escritoras: revisando o canon.
4. Cancioneiro
Lectoras e consumidoras de poesía. A imaxe da muller nos textos poéticos. A muller como destinataria dos poemas. Os primeiros cancioneiros e as primeiras poetas: mulleres silenciadas e mulleres con voz. Maior Arias, coetánea de Leonor López, e outras escritoras.
5. Prosa Distintos xéneros na prosa medieval. Achegamento a algunhas mulleres prosistas. As "Memorias de Leonor López de Córdoba".

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B10 0.5 0 0.5
Sesión maxistral A1 A6 A7 A8 B6 B7 B10 B3 C5 7 6 13
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A9 C2 C7 C6 C8 6.5 5 11.5
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C7 C5 0 3 3
Traballos tutelados A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 0 27 27
Lecturas A1 A6 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 0 11 11
Proba mixta A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 1 7 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Análise dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante cos contidos abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía e/ou materiais que a docente facilitará a través do Campus Virtual. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...).
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (prácticas guiadas, exposicións, discusións dirixidas, exercicios de comentario, manexo de fontes instrumentais, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser recollida(s) pola profesora para a avaliación.
Eventos científicos e/ou divulgativos De ser posible, asistirán a algunha conferencia ou evento que desenvolva algún aspecto do programa, no marco das actividades dalgún proxecto ou grupo de investigación que se celebren durante o curso 2021-2022. No caso de que a conferencia ou o evento no podan celebrarse, reemplazarase esta actividade por outra semellante (elaboración dun resumo dun texto oral ou escrito, visionado dalgún documental e comentario do mesmo...).
Traballos tutelados Cada estudante deberá preparar un breve traballo sobre algún aspecto do programa, que será asignado pola profesora, seguindo as pautas que no seu momento se establezan para a súa presentación. Na primeira fase, o alumnado lerá críticamente os textos sobre os que vaia traballar e buscará información sobre eles, así como bibliografía; preparará despois un guion ou esquema que debe discutir coa profesora nunha titoría. Contactará novamente coa docente noutra titoría para dar conta do progreso do seu labor e, no seu caso, da reorientación e dos problemas que determinaron a modificación do plan inicial.
Lecturas Ademais dos textos literarios, de lectura obrigatoria, a profesora proporcionará artigos e estudios que axuden a asimilar ou completar a información das sesións maxistrais; poderán tamén marcarse algunha lectura máis, que o estudante levará a cabo fóra da aula, para participar nas actividades do obradoiro (resumo, esquema, debate, breve presentación dalgún texto ou tema...).
Proba mixta Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo referidos ao programa, fundamentalmente en relación co traballo tutelado e coas tarefas entregadas, a modo de control da autoría desas materiais. Requeriráse, ademáis, que acade un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Proba mixta
Lecturas
Descrición
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca a titoría suplirá ás explicacións que o estudante non teña seguido por se ausentar inxustificamente da aula (non equivaldrá tampouco a unha sesión adicional de repaso, a modo de clase particular). No que atinxe á realización do traballo, deberá pasar polo gabinete da profesora na primeira fase para presentar o guion inicial e outra vez, como mínimo, para dar conta dos avances.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B3 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 Os alumnos prepararán un traballo sobre algún aspecto relacionado coa materia que a profesora determine. Valorarase a aportación que o estudante faga, a organización das ideas, a orixinalidade, a fundamentación científica... Tamén serán tidas en conta as cuestions formais (presentación, expresión, sistema de citas, referencias bibliográficas...).

40
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A10 A9 C2 C7 C6 C8 Valorarase a participación nas aulas (e non tanto a mera presencia pasiva), así como os exercicios e actividades que o alumno leve a cabo nas distintas sesións (atendendo á súa capacidade crítica e ás súas achegas). 10
Proba mixta A1 A3 A6 A14 A7 A10 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C7 C5 C6 C8 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que o alumno demostrará ter acadados os coñecementos e competencias previstas.
Será moi importante tamén que neste exercicio ofreza unha expresión acorde ao nivel dunha titulación de posgrao.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos B5 B7 B10 C7 C5 Os estudantes asistirán a algún evento ou conferencia das que se celebren no marco dalgún proxecto ou grupo de investigación e farán un resumo completo da mesma; valorarase a comprensión da exposición e que saiban dar conta dela de modo completo e organizado. No caso de que non se poda contar con esta posibilidade, buscarase algunha outra actividade ou tarefa.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando cando tanto no traballo tutelado como na proba mixta se acade unha nota mínima de 4 sobre 10. 


Só se aceptará o traballo e as tarefas realizadas cando se entreguen nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso.

Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (40%) e o traballo (60%); debe poñerse en contacto coa docente ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa actividade (especialmente para a fixación das datas da entrega do traballo e da realización da proba mixta). O sistema de avaliación será o mesmo para as persoas que participen na convocatoria adiantada de decembro. Os estudantes que non conten con dispensa académica e que, por algunha razón sobrevida, teñan que perder algunha(s) sesión(s) das presenciais, deberán comunicalo, ao inicio do curso (ou no momento en que o saiban, mais nunca a posteriori); á profesora estudirá a súa problemática (tentando buscar solucións de cara á avaliación) sempre que ausencia quede debidamente xustificada. 

Considerarase como “non presentado” o alumno que non entregue o traballo tutelado e as tarefas que se lle encarguen ou que non realice proba mixta.


Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes, xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así, a valoración estará composta polo 60% do traballo e o 40% da "Proba mixta".


A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, polo tanto, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a escrita dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da docente, para avaliar a expresión servirán como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Fontes de información
Bibliografía básica VOZZO MENDIA, Lia (ed.) (1992). Leonor López de Córdoba, "Memorie". Parma, Pratiche
MERIDA JIMÉNEZ, Rafael (2011). Mujer y cultura literaria en las letras ibéricas medievales y del renacimiento temprano. Kassel, Reichenberger
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (ed.) (1989). Poesía femenina en los cancioneros. Madrid, Castalia
MARIMÓN-LLORCA, Carmen (1990). Prosistas españolas medievales. Alicante, Caja de Ahorros Provincial
DEYERMOND, Alan (1995). “Las autoras medievales castellanas a la luz de las últimas investigaciones”. Granada, Universidad de Granada
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1986). “Las mujeres escritoras en la Edad Media castellana”. Madrid, Universidad Complutense
WHETNALL, Jane (1984). “Lírica femenina in the Early Manuscript Cancioneros”.
WHETNALL, Jane (). “Mayor Arias: ¡Ay, mar brava, esquiva!”. Berna, Peter Lang
LORENZO GRADÍN, Pilar (1997). “Voces de mujer y mujeres con voz en las tradiciones hispánicas medievales”. Santiago, Universidad de Santiago

Ademais dos textos de lectura sinalados, a profesora proporcionará unha selección doutros que facilitará aos estudantes; asemade, poderá elaborar materiais dalgúns dos temas e poñelos a disposición do alumnado, sempre a través do Campus Virtual.

Bibliografía complementaria

Será proporcionada nas aulas e/ou a través do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dispor dunha competencia lingüística acorde ao nivel universitario dunha titulación de posgrao é requisito; de calquera xeito recoméndase a aqueles estudantes que teñan problemas na expresión (sexan ortográficos, sintácticos ou doutro tipo) que os subsanen.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías