Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre a identidade. |
AM1 AM3 AM4 AM6 AM8
|
BP1
|
CM2 CM4 CM5
|
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. |
AM4 AM9 AI1 AI2
|
BP1 BP2 BP7
|
CM1 CM2 CM4 CI1
|
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM6 AI3
|
BP2 BP3 BP4 BP7
|
CM6 CI1
|
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas na análise dos textos literarios desde un enfoque orixinal e creativo. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM6 AM8 AM9 AI2 AI3
|
BP1 BP5
|
CM2 CM5 CM6
|
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural extenso atendendo á diversidade cultural, ás minorías e á diáspora. |
AM1 AM2 AM3 AM4 AM8 AM9 AI2 AI3
|
BP2 BP3 BP4 BP5
|
CM2 CM4 CM6 CI1
|
Ser quen de valorar a diversidade cultural e integrar coñecementos de campos de estudos diversos. |
AM1 AM2 AI2
|
BP2 BP4
|
CM2 CM5 CI1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Narrativa e construción nacional |
1.1. Nacionalismo literario vs literatura nacional: Manuel Rivas e Suso de Toro
1.2. A cuestión lingüística na construción dunha identidade nacional: Boubacar Boris Diop |
2. A literatura mundo e/ou a negación da identidade |
2.1. A literatura da francofonía: Alain Mabanckou e Boubacar Boris Diop
2.2. As literaturas colonizadas fronte ao espello: os casos galego e senegalés |
3. Literatura, identidade e xénero
|
3.1. Rosalía de Castro e Mariama Bâ
3.2. Outras escritoras africanas: Ken Bugul, Tanella Boni, Fatou Diome, Aminata Sow Fall, Paulina Chiziane, Chimamanda Ngozi Adichie. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 |
2 |
20 |
22 |
Sesión maxistral |
A13 A1 A2 A4 A6 A8 A9 A12 B8 C2 C4 C7 C5 |
6 |
6 |
12 |
Traballos tutelados |
A13 A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
0 |
16 |
16 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
6 |
8 |
14 |
Aprendizaxe colaborativa |
A13 A2 A3 A4 A14 A12 B4 B5 B7 B8 C1 C2 C5 C6 |
1 |
4 |
5 |
Foro virtual |
A2 A3 A6 A9 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 |
0 |
4 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado no foro virtual e na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Traballos tutelados |
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Obradoiro |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa permitiralle ao estudantado achegarse aos textos antes das leccións maxistrais para que poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo: discusións dirixidas, comentario de textos. |
Foro virtual |
En relación coa aprendizaxe colaborativa, o foro virtual será unha ferramenta esencial e obrigada de intercambio entre o estudantado e a profesora para analizar e comentar os textos e as lecturas propostas antes das leccións maxistrais: o obxectivo é que o estudantado poda participar con maior implicación nas actividades de diverso tipo que se levarán a cabo durante as sesións maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Sesión maxistral |
Foro virtual |
Traballos tutelados |
Lecturas |
Obradoiro |
|
Descrición |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
A2 A3 A6 A9 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 |
O foro virtual servirá para organizar o traballo colaborativo que se valorará nas intervencións e participación do alumnado. |
10 |
Traballos tutelados |
A13 A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. |
60 |
Lecturas |
A1 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 |
As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións no foro virtual e na aula. |
20 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan no foro virtual e na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Observacións xerais de avaliación 1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
2. Avaliación da segunda oportunidade (xullo) Na segunda oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (50%) e presentar o "Traballo tutelado" (50%). 3. Avaliación da oportunidade adiantada de decembro Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50% da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 50% que deberá ser presentado no mesmo día do exame na data ofical marcada pola Facultade de Filoloxía. 4. Cualificación de non presentad@ Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 5. O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avalicación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar á profesora responsábel. 6. Outras precisións Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesm@ alumn@. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (Artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Lander, Edgardo (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales
González-Millán, Xosé (1994). "Do nacionalismo literario á literatura nacional: hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega". Anuario de estudios literarios galegos 1994: 67-81
Diop, Boubacar Boris (2009). Africa más allá del espejo. Barcelona: Oozebap
Mabanckou, Alain (2017). El llanto del hombre negro. Madrid: La Catarata
López Teresa; Malingret, Laurence e Torres Feijó, Elias J. (2017). Estudios literarios e campo cultural galego. En honra do profesor Antón Figueroa. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Fernández Freixanes, Víctor (2001). Galicia, unha luz no Atlántico. Vigo: Xerais
Kesteloot, Lilyan (2009). Historia de la literatura negroafricana: una visión panorámica desde la francofonía. El Cobre: Barcelona
Figueroa, Antón (2010). Ideoloxía e autonomía no campo cultural galego. Santiago de Compostela:Laiovento
Thiesse, Anne Marie (2001). La création des identités nationales. Europe XVIIIe-XXe siècle. París: Seuil
VVAA (1995). La mujer escritora en las literaturas francófonas. Cádiz: Universidad de Cádiz
Warnier, Jean-Pierre (2002). La mundialización de la cultura. Gedisa: Barcelona
Figueroa, Antón (1996). Lecturas alleas (Sobre das relacións con outras literaturas). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade. Vigo: Xerais
Alvarez Méndez, Natalia (2010). Palabras desencadenadas: aproximación a la teoría literaria postcolonial y a la escritura hispano-negroafricana. Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza
Rodríguez, Francisco / Suevos, Ramón (1978). Problemática nacional e colonialismo. O caso galego. Santiago de Compostela: Xistral
Salinas Portugal, Francisco (1994). Rosto negro: O Contexto das Literaturas Africanas. Santiago de Compostela: Laiovento |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: mluis@udc.es |
|