Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. |
A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e tamén interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos. |
AI1 AI7 AI8 AI9
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI5 BI6 BI7 BI8 BI9 BI10
|
CM1 CM2 CM4 CM6 CM8
|
Coñecer, analizar e interpretar diversos procesos de normalización e de planificación lingüística.
|
AI1 AI7 AI8 AI9 AI10
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI5 BI6 BI7 BI8 BI9 BI10
|
CM1 CM2 CM6 CM7
|
Coñecer e programar obxectivos e medidas de planificación lingüística |
AI7 AI9
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI5 BI6 BI7 BI8 BI9 BI10
|
CM1 CM2 CM4 CM5 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A planificación lingüística
|
1.1. Historia conceptual e disciplinar. Escolas, teorías e metodoloxías
1.2. Tipoloxías da planificación lingüística. Escalas de investigación e aplicación.
1.3. Procesos, axentes e instrumentos.
|
2. Lingua, sociedade e identidades |
2.1. Diversidade lingüística e políticas identitarias
2.2. Planificación lingüística e procesos de substitución. Normalización lingüística e linguas minorizadas no Estado español.
2.3. Planificación da lingua galega: antecedentes e etapa contemporánea.
|
3. Metodoloxías para a planificación lingüística
|
3.1. Implantación e dinamización lingüísticas.
3.2. Elaboración, aplicación e avaliación: metodoloxías e instrumentos.
3.3. Alternativas para a planificación da lingua galega.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C6 |
3 |
15 |
18 |
Presentación oral |
A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 C1 C2 |
1 |
12 |
13 |
Seminario |
A1 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C7 |
6 |
30 |
36 |
Sesión maxistral |
A1 A7 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C5 C8 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Análise e comentario de textos sobre a planificación lingüística como concepto e disciplina, e textos da sociolingüística galega contemporánea. |
Presentación oral |
A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario. |
Seminario |
Discusión fundamentada sobre o concepto de planificación lingüística, a súa configuración disciplinar e as suas aplicacións, e sobre sociolingüística e normalización da lingua galega. |
Sesión maxistral |
O profesor impartirá os coñecementos precisos para a análise de diferentes contidos ligados á planificación lingüística, do proceso de normalización da lingua galega e do desenvolvemento de metodoloxías planificadoras nesta área. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Seminario |
|
Descrición |
O profesor encargarase de recibir e asesorar as/os alumnas/os en todas e cada das cuestións que precisaren, ao tempo tratará en todo momento lles facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas etc. que puideren ser do seu interese. Poderá ser desenvolvida a través do correo electrónico, da plataforma Teams ou, se as circunstancias o permitiren, en modalidade presencial.
A atención personalizada será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B8 C1 C2 |
A alumna-o realizará unha exposición oral, no fin do mestrado, relativa a un dos pontos do temario. |
40 |
Lecturas |
A1 A8 A9 A10 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 C6 |
Análise e comentario de textos sobre a planificación lingüística como concepto e disciplina, e sobre sociolingüística galega contemporánea. |
30 |
Seminario |
A1 A7 A9 A10 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C7 |
Discusión fundamentada sobre o concepto de planificación lingüística, a súa configuración disciplinar e as suas aplicacións, e sobre sociolingüística e normalización da lingua galega. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será necesario asistir regularmente ás aulas, realizar como mínimo o 60% das actividades propostas e obter como mínimo unha nota de 4 valores, sobre 10, na presentación oral.
Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non asistiren regularmente ás aulas e/ou non realizaren, como mínimo, o 60% das actividades propostas.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema previsto para a primeira oportunidade. Deberá realizar aquelas actividades non entregadas na primeira convocatoria, ou que non obtiveron como mínimo o 40% da nota máxima de cada actividade. A data de entrega das actividades será anunciada polo profesor con antecedencia suficiente.
O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica terá o seguinte sistema de avaliación: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á prevista para a presentación oral na primeira convocatoria.
Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Kennedy, Chris (1992). "Language Planning". Language Teaching, 15, 4: 264-284.
Herrero Valeiro, Mário (2015). A normalização lingüística. Uma ilusão necessária. Compostela: Através Editora
Calvet, Louis-Jean (2007). As políticas linguísticas. São Paulo: Parábola
Haugen, Einar (1987). Blessings of Babel Bilingualism and Language Planning : problems and pleasures. Berlín: Mouton de Gruyter
Rodríguez, Francisco (1998). Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento
García Negro, María Pilar (2009). De fala a lingua: un proceso inacabado. Brión: Laiovento
García Negro, María Pilar (2000). Direitos lingüísticos e control político. Santiago de Compostela: Laiovento
Herrero Valeiro, Mário (2011). Guerra de grafias. Conflito de elites. Compostela: Através Editora
Ninyoles, Rafael (2005). Idioma e poder social. Ames: Laiovento
Cooper, Robert L. (1989). Language Planning and Social Change. Cambridge: Cambridge University Press
Sanmartín Rei, Goretti (2010). Lingua e futuro. Brión: Laiovento
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Galanes Santos, Iolanda (1998). Os procesos de implantación lingüística. Dispoñíbel en <http://kit.consellodacultura.gal/materiais-de-cursos-e-xornadas/>
Ammon, Ulrich (ed.) (2001). The dominance of English as a language of science effects on other languages and language communities. Berlín: Mouton de Gruyter
Vaquero Quintela, Isabel (2012). Traballarmos en dinamización lingüística (unha introdución). Santiago de Compostela: CTNL
Carvalho Calero, Ricardo (1992). Umha voz na Galiza. Santiago de Compsotela: Sotelo Blanco
Lorenzo Suárez, Anxo (2005). “Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego”. Cadernos de Lingua 27, pp. 37-59.
Bastardas i Boada, Albert (1997). “Política y planificación lingüísticas”. C. Martín Vide (ed.), Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro, 341-360 |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|