Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Historia Código 613G01009
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Alonso Troncoso, Victor
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
Profesorado
Alonso Troncoso, Victor
Romero Portilla, Paz
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
paz.romero.portilla@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Historia da historiografía occidental, dende a Antigüidade á Idade Contemporánea. O curso centrarase nas fontes historiográficas, de carácter literario, non so analizando as preferencias temáticas e as orientacións ideolóxicas dos cronistas e historiadores, senón tamén (ao seren unha Facultade de Filoloxía) facendo unha especial énfase nas relacións deses autores cos xéneros literarios concorrentes na representación do pasado, nomeadamente a épica e a novela. Polo demáis, a explicación do contexto histórico constituirá unha condición sine qua non pra profundar nos autores en cuestión.
Plan de continxencia MODIFICACIÓNS DA GUÍA DIDÁCTICA
Addenda á Guía Docente por mor do COVID19 no caso de interrupcións das clases

Modificacións nos contidos: Non hai cambios.

Metodoloxías docentes que se manteñen: todas. As clases expositivas e interactivas continuarían en liña. Os eventuais controis de asistencia e participación se farían tamén de maneira telemática. As recensións dos alumnos repetidores e con dispensa académica se entregarían en soporte dixital.
A proba final se faría en liña (escrita ou oral, dependendo das condicións do momento).
As porcentaxes nas avaliacións se manterían.

Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: correo electrónico e/ou Teams.
Mecanismo de transferencia da documentación, a mesma: Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar e comentar textos e discursos históricos utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A10
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B5
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. B9
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8
Ter e saber aplicar os coñecementos básicos que permitan reflexionar sobre a disciplina histórica A2
B3
C4
Coñecer o uso que dos conceptos fundamentais tratados se ten feito polos propios historiadores A23
B3
C4
Coñecer a aportación da historia, a literatura e a memoria para a representación do pasado A2
B1
C1
Saber que os conceptos, as escrituras e a investigación histórica están en permanente construcción. A2
A23
B1
B3
C1
C6
Utilizar os coñecementos e técnicas propias da historia no ámbito doutras disciplinas, nomeadamente as relacionadas coa linguaxe como a lingüística e a literatura. A1
A2
A3
A23
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C7
C8
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar críticamente información especializada. A11

Contidos
Temas Subtemas
1. Consideracións xerais acerca da Historia 1.1. Conceito de Historia
1.2. Obxecto e suxeito da Historia
1.3. Método e Teoría
1.4. O espazo e o tempo na Historia
2. O discurso histórico na Antiguidade 2.1. Os precedentes de Egipto, Mesopotamia e outras altas culturas urbanas
2.2. Da historiografía grega ás interpretacións proféticas do cristianismo
3. Da teocracia medieval ao racionalismo da Ilustración 3.1. A teoría das "tres ordes" do feudalismo
3.2. As crónicas medievais
3.3 A singularidade das historiografias non cristiás. Ibn Jaldun; a historiografía chinesa.
3.4. A crítica renacentista
3.4. A racionalidade ilustrada
4. Revolución francesa e liberalismo: o salto cara a construción da Historia como ciencia 4.1. O nacimento da historiografía moderna.
4.2. Discurso histórico e nacionalización do pasado
4.3. As variantes do discurso histórico: liberalismo, romantismo, positivismo e historicismo alemán
4.4 A literatura histórica: literaturas nacionais e sistemas literarios
4.5 Alguns estudos de caso
5. As multitudes na Historia 5.1. A renovación dos "Annales" e a Historia Económica
5.2. O materialismo histórico
6. A crise do discurso histórico nos finais do século XX. 6.1. A destrución da Historia como ciencia
6.2 A volta á narración e outras alternativas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A3 A11 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 0 15 15
Sesión maxistral B1 B5 B6 B7 B8 C8 C5 21 0 21
Obradoiro A1 A2 A10 10 15 25
Proba obxectiva A11 C7 2 50 52
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 14 21 35
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lecturas complementarias, por conta do alumnado, do material bibliográfico recomendado polo profesor e relacionado coas leccións do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da materia. O seguimento das sesións maxistrais constitúe unha condición sine qua non pra debater de maneira axeitada nas clases interactivas.
Obradoiro Debate na aula na base do libro Os Pazos de Ulloa, dos capítulos previamente indicados ao alumnado e lidos por este con anterioridade, en horas non presenciais. A profesora encargada do obradoiro dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos matriculados (agás aqueles con dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores). Valorizaranse as intervencións de cada alumno ao longo do obradoiro.
No apartado de Avaliación (Observacións 3.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia a estas clases no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos estudados no curso e recollidos no temario da materia.
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente indicados polo profesor e lidos polo alumnado en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Discusión dirixida
Descrición
No que atinxe á proba obxectiva o profesor clarexará a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización de cada pregunta.

Na discusión dirixida o profesor intervirá pra resolver as dúbidas que cada alumno poda presentar ao longo dos debates.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A10 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito que se indica en avaliación (Observacións 3.). 20
Proba obxectiva A11 C7 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia.
50
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo alumno en horas non presenciais. O profesor dirixirá o debate. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
No apartado de Avaliación (Observacións 4.) indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.



30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. 

2. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

3. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Os Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. O traballo impreso farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 20% da nota final. 

4. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetiores que non podan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do libro obrigatorio no pasado curso 20-21: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Pasado y Presente. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado), terá as seguintes características: 8 folios (tamaño estándar) de extensión, dos que 4 serán de resumo e 4 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,15. A data límite pra entregar o traballo será o 3 de maio de 2022. A recensión en papel farase chegar ao profesor coordinador da materia: Víctor Alonso Troncoso. Este traballo sustitutivo computará o 30% da nota final.

5. Os alumnos de
segunda oportunidade e os de decembro deberán concorrer nas mesmas condicións
que na primeira oportunidade: presentaranse ao exame final escrito (proba
obxectiva) e conservarán as cualificacións obtidas nas clases interactivas (discusión
dirixida) e no obradoiro (venres). No caso do alumnado con dispensa ou
repetidor, este conservará as cualificacións das recensións bibliográficas
sustitutivas, que deberán ter entregadas no seu prazo, o 3 de maio. Entenderase
como non presentado o alumnado que non se teña presentado ao exame final
escrito (proba obxectiva).

6.Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriores e con dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades na aula ou fora dela. 

Fontes de información
Bibliografía básica Kelley, Donald (1998). Faces of History. Historical Inquiry from Herodotus to Herder. Yale University
Burrows, John (2007). Historia de las historias. Barcelona, Crítica

O historiador que ten a achega máis sobranceira á historia da historiografía occidental ata o século XX é, con diferenza, Arnaldo Momigliano (1908-1987). A súa traxectoria investigadora non se pode exemplificar nun libro en particular, aínda que os seus sparsa collecta nos Contributi alla storia degli studi classici (10 vols., Milano 1955-2012) constitúen o título más recoñecido, tanto pola súa amplitude cronolóxica como pola variedade de contidos. 

Bibliografía complementaria Fernández Pérez-Sanjulián, C. (2003). A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. Concello de Pontevedra e Fundación Caixa Galicia
Ferreira da Cunha, C. M. (2002). A construçäo do discurso da história literária na literatura portuguesa do século XIX.. Universidade do Minho. Centro de Estudos Humanísticos
Hobsbawm, E. e Ranger, T. (1984). A invençäo de tradiçöes. Rio de Janeiro, Paz e Terra
Thompson, J. (2009). As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galicia contemporánea.. Vigo, Galaxia
Velasco Souto, C. F. (2011). Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza. http://illa.udc.es/novelahistoricagalega/estudos/estudos.html
Salinas Portugal, F. (2003). Emerxencia literaria e construción nacional: o romance fundacional. A Tavares (0rg.):Estudos Galego Brasileiros. Rio de Janeiro
González -Stephan, B. (2002). Fundaciones: canon, historia y cultura nacional. La historiografía literaria del liberalismo hispanoamericano del siglo XIX.. París/Frankfort, Iberoamericana-Vervuert.
Vega, Mª J. (2003). Imperios de papel. Introducción a la crítica postcolonial. Barcelona, Crítica
Ainsa, F. (1997). Intervención literaria y "reconstrucción" histórica en la nueva narrativa latinoamericana.. K. Kohut (ed.): La invención del pasado. La novela histórica en el marco de la posmodernidad. Frankf
Thiesse, A. M. (2010). La creación de las identidades nacionales. Madrid, Ezaro
Casanova, P. (2001). La República mundial de las letras.. Barcelona, Anagrama
Moradiellos, E. (2002). Las caras de Clío. Introducción a la historia. Madrid, Siglo XXI editores
Velasco Souto, C. F. (2011). Memoria histórica, identidade nacional e discurso literário na Galiza. Helena Rebelo (org.): Lusofonia. Tempo de reciprocidades. Porto, Ed. Afrontamento
LLorens, I. (1998). Nacionalismo y literatura. Constitución e institucionalización de la "república de las letras cubanas". Universitat de LLeida
Bermejo Barrera, J. C. (2000). Pensa-la Historia. Ensaios de Historia teórica. Vigo, Ir Indo
Hernández Sandoica, E. (2004). Tendencias historiográficas actuales. Madrid, Akal
Carr, E. H. (2003). ¿Qué es la historia?. Barcelona, Ariel

BIBLIOGRAFÍA DO PROF. COORDINADOR: Tendencias historiográficas de Idade Contemporánea 

Filología Clásica

Reseña de F. Creuzer, Sileno. Idea y validez del simbolismo antiguo, Madrid 1991, Cuadernos de Filología Clásica 408 (1993) 408-410.

Reseña de C. García Gual, Introducción a la mitología griega, Madrid 1992, Estudios Clásicos 103 (1993) 175-178.

Reseña de G. Dumézil, Mito y epopeya II. Tipos épicos indoeuropeos: un héroe, un brujo, un rey, México 1996, y Mito y epopeya III. Historias romanas, México 1996, Revista de Libros 21 (1998) 16.

“El emperador ensimismado”, reseña de P. Grimal, Marco Aurelio, México 1997, Nova Tellus 17 (1999) 175-182.

Edad Antigua

"Moses I. Finley (1912-1986)", Estudios Clásicos 92 (1987) 75-88.

"Sir Ronald Syme (1903-1989)", Historia 16 164 (1989) 113-115.

“Contra la conspiración del silencio en torno a G. Busolt”, reseña de H. Chambers, Georg Busolt. His Career in his Letters, Leiden 1990, Tempus 17 (1997) 77-84

"Desesperadamente ajeno: Sir Ronald Syme y The Roman Revolution", Estudios Clásicos 97 (1990) 41-62.

Reseña de A. B. Bosworth, Alejandro Magno, Cambridge University Press 1996, Revista de Libros 7-8 (1997) 12-13.

“Edouard Will: Una trayectoria de la historiografía francesa”, reseña de Éd. Will, El mundo griego y el oriente. Tomo I: el siglo V (510-403), Madrid 1997, Revista de Libros 13 (1998) 5-6.     "Géza Alföldy: De Roma a Europa pasando por Hispania", Argos 35 (2012) 195-199.

"La cultura castreña en Galicia: historiografía arqueológica de los últimos años (1980-1996)", Cuadernos de Prehistoria y Arqueología de la UAM 22 (1995) 101-124.

"Leandro de Saralegui e a historiografía ferrolá no cambio de século", en Víctor Alonso (ed.) Ferrolterra Galaico-Romana Ferrol 1997, 203-219.

"Römische Geschichte und Altertumswissenschaften: Gespräch mit Géza Alföldy", Iberia 4 (2001) 7-16.   

Edad Media

“Banquete, hospitalidad y regalo en la poesía épica española", Hispania 51 (1991) 835-874.

"En la Córdoba de los Omeyas, con Antonio Muñoz Molina", Cuadernos Hispanoamericanos 504 (1992) 33-51.

"Otto Brunner, en español, y los estudios clásicos (I)", Gerión 11 (1993) 11-36.

Edad Moderna

"Tradición clásica y conquista de América", Tempus (1992) 91-109.

"Una biografía de Cervantes", Anales Cervantinos 31 (1993) 183-199.

"Otto Brunner, en español, y los estudios clásicos (y II)", Gerión 12 (1994) 1-31.

Edad Contemporánea

Reseña de Karl Polanyi, La gran transformación. Crítica del liberalismo económico, Madrid 1989, Tempus 4 (1993) 104-109.

"Dejar hablar a la Historia", Prólogo a R. Ramos Ardá, El desembarco de Doniños en la documentación británica, Ferrol 2000, 15-18. 

"Tedio y civilización", Papeis Ártabros 1 (2004) 9-17.

"Miguel Artola. Obituario", La Voz de Galicia 29, 5, 2020

Historia y memoria oral (edades Antigua a Contemporánea)

"Xestión do patrimonio: Consideracións críticas dun historiador", en V. Alonso (ed.) Patrimonio histórico de As Pontes de García Rodríguez , UDC, A Coruña 2003, 283-294.

"El ciclo mitológico eumés: corpus y estudio", en Víctor Alonso, José M. Yáñez, Álvaro Iglesias (eds.) Las Fragas del Eume. Historia y cultura, Andavira, Santiago de Compostela 2019, 383-453.

"A carón do Camiño: as lendas de cidades asolagadas", en José Leira (dir.) Aulas no Camiño: o camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela , UDC, A Coruña 1997, 43-58.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O profesor recomenda para un desenvolvemento satisfactorio da materia: seguemento das clases, realización das lecturas previstas, recorrer ao profesor no momento en que ao alumno se lle apresentaren dúbidas e problemas.

Recoméndase vivamente aos alumnos repetidores e a tempo parcial que entren en contacto persoal co profesor coordinador (V. Alonso Troncoso) na primeira semana lectiva.  



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías