Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Idioma Moderno: Francés Código 613G01016
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Profesorado
Luís Gamallo, María Obdulia
Correo electrónico
m.luis@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma.
Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a traves da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral).
Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá conseguir consolidar as competencias do nivel A2 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa.
Plan de continxencia PLAN DE CONTINXENCIA

1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS
Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente.

2. METODOLOXÍAS

2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN

• ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación)
• LECTURAS (non computa na avaliación)
• PROBA ORAL (computa na avaliación)

2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación)
• DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación)

As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos.
As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico.
Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación.

• PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído.

3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO

CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado.

4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN

4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN

• SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final
Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• DISCUSIÓN DIRIXIDA: 25% da cualificación final
Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Ver en "Observacións de avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
• PROBA ORAL: 25% da cualificación final
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado.

4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA

O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os puntos esenciais dun discurso oral cando se utiliza unha lingua clara e estándar e cando se tratan asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou temas de interese persoal ou académico. A8
A15
B4
B8
C2
Buscar información específica e comprender textos sinxelos redactados nunha lingua estándar. B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Comprender a descrición de acontecementos, a expresión de sentimentos e desexos en textos persoais. A8
A15
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
Facer fronte á maioría das situacións cotiás que implicaría a estancia nun país francófono. A8
A15
B4
B8
C2
Participar espontaneamente (isto é, sen preparación previa) nunha conversa sobre asuntos cotiás, de actualidade ou de carácter xeral, ou sobre temas de interese persoal ou académico. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Expresar de maneira sinxela mais cohesionada experiencias, desexos, opinións, proxectos... e dar razóns e explicacións sobre eles. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Referir unha historia, ou o argumento dunha película, dun libro... e expresar ao respecto reaccións persoais. A8
A10
A15
B4
B5
B7
B8
C2
Escribir un texto sinxelo e coherente (breves ensaios, cartas, correos electrónicos...) sobre temas de interese académico ou persoal, describindo experiencias e opinións. A8
A10
A15
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2

Contidos
Temas Subtemas
A. Gramática
1. Normas xerais de ortografía. A elisión. H "muet" et "aspiré".
2. O sustantivo: xénero e número.
3. O adxectivo calificativo: xénero e número.
4. O artigo: definido, definido contracto, indefinido, partitivo. Formas negativas do artigo.
5. Os adxectivos e os pronomes posesivos.
6. Os adxectivos e os pronomes demostrativos.
7. Os pronomes persoais: suxeito, reflexivos, tónicos.
8. A negación con "ne ... pas".
9. A interrogación directa total e parcial: a estrutura "est-ce que", a inversión simple e complexa.
10. O verbo: "avoir", "être"; as 3 conxugacións; os verbos pronominais; a negación das formas verbais; os tempos verbais simples ("présent", "imparfait", "futur simple", "conditionnel présent", "impératif"); os tempos verbais compostos ("passé composé"); uso dos auxiliares e casos xerais de concordancia do participio.
11. Os pronomes relativos "qui", "que".
12. A comparación.
13. Principais adverbios e preposicións.
B. Obxectivos comunicativos 1. Normas xerais de pronuncia.
2. Presentarse, presentar, saúdar.
3. Falar do entorno persoal.
4. Expresar opinións, gustos, desexos, sentimentos, sensacións.
5. Expresar obligacións e prohibicións.
6. Pedir/dar informacións e explicacións.
7. Utilizar o teléfono e o computador.
8. A identificación.
9. A cuantificación.
10. A caracterización.
11. A calificación.
12. A localización temporal.
13. A localización espacial.

C. Léxico 1. Nacionalidades e países.
2. Profesións.
3. A familia.
4. Os números, a hora, o calendario, o tempo.
5. O corpo e a saúde.
6. A alimentación.
7. A roupa. As compras.
8. A vivenda, a cidade, a natureza, o medio ambiente.
9. As viaxes e os transportes.
10. As actividades culturais e deportivas.
11. Os estudos e o mundo académico.
12. Os medios de comunicación.
13. O teléfono, o computador, internet, as redes sociais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 2 0 2
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 15 37 52
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 23 35 58
Lecturas A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C2 0 13 13
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 2 11 13
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B8 C2 1 5 6
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida en lingua francesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Solución de problemas Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase, o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Discusión dirixida Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral).
A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial.
Lecturas Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas.
Proba oral Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Discusión dirixida
Proba obxectiva
Proba oral
Lecturas
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos/ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os/as estudantes poden acudir en horario de tutorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes. Pódese tamen solicitar a realización de tutorías virtuais a través de Teams.
Os horarios de tutorías do profesorado da materia pódense consultar no taboleiro de horarios ou na páxina web da facultade.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
25
Discusión dirixida A8 A10 A15 B1 B4 B6 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
25
Proba obxectiva A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o/a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. 25
Proba oral A8 A10 A15 B4 B6 B8 C2 Probas da parte práctica oral (Dictado, comprensión oral e expresión oral). 25
 
Observacións avaliación

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN
QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas
oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do primeiro
cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As datas oficiais deben ser
contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente
antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida
en 2 partes: teórico-práctica (contidos gramaticais, comprensión lectora,
expresión escrita) e práctica (léxico, expresión,
comprensión e interacción oral).

3. De suspender a materia
na primeira oportunidade, o/a estudante deberá presentarse a todas as probas da segunda oportunidade.

4. En cada oportunidade de
avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación NP de se dar
simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das
probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades
presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da
materia.

5. O alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades
programadas segundo o disposto no apartado 2.3 (as actividades presenciais
serán substituidas por outras non presenciais equivalentes). En caso contrario,
aplicaráselle o establecido no apartado 4.

O alumnado que teña
oficialmente recoñecida a dispensa académica de exención de asistencia deberá
acreditalo documentalmente á profesora coordinadora da materia antes do mes de
marzo do presente curso.

6. Os traballos académicos
(entendendo por tal todo o material que o alumnado elabore para ser obxecto de
avaliación) presentados polo alumnado da materia deben ser, agás indicacións
expresas do profesorado, de elaboración individual, e poderán ser incorporados
á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do
mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas
circunstancias activaranse as medidas recollidas nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.

7. Nos casos non
contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1997). Conjugaison. 350 exercices. 1 000 verbes à conjuguer. Paris: Hachette F.L.E.
SARAZÁ CRUZ, P.; MONTAIGU, C. (1997). Francés funcional para universitarios. Córdoba: Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba.
FERNÁNDEZ BALLÓN, M.; MONNERIE-GOARIN, A. (1987). Gramática esencial del francés. Paris-Madrid: Hachette-SGEL.
DELATOUR, Y. (1991). Grammaire du français. Paris: Hachette F.L.E.
GRÉGOIRE, M.; THIÉVENAZ, O. (2002). Grammaire progressive du français avec 500 exercices. Niveau intermédiaire. Paris: CLE International.
BADY, J.; GREAVES, I.; PETETIN, A. (1996). Grammaire. 350 exercices. Niveau débutant. Paris: Hachette F.L.E.
(1999). Gran diccionario español-francés/français-espagnol. Paris: Larousse.
(1997). La Conjugaison pour tous. Dictionnaire de 12 000 verbes. Paris: Hatier.
GAILLARD, B. (1995). Le français de A à Z. Paris: Hatier.

Bibliografía complementaria

Ao longo do curso ofreceranse referencias bibliográficas e outros recursos específicos para cada tema.

Tanto nas clases teórico-prácticas como nas prácticas facilitarase ao alumnado diverso material complementario.

Na biblioteca do centro pódese atopar todo tipo de material impreso e audiovisual relacionado coa lingua francesa en consoancia co nivel e os intereses do alumnado. É recomendable que se solicite orientación e consello ao profesorado da materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno 2: Francés/613G03029
Idioma Moderno 3: Francés/613G03033
Idioma Moderno 4: Francés/613G03049

Observacións

Recoméndaselle ao alumnado que lea atentamente esta guía docente: nos seus diferentes apartados atopará resposta a moitas preguntas que lle xurdan sobre a concepción, organización e obxectivos do curso. Non dubide en acudir ao profesorado para aclarar calquera cuestión ao respecto. Debe prestar especial atención aos seguintes aspectos: • Realice puntualmente as actividades encomendadas. Os retrasos acumulados prexudican a evolución da súa aprendizaxe e o desenvolvemento progresivo de competencias, e fan que o seu aproveitamento sexa progresivamente menor. • Procure observarse e autoavaliarse, tomando conciencia das súas carencias e dos seus avances. • As súas exposicións ou intervencións escritas e orais deben ser adecuadas ao nivel de estudos no que se atopa e á actividade que está a desenvolver.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías