Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española. |
A18 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ter un coñecemento das produccións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura) |
A2 A7 A15 A17 A18
|
B3 B6 B8
|
|
Coñecer os principais autores do Século de Ouro español,e valorar críticamente as súas produccións (particularmente os textos en prosa). |
A17 A18
|
|
|
Coñecer as técnicas e método de traballo e análise da ciencias humanas e sociais |
A1 A10 A11 A16
|
B1 B2 B7
|
C6
|
Valorar críticamente a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que debe enfrontarse e ser capaz de aproveitala para aprender e desenvolver o coñecemento |
|
B1 B2 B7
|
C3
|
Ter capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos |
A5
|
B4 B10
|
C1
|
Traballar de forma autónoma e con iniciativa |
|
|
C5
|
Utilizar as TIC'S para o exercicio como ferramenta de aprendizaxe |
|
|
C3
|
Capacidade para interrelacionar os distintos ámbitos da Filoloxía e da Cultura |
A9
|
B5
|
C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución
|
1. Contexto histórico-filolóxico.
2. Modelos e xéneros prosísticos. |
Prosa do século XVI |
1. Prosa humanística: (diálogo, epístola, misceláneas, outras).
2. Prosa de ficción 1: pervivencia de xéneros medievais.
3. Prosa de ficción 2: os xéneros novos. Literatura pastoril e picaresca, etc. |
Prosa do século XVII |
1. Prosa cervantina: El Quijote.Novelas ejemplares
2. Prosa intelectual e moral: Quevedo, Los sueños |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A7 A16 A17 B1 B3 |
0 |
60 |
60 |
Aprendizaxe colaborativa |
A1 A2 A5 A10 B2 B4 B5 B8 C1 C3 C5 |
15 |
8 |
23 |
Traballos tutelados |
A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 |
0 |
20 |
20 |
Sesión maxistral |
A17 B5 |
21 |
0 |
21 |
Proba mixta |
A1 A9 A11 A17 C1 C6 |
3 |
20 |
23 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relativas ás fontes primarias e secundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a sía explicación nas aulas de aprendizaxe colaborativo. As lecturas deberán facerse seguindo a selección realizada polos profesores que o estudante atopará na reprografía da Facultade. No caso de obras máis extensas, haberá que seguir as edicións que se mencionan na bibliografía desta guía. É importante que todos os estudantes conten coas mesmas edicións, alén da calidade filolóxica dos textos recomendados, para facilitar o seguimento das explicacións na aula e as correccións posteriores de traballos e exames. Na introducción a cada unha das seccións, proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía secundaria para a contextualización dos temas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo. |
Traballos tutelados |
Partindo das obras dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e os profesores supervisarán o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. A responsabilidade desta sesión recae sobre os profesores. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados |
Proba mixta |
Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao longo do cuadrimestre fixaranse as sesións de titorías con cada un dos estudantes para supervisar o traballos tutelados e dar as orientacións relativas á aprendizaxe colaborativa.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A9 A11 A15 A16 A18 B6 B7 B10 C6 |
A partir das obras e os autores obxectos da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos. O traballo será individual e a profesora supervisará o seu desenvolvemento en horas de titoría. O traballo entregarase con antelación suficiente para dar tempo a adecuada corrección y revisión. O traballo terá unha extensión mínima de 10 e máxima de 15 páxinas a 1.5 puntos interliñal e fonte Times New Roman 12. |
60 |
Proba mixta |
A1 A9 A11 A17 C1 C6 |
Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Só se aceptarán
traballos entragados na data marcada e con antelación suficiente respecto da
proba mixta. Calquera indicio de plaxio conlevará a cualificación de cero (0). Non se poderá
aprobar a materia sen ter unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba
mixta. Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos que suspenderen a proba mixta
(40%) deberán repetila na data fixada polo Centro; os alumnos que suspenderen o
traballo tutelado (60%), deberán corrixir as deficencias e incorpor as
mellloras indicadas pola profesora. A data de entrega do trabajo tutelado será
o mesmo día que a fixada oficialmente para o exame. Moi importante:
o alumno será avaliado e calificado sempre que se presente á proba mixta.
Recibirá a calificación de "NON PRESENTADO" cando non se presente ao
exame. Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa
realizarán as mesmas probas que os demáis: proba mixta (40%) e traballo tutelado
(60%) por non se considerar na avaliación a asistencia e a participación na
aula. Arbitraranse de acordo co alumno todas as medidas de atención necesarias.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas
obligatorias. S. XVI - Montemayor,
Jorge de Los siete libros de la
Diana, ed., J. Montero, Barcelona, Crítica, 1996; ed. A. Rallo Gruss,
Madrid, Cátedra, 1991 (selección).
- Valdés, Juan de, El diálogo de la lengua,
Lecturas obligatorias.
S. XVII - Alemán, Mateo, Guzmán de Alfarache
(1ª parte), ed. L. Gómez Canseco, B. Galaxia Gutenberg, 2012; M. Akal,
ed. B. Brancaforte, 1996; M. Cátedra, ed. J. M. Micó, 1992/94; B,
Planeta, ed. F. Rico, 1987.
- Cervantes, Miguel de (1998) El ingenioso hidalgo don Quijote de la
Mancha ed., F. Rico; ed., Luis Murillo, Madrid, Castalia, 1978.
- Quevedo, Francisco
de, Los sueños, ed. J. O Crosby,
Madrid, Castalia, 1993 (selección de la profesora).
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua e Cultura Clásica/613G01006 | Literatura Española/613G01011 | Literatura Española Medieval/613G01022 | Literatura Española do Século de Ouro 1/613G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|