Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. |
A2 A3 A7 A10 A15
|
|
|
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. |
A1 A6 A7 A9 A15
|
B10
|
|
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. |
A1 A6 A9
|
B1 B2 B4 B6 B7
|
C2
|
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. |
A6 A7
|
B3
|
|
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.
|
A1 A2 A3 A9 A10 A11
|
B1 B5 B8
|
|
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. |
A6 A7 A9
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución
|
1.1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?
1.2. O "canon" da literatura inglesa
1.3. Periodización
|
2. O período anglosaxón ou de inglés antigo na literatura inglesa (450-1066) |
2.1. Introdución á historia da literatura inglesa anterior ao século XI
2.2. Poesía épica e elexíaca
Lecturas: Fragmentos de “The Battle of Maldon,” “The Wife’s Lament,” _Beowulf_ e “The Dream of the Rood”
|
3. Literatura inglesa medieval ou período do inglés medio (1066-1500) |
3.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
3.2. Teatro relixioso inglés
a) Orixes do teatro inglés
b) Misterios, milagres e moralidades medievais
Lectura: Fragmentos de _Everyman_
3.3. Lírica inglesa dos séculos XIV e XV
a) Poesía lírica medieval
b) O poeta Pearl
c) Amor cortés e romances medievais: os ciclos artúricos e o poeta Gawain
Lecturas: “In praise of women,” “Syng We, Syng We,” “Gentilesse,” fragmentos de “Merciless Beauty”
3.4. Geoffrey Chaucer e a súa obra
Lectura: Fragmentos do “Prólogo General" de _The Canterbury Tales_ |
4. A literatura inglesa renacentista (1500-1660)
|
4.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
4.2. Poesía do século XVI: o soneto inglés
a) Wyatt e Surrey
b) Sidney, Spenser e Shakespeare
Lecturas: selección de sonetos
4.3. Teatro renacentista inglés
a) Edificacións, convencións e tipo de obras
b) Teatro isabelino e xacobeo: Marlowe e Shakespeare
Lectura: _Hamlet_
4.4. Poesía de principios do XVII
a) Poetas metafísicos e "cavalier": John Donne e Andrew Marvell
Lecturas: selección de poemas
|
5. Do Renacemento á Restauración (1660-1700) |
5.1. Prosa relixiosa
5.2. Autobiografía e diarios
5.3. Libros de viaxe
Lecturas: Fragmentos do _Diary_ de Samuel Pepys
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
14 |
0 |
14 |
Lecturas |
A1 A3 A8 A10 B2 B3 |
0 |
45 |
45 |
Sesión maxistral |
A1 A3 A11 A16 B1 B5 B8 |
21 |
10 |
31 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A11 A15 B1 B5 B6 C2 |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
A3 A6 A10 A11 A16 B1 B3 B6 |
2 |
10 |
12 |
Seminario |
A7 A9 A10 A11 A15 A16 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
7 |
7 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar na clase en grupo grande nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titoría en grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva). |
Lecturas |
Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de lecturas darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia. |
Sesión maxistral |
Nas horas asignadas a docencia expositiva (grupo grande), o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa e o seu contexto dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos enmarcan e entroncan co traballo desenvolvido despois nas clases de docencia interactiva (grupo mediano) e titoría en grupo reducido (grupo pequeno). |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará traballos escritos (ex., análises de texto) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc. |
Proba mixta |
No exame final o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados e as destrezas prácticas traballadas nas aulas. O exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análise, etc). |
Seminario |
Nas sesións de T.G.R. traballarase principalmente a redacción ben estruturada das interpretacións das lecturas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.
Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 A6 A10 A11 A16 B1 B3 B6 |
No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análises, etc.). |
40 |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A11 A15 B1 B5 B6 C2 |
Consistirán en dúas breves redaccións argumentativas escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir análises ben organizadas, coherentes e cohesionadas, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. |
40 |
|
Observacións avaliación |
- A segunda
oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se
realizarán na data oficial do exame final:
1) un exame escrito con un deseño idéntico ao
do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 40% da nota;
2) un ensaio argumentativo sobre as lecturas
feitas durante o cuadrimestre, que substituirá ás seccións "Traballos
tutelados" e "Discusión dirixida" da primeira oportunidade e que computará o 60% da nota.
- Un
aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira
oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta”
para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta
mesma nota mínima na sección 1 da avaliación.
- O alumnado terá a
posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de
curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do
cuadrimestre.
- Obterase unha
calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou
por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao
50%.
- O alumnado
matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de
curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de
xullo.
- O alumnado que se
presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase
segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
- O profesorado pode
usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do
alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a
cualificación de "cero" nesta actividade.
- Todos os traballos
e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha
penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas obrigatorias: Ao comezo de curso porase ao dispor do
alumnado (en Reprografía, en Moodle, ou na clase) unha copia das lecturas
obrigatorias anteriormente referidas na sección de "Contidos", coa
excepción da obra Hamlet de Shakespeare, a única obra completa nesta lista. En Moodle haberá un enlace a unha versión
online de Hamlet, pero anímase ao alumnado a conseguir unha edición
impresa ou electrónica para o seu uso individual. Deberá ser unha versión
orixinal e completa de calquera editorial académica (ex., Oxford University
Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras).
Pode usarse unha edición
bilingüe para favorecer a comprensión das lecturas, mais as referencias ás
obras en discusións orais ou escritas deberán ser á versión inglesa |
Bibliografía complementaria
|
|
Recursos impresos: Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000. Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000. Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984. Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994. Burrow, J. A. Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004. Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge, 1998. Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992. Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988. Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991. MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008. Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983. Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Recursos na rede: - English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval - Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm - Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html - The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/ - The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua Inglesa 2/613G01008 |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Inglesa 2/613G01017 |
|
|