Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura Española Código 613G02011
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
García González, Ariana
Jimeno Rodríguez, Juan Antonio
Martinez Lopez, Maria Josefa
Novoa Blanco, Francisco Javier
Pena Sueiro, Nieves
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
a.garciag@udc.es
juan.jimeno@udc.es
maria.josefa.martinez@udc.es
francisco.novoa@udc.es
nieves.pena.sueiro@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á Historia da Literatura Española a través dos seus principais autores e obras.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteñense as metodoloxías
. sesión maxistral
. Obradoiro
. Lecturas
. Proba obxectiva

*Metodoloxías docentes que se modifican
As aulas maxistrais suprímense. Sustituense por apuntes autoexplicativos en Moodle e no seu caso por sesión síncronas en Teams.
As aulas interactivas realizanse a través da aplicación Teams para a resolución de dúbidas e a realización de exercicios e titorización do alumnado.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderase ao alumnado mediante correo eletrónico; Teams en titorías colectivas e individuais, seguindo o horario das aulas e das titorías.

4. Modificacións na avaliación
Non haberá modificacións na avaliación: exercicio combinado (comentario+control de lectura 50%); proba obxectiva 50%. Para cada proba o alumnado dispoñerá de 12 horas. A entrega farase no Moodle

*Observacións de avaliación:
Para aprobar a materia o alumnado debe obter un 4 sobre 10 na “Proba obxectiva” nas dúas oportunidades. Si na primeira oportunidade a materia está suspensa e a nota da Proba obxectiva” fose inferior a 5, na segunda oportunidade hai que repetila.

Mantense o exame opcional en xaneiro que permitirá liberar materia da primeira parte. A presentación de novo a esta parte nas convocatorias de maio e xullo significa que a segunda cualificación, sexa cal sexa, prevalece sobre a primeira.

O alumnado que non realice a Proba obxectiva será cualificado como Non presentado (NP), aínda que teña realizados os demáis exercicios.

Na segunda oportunidade será gardada toda avaliación positiva realizada no primeiro cuadrimestre ou no segundo cuadrimestre. Na segunda oportunidade, o alumnado ten a posibilidade de volver se presentar a calquera exercicio, mais neste caso, a cualificación que conte, sexa cal sexa, será a da avaliación da segunda oportunidade.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá modificación da bibliografía pois os materiais necesarios estarán acesibles no Moodle desde o inicio do curso.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. A1
A2
A5
A11
A15
A16
A17
C1
C5
C6
C7
C8
Adquirir capacidades e sentido crítico para o estudo e a análise literaria de textos españois. A1
A2
A5
A11
A15
A16
A17
C1
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Idade Media 1.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura medievais
1.2. Análise e comentarios de las Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.
1.3. Análise e comentarios de La Celestina.
2. Século XVI 2.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Renacemento.
2.2. Análise e comentarios de Garcilaso de la Vega e frei Juan de la Cruz.
2.3. Análise e comentarios de Lazarillo de Tormes.
3. Século XVII

3.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Barroco
3.2. Análise e comentarios de El Quijote.
3.3. Análise e comentarios de lírica do XVII.
3.4. A comedia áurea en El caballero de Olmedo, de Lope de Vega.
4. Da Ilustración ao Naturalismo
4.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura nos séculos XVIII e XIX.
4.2. Movementos, autores e xéneros.
4.3. Análise e comentario de El sí de las niñas.
4.4. Análise e comentario de Espronceda e de Bécquer.
4.5. Analise e comentario de obras do Realismo. Cuentos de Pardo Bazán.
5. Do Modernismo á actualidade 5. 1. Introdución: sociedade, cultura e literatura contemporáneas e actuais.
5. 2. Movementos, autores e xéneros.
5.3. Análise e comentario de prosa e lírica modernista. Azorín, Rubén Darío e Juan Ramón Jiménez.
5.4. Análise e comentario de poesía das vanguardas e 27. Lorca, Alberti, Cernuda.
5.5. Análise e comentario de La habitación de Nona.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 42 10 52
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 22 22 44
Lecturas A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 0 80 80
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 4 40 44
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns e terán carácter teórico e expositivo. No formato de grupo reducido tense como obxectivo favorecer a participación activa do alumnado, que computa igualmente para a cualificación final.
Obradoiro Nas aulas en grupo reducido desenvolveranse comentarios guiados sobre textos das lecturas. Á final de cuadrimestre avaliaranse, mediante proba escrita e controis, a destreza adquirida nestes comentarios e as lecturas realizadas.
Lecturas En todas as aulas traballarase sobre textos de lectura obrigatoria, indicados na presente guía docente ou en Moodle. Cómpre facer as lecturas antes da explicación do tema, para o seu correcto aproveitamento.
Proba obxectiva Unha proba escrita (exame) na data oficial asignada no mes de xuño, con nova convocatoria de segunda oportunidade en xullo. Nestas probas, o alumnado deberá amosar o seu dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Lecturas
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada de carácter presencial darase durante o horario oficial de titorías ou, no seu caso, a través da plataforma Moodle ou por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 Realizarase un exercicio combinado de comentario de texto literario e de control de lectura. Trátase de dúas probas (25% + 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio). 50
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 C1 C5 C6 C7 C8 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
 
Observacións avaliación

As anteriores porcentaxes
son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación
final obterase polas probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de
primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a materia, deberase
obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible
compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia.

2. Con independencia do
anterior, haberá un exame opcional en xaneiro que permitirá liberar contidos da
primeira parte da materia. Volver a presentarse a esta parte nas convocatorias
de maio e de xullo significa que a segunda cualificación, sexa esta cal sexa,
prevalece sobre a primeira.

3. O 50 % restante obterase mediante
a realización de dúas actividades durante o curso. Trátase de dúas probas (25%
+ 25%), en horario lectivo e á final de cada período (decembro e maio), que
consistirán nun exercicio combinado de comentario de texto e de control de
lectura.

4. Como novidade, neste
curso 2021-2022 non computa para a nota a asistencia ás aulas, polo que
desaparece o 10% de anos anteriores.

5. Para obter cualificación
é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como
en segunda oportunidade.

6. Toda avaliación positiva de
calquera das partes será gardada para a cualificación da seguinte oportunidade,
dentro do mesmo curso. No caso das actividades, contará a media entre as de
decembro e maio, e a única recuperación delas será en xullo.

7. A convocatoria adiantada
de decembro consistirá na realización dunha proba escrita (50% da
cualificación) e dunha proba específica sobre comentario e lecturas (50% da
cualificación). Esta última pode ser oral.

8. O alumnado con dispensa
académica recoñecida ou con problemas xustificados para a asistencia regular ás
aulas deberá comunicar a súa situación por escrito a luis.caparros@udc.es, co
asunto: “Dispensa de asistencia 2021-2022", en canto comece o curso ou
sexa efectiva a matrícula.

9. As probas escritas e as
actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística
en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión
léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por
faltas graves na escrita será de medio punto en cada caso. Para estudantes de
lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española,
tanto en expresión oral como escrita.

10. Calquera forma de
plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia
correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase
a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase
mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de
Facultade.

11. Forma parte das obrigas
do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta
periódica da plataforma Moodle.

12. Lémbrase que os dereitos
e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na
web institucional:

https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en:
https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Española 1/613G01001
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A asistencia regular ás aulas é indispensable. Calquera circunstancia que a dificulte deberá ser comunicada e consultada co profesorado ao inicio do curso. Salvo indicación en contra, non se admitirán traballos por correo electrónico. O único soporte para a entrega será o papel. As lecturas obrigatorias faranse nas edicións críticas recomendadas arriba ou, no seu caso, nas consultadas co profesorado. A guía docente é o documento público onde se visualiza a proposta académica da UDC e o marco regulamentario oficial destes estudos. Como tal, é o documento de referencia que obriga a docentes e a estudantes.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías