Identifying Data 2021/22
Subject (*) Galician Language and Oral Communication Code 613G02021
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
E-mail
carlos.vizcaino@udc.es
Lecturers
Freixeiro Mato, Xose Ramon
E-mail
ramon.freixeiro@udc.es
Web
General description Estudo aplicado de aspectos gramaticais, especialmente fonéticos e pragmáticos, con incidencia na comunicación oral da lingua galega.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas, presentación oral e traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral e obradoiro, que serán substituídas pola modalidade de impartición telemática, realizando sesións síncronas/asíncronas a través de Teams ou ben facilitando presentacións xerais e breves lecturas complementares a través da plataforma Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías de atendemento ao alumnado desenvolveranse mediante o correo electrónico, Moodle e Teams.
4. Modificacións na avaliación
Manteranse todas as metodoloxías presentes na avaliación con normalidade presencial. No caso da avaliación da “Proba mixta” e da “Presentación oral”, estas realizaranse telematicamente, podendo ofrecerse tanto de maneira síncrona como asíncrona, cuxas características e datas serán comunicadas ao alumnado a través de Moodle con suficiente antelación.
*Observacións de avaliación:
Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán mudanzas. Se for necesario, o alumnado disporá de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
O alumnado deberá saber diferenciar, na teoría e na práctica oral, os fonemas vocálicos e consonánticos galegos, ben como as súas realizacións. A4
A15
B3
B4
C1
O alumnado deberá demostrar coñecementos avanzados en prosodia e fonética sintáctica da lingua galega. A4
A9
A15
A21
B3
O alumnado deberá ser capaz de realizar enunciados orais espontáneos en lingua galega con calidade fonética e prosódica, ben como de locutar textos formais escritos. A4
A9
A10
A15
B4
C3
C6
O alumnado deberá ser capaz de recoñecer variedades diafásicas orais da lingua galega e de transitar por elas na súa práctica oral. A4
A15
A21
B3
C1
O alumnado deberá recoñecer o valor da diversidade oral da lingua galega e ser quen de superar na súa práctica oral os prexuízos relativos á fonética patrimonial e aos diferentes sotaques (incluído o dos neofalantes). A23
A25
B8
B10
C4
C6
O alumnado deberá saber analizar a calidade fonética, prosódica e fonoestilística dun texto oral galego e presentar resultados por escrito de maneira organizada, sintética e dentro dos estándares da redacción académica. A1
A2
A10
A15
A21
B1
B2
B6
B7
C1
C3

Contents
Topic Sub-topic
1. Linguaxe e comunicación oral 1.1. Caracterización da lingua oral
1.2. Modalidades da comunicación oral
1.3. Trazos definidores da comunicación oral formal
2. Fonética e Fonoloxía da lingua galega 2.1. Sons e fonemas
2.2. Sistema vocálico
2.3. Sistema consonántico
2.4. Rendibilidade expresiva: fonoestilística
3. Trazos prosódicos da lingua galega 3.1. A cadea falada. Fonética sintáctica
3.2. A sílaba
3.3. O acento e a entoación
3.4. Dicción e locución
4. Na procura dunha declamación galega do verso 4.1. Prexuízos, diglosia e fórmulas colonizadas de dicir o verso
4.2. A definición dunha maneira galega de declamar: modelos activos na lusofonía e propostas desde a Galiza

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A4 A10 A25 B7 C6 10 4 14
Workshop A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 24 48 72
Workbook A4 B1 B3 B6 B7 C6 2 20 22
Supervised projects A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 4 24 28
Oral presentation A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 2 10 12
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nas sesións presenciais previamente determinadas nun cronograma incorporado ao campus virtual da materia realizaranse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva.
Estas actividades estarán baseadas na procura de modelos de calidade e a aprendizaxe colaborativa.
Cada estudante terá un espazo para rexistrar as súas prácticas orais que funcionará a modo de portafolio.
O obradoiro poderá incluír a participación de persoas convidadas que acheguen modelos articulatorios exemplarizantes ou a audición de rexistros sonoros que funcionen como referentes a imitar.
A participación no 80% das prácticas do obradoiro (e o seu consecuente rexistro) será unha condición indispensábel para poder ser avaliada/o.
Workbook Ao inicio do cuadrimestre estará dispoñíbel no campus virtual da materia a relación de lecturas previas obrigatorias e a súa secuencia. Estas serán realizadas fóra das sesións e servirán de posta en común e punto de partida para as reflexións das sesións maxistrais e as prácticas do obradoiro, onde se realizará o seguemento das lecturas de cada estudante.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos.
O primeiro, escrito, consistirá na análise do modelo oral dun fragmento tirado dos medios de comunicación ou das redes sociais e previamente combinado co docente e na achega de melloras desa oralidade.
O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos da dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro.
Oral presentation Cada estudante realizará unha presentación oral presencial do primeiro dos traballos tutelados ao conxunto do grupo.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Oral presentation
Description
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización dos "Traballos Tutelados". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A4 A15 A21 A23 B1 B3 B8 B10 A participación nas prácticas orais do obradoiro será avaliada através do portafolio dixital até un 50% da cualificación total posíbel.
50
Supervised projects A2 A4 A9 A15 A21 A25 B1 B2 B3 B4 B6 C3 C4 Valorarase fundamentalmente a aprendizaxe autónoma e o grao de consecución das destrezas propias da materia.
Cada un dos dous traballos será avaliado até un 20% da cualificación final.
40
Oral presentation A4 A15 A21 B3 B4 B6 C1 C3 C6 A calidade fonética e os recursos e estratexias fonoexpresivas empregadas serán avaliados, xunto coa clareza e a coherencia-cohesión do discurso, até un 10% da cualificación final.
10
 
Assessment comments

1. As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica
deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través
do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso
através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao
efecto.

2. Para alén de alcanzar unha cualificación total superior a 5 valores sobre 10, para superar a materia serán requisitos indispensábeis
a asistencia ao 80% das prácticas do obradoiro e a realización dos dous traballos tutelados. Quen non cumprir ambas as condicións será considera/o NON PRESENTADA/O.

3. Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria
adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas
que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas
mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter
realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis,
abrirase un novo prazo para a súa presentación. O obradoiro acompañarase segundo as instrucións recollidas no campus virtual da materia.

4. As persoas que se
matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co
profesor antes de o mes de novembro concluír.

5. Salvagardando en
todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos,
os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser
incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou
de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir
algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse
activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario da UDC.

6.Todas os exercicios deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documeneto "Exixencias mínimas de correción lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués a 6 de xullo de 2018 e incorporado ao campus virtual.


Sources of information
Basic Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford. Clarendon
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo. Xerais
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Barroso, H. (1999). Forma e Substãncia da Expressão em Língua Portuguesa. Coimbra. Almedina
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I. Fonética e fonoloxía. Vigo. A Nosa Terra
López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / Moreda Leirado, Marisa (2011). Gramática da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía Edicións
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfonsintaxe. Santiago: Laiovento
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Regueira Fernández, X. L. (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer . Madrid: El Drac
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo. Xerais
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega

Complementary Bagno, M. (2001). A língua de Eulália. Novela sociolingüística. São Paulo. Contexto
Fernández Rei, F. / Hermida Gulías, C. (2004). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega
Kerbrat-Orecchioni, C. (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Álvarez Blanco, R. (1988). Consideracións sobre a metafonía nominal galega, en Homengem a Joseph Piel per ocasião do seu 85º aniversário. Tübingen. Instituto da Cultura e Língua Portuguesa e Consello da Cultura Galega
Regueira Fernández, X. L. (2011). Dicionario de pronuncia da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega
Regueira Fernández, X. L. (1999). Estándar oral e variación social da lingua galega, en Cincuidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela
Veiga Arias, A. (1976). Fonología gallega. Valencia. Bello
Morales, C. J. (2001). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Sánchez Rei, X. M. (ed.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Regueira Fernández, X. L. (1994). Modelos fonéticos e autenticidade lingüística. Cadernos de Lingua 10. 37-60


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Lingua Galega 1/613G02002
Lingua Galega 2/613G02014

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.