Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Literatura Medieval Galego-Portuguesa Código 613G02023
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura medieval galego-portuguesa a través dos seus textos e autores máis representativos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non hai.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Glosario, prácticas a través de TIC, lecturas, recensión bibliográfica.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Actividades iniciais, sesión maxistral, análise de fontes documentais, seminario, eventos científicos e/ou divulgativos, proba mixta.
O desenvolvemento dos catro primeiros será a través do Campus Virtual e de Teams, ben con presentacións e lecturas asociadas no primeiro caso, ou ben por medio de sesións síncronas ou asíncronas no caso da plataforma Teams.
Os eventos científicos e/ou divulgativos serán substituídos por conferencias ou charlas dispoñíbeis na rede e indicadas pola profesora, en canto a proba mixta será realizada a través do Campus Virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Atención a través do correo electrónico, dos foros creados a tal efecto no Campus Virtual e videotitorización a través de Teams.

4. Modificacións na avaliación:
Mantéñense as actividades e porcentaxes de avaliación.

*Observacións de avaliación:
Non hai.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que en caso necesario serán fornecidos materiais en formato pdf ou webs específicas para o acompañamento das sesións non presenciais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
A17 Ter un coñecemento avanzado da literatura galega.
A18 Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar a análise e o comentario críticos a textos e discursos literarios e non literarios, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A11
B1
B7
Identificar os problemas e temas de investigación do ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
A15
A16
A17
A18
B3
B6
Aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A1
A2
A7
A11
A14
A15
A16
A17
A18
B1
B3
B6
B7
C1
C8
Interiorizar e aplicar un coñecemento avanzado da literatura galega e portuguesa. A1
A17
A18
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. A1
A2
A14
A15
A16
A17
A18
B1
B3
C1
C6

Contidos
Temas Subtemas
I. Cuestións introdutorias 1. A Idade Media e a literatura medieval galego-portuguesa
II. A poesía profana galego-portuguesa 2. Xénese, cronoloxía e axentes do trobadorismo galego-portugués
3. Os textos manuscritos conservados e o corpus lírico
4. Poética e retórica trobadorescas
5. A cantiga de amor
6. A cantiga de amigo
7. A cantiga de escarnho e maldizer
8. Xéneros ou modalidades xenéricas pouco representadas
9. As prolongacións da escola trobadoresca
III. A poesía relixiosa galego-portuguesa 10. As Cantigas de Santa Maria
IV. A prosa literaria e historiográfica 11. Cuestións previas. As materias narrativas: a materia de Bretaña e a materia de Roma
12. A historiografía e a prosa xacobea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A7 B1 B3 C1 C8 1 0 1
Sesión maxistral A7 A11 A17 A18 B7 21 21 42
Análise de fontes documentais A2 A11 A15 B7 9 9 18
Seminario A2 A11 A14 A15 B1 B7 C6 C8 6 6 12
Glosario A2 A7 A15 A17 B1 B3 B6 1 5 6
Prácticas a través de TIC B1 B3 C6 C8 2 0 2
Lecturas A2 A7 B6 B7 C1 C6 0 35 35
Recensión bilbiográfica A2 A11 B6 B7 C1 0 8 8
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A11 A14 A17 C6 C8 2 1 3
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 2 19 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía.
Seminario Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado.
Glosario O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataformas contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír cunha periodicidade semanal os novos artificios que vaian aparecendo nas sesións de aulas teóricas e prácticas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema (Poética e retórica trobadorescas) 4 e completado con frecuencia semanal.
Prácticas a través de TIC Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas.
Lecturas Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Recensión bilbiográfica Análise e valoración por escrito da obra de Arias Freixedo (2003) incluída entre as lecturas obrigadas. O alumnado reflexiona así sobre a lectura e achega unha crítica froito desa reflexión e da propia experiencia.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado, que terá de realizar unha pequena ficha sobre o evento en cuestión.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Proba mixta
Glosario
Recensión bilbiográfica
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria. A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas indicacións escritas.

As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: proba mixta (50%), lecturas (30%), recensión bibliográfica (20%).
As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A7 B6 B7 C1 C6 As obras de lectura obrigada serán obxecto de traballo específico nas aulas dos grupos intermedios-reducidos.
A avaliación realizarase tendo en conta o traballo levado a cabo nestas sesións e na elaboración de dous comentarios, que deberán seguir as pautas indicadas pola profesora.
30
Proba mixta A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. Serán valoradas cuestións como o rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
Glosario A2 A7 A15 A17 B1 B3 B6 Será valorada a recolla dos elementos poético-retóricos e a claridade e exemplificación das entradas introducidas polo/a alumno/a na semana que lle sexa asignada. 10
Recensión bilbiográfica A2 A11 B6 B7 C1 Será valorada a lectura reflexiva da obra, a capacidade de síntese, o rigor e a clareza expositiva, así como a calidade lingüística.
15
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 A11 A14 A17 C6 C8 Asistencia a eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados no Campus Virtual no inicio do curso.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados á ferramenta para a detección de plaxio Turnitin.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos prazos estabelecidos nas aulas. 

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberánse realizar ou presentar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. 

O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO/A

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba mixta. 

3. DISPENSA ACADÉMICA E MATRÍCULA PARCIAL

As persoas que teñan dispensa académica terán condicións especiais de avaliación:

- Proba mixta (50%).
- Lecturas (30%). Para concretar as características dos comentarios, o/a estudante deberá pórse en contacto coa profesora antes do día 30 de setembro. 
- Recensión bibliográfica (20%).

As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro por se for preciso estabelecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE POR RAZÓNS HORARIAS OU LABORAIS

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas e o alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo á profesora a través dun correo electrónico antes do 30 de setembro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, a profesora confirmará se o seu sistema de avaliación será o do alumnado con dispensa académica.

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Consistirá na realización dunha proba escrita (60% da cualificación) e na entrega da recensión bibliográfica fixada na guía docente (40%).















Fontes de información
Bibliografía básica Brea, Mercedes & Lorenzo Gradín, Pilar (1998). A cantiga de amigo. Vigo: Xerais
Beltrán, Vicenç (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais
Gutiérrez, Santiago & Lorenzo Gradín, Pilar (2001). A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media. Santiago de Compostela: Universidade
Polín, Ricardo (1994). A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela: Universidade
Tavani, Giuseppe (1991). A poesía lírica galego-portuguesa (3ª ed.). Vigo: Galaxia
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (1995). As cantigas de escarnio. Vigo: Xerais
Fidalgo, Elvira (2002). As Cantigas de Santa María. Vigo: Xerais
Lopes, Graça Videira & Ferreira, Manuel Pedro et alii (2011-). Cantigas Medievais Galego-Portuguesas <http://cantigas.fcsh.unl.pt>. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais / FCSH / NOVA
Lanciani, Giulia & Tavani, Giuseppe (orgs. e coords.) (1993). Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho
Brea, Mercedes (coord.) (2000). Galicia. Literatura. Tomo XXX. A Idade Media. A Coruña: Hércules de Ediciones
Corral, Esther (coord.) (2010). Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Dias, Aida Fernanda (1998). História Crítica da Literatura Portuguesa. Idade Média. Volume I. Lisboa / São Paulo: Editorial Verbo
Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1953. Vigo: Galaxia
Lapa, Manuel Rodrigues (1955). Lições de Literatura Portuguesa. Época Medieval. Coimbra: Coimbra Editora
Buescu, Mª Leonor Carvalhão (1990). Literatura Portuguesa Medieval. Lisboa: Universidade Aberta
Oliveira, António Resende de (2001). O Trovador Galego-Português e o seu Mundo. Lisboa: Notícias Editorial
Oliveira, António Resende de (1995). Trobadores e Xograres. Contexto histórico. Vigo: Xerais
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-). Universo Cantigas <http://universocantigas.gal>. A Coruña: Universidade

Obras de lectura obrigada:

- Arias Freixedo, Xosé Bieito (2003).&nbsp;Antoloxía da lírica galego-portuguesa.&nbsp;Vigo: Xerais.

- Ferreiro, Manuel &amp; Martínez Pereiro, Carlos Paulo (1996).&nbsp;Cantigas de Santa María. Afonso X (Antoloxía).&nbsp;Vigo: A Nosa Terra &amp; AS-PG.

- Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1996).&nbsp;Prosa literaria medieval (Antoloxía).&nbsp;Vigo: A Nosa Terra &amp; AS-PG.

Bibliografía complementaria

Proporcionaranse outros recursos bibliográficos específicos e en liña para os temas tratados nesta materia a través do Campus Virtual.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías