Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
A28 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar el papel del género en la organización de la vida pública y de la vida privada a través de fuentes literarias. |
A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20
|
B3 B5 B7 B8 B10
|
C4 C6 C8
|
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C3 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos do estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. |
A1 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A27
|
B2 B3 B5 B7 B8 B10
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos dos procesos da creación literaria. |
A1 A2 A4 A10 A11 A14 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C3 C4 C6
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A11 A14 A15 A17 A19 A20 A23 A27 A28
|
B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C4 C6
|
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A4 A11 A14 A15
|
B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7
|
Realizar achegas creativas e orixinais na análise dos textos literarios, dos productos artísiticos e das realidades culturais. |
A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7
|
Saber realizar unha análise crítica da literatura e os discursos como un medio de construción da feminidade e da masculinidade, así como dos roles e estereotipos de xénero asociados a estas identidades nas diferentes épocas. |
A2 A4 A11 A14
|
B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C7
|
Saber empregar o xénero e a sexualidade como categorías de análise das representacións da subxectividade inscritas nos textos literarios. |
A2 A4 A11 A14 A15
|
B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Literatura e estudos de xénero
|
1.1. Introdución: A teoría feminista e a redefinición da realidade
1.2 O concepto de xénero e as achegas metodolóxicas dos estudos feministas.
|
2. Crítica literaria e pensamento feminista |
2.1. Nesgos de xénero no estudo da literatura
2.2. Canon e androcentrismo
2.3 Feminismos e crítica literaria |
3. Aproximación a textos literarios galegos desde unha perspectiva de xénero |
3.1. A obra de Rosalía de Castro: a construción da identidade fronte á norma
3.2. Imaxes de mulleres e discurso de xénero na narrativa de Ramón Otero Pedrayo e de Alfonso R. Castelao
3.3. Eduardo Blanco-Amor: unha reflexión sobre xéneros, identidades e estereotipos
3.4. Mª Xosé Queizán: cuestionamento de estereotipos e das identidades de xénero desde o discurso feminista
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A3 A7 A10 A11 A17 A19 A2 A4 A9 A14 A15 B2 B9 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C1 C4 C6 |
8 |
16 |
24 |
Lecturas |
A1 A18 A20 A23 A27 A28 B1 B5 B6 B8 B2 C3 C6 C4 C7 |
0 |
16 |
16 |
Discusión dirixida |
A2 A4 A14 A15 A1 A11 B3 B4 B5 B8 B10 B10 C4 C1 |
8 |
0 |
8 |
Actividades iniciais |
B8 B9 C1 |
1 |
0 |
1 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B3 B8 B5 C8 C7 C6 |
2 |
2 |
4 |
Proba de ensaio |
A17 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B5 B7 B1 B3 B6 B8 C1 C3 C6 C4 |
2 |
20 |
22 |
Solución de problemas |
A1 A10 A17 A2 A4 A9 A11 A15 B6 B3 B5 B8 C4 C1 |
2 |
14 |
16 |
Sesión maxistral |
A1 A7 A17 A19 A20 A27 A1 B5 B8 B9 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Como actividade derivada das sesións maxistrais, o alumnado terá que analizar textos (teóricos ou de creación) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.
|
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a realización dos traballos. |
Discusión dirixida |
Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
Actividades iniciais |
Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Proba de ensaio |
Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Esta actividade permite avaliar a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade da/do estudante. Implica, por tanto, un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Solución de problemas |
Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de actividades prácticas ou traballo tutelado sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar á docente nas datas marcadas.
|
Sesión maxistral |
Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Proba de ensaio |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Discusión dirixida |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados. De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega da proba de ensaio final.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A1 A3 A7 A10 A11 A17 A19 A2 A4 A9 A14 A15 B2 B9 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C3 C1 C4 C6 |
O alumnado terá que analizar en clase textos (teóricos o literarios) ou outro tipo de materiais (filmes, hipertextos, etc). Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial. |
15 |
Proba de ensaio |
A17 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B5 B7 B1 B3 B6 B8 C1 C3 C6 C4 |
Cada estudante terá que elaborar un breve ensaio sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxa orientación, dimensións e características formais seguirán as indicacións establecidas previamente pola profesora.
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor no desenvolvemento do tema seleccionado, así como a clareza expositiva e expresiva.
|
40 |
Discusión dirixida |
A2 A4 A14 A15 A1 A11 B3 B4 B5 B8 B10 B10 C4 C1 |
Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de cuestión e problemas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
|
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B3 B8 B5 C8 C7 C6 |
Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. |
5 |
Solución de problemas |
A1 A10 A17 A2 A4 A9 A11 A15 B6 B3 B5 B8 C4 C1 |
Actividades prácticas non presenciais que deberán ser entregadas nos prazos marcados.
Avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a aplicación dos contidos teóricos á práctica, para alén da corrección na análise e na expresión escrita. |
20 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación. 2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 2.1. Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar os exercicios escritos que non fosen avaliados positivamente e mais o traballo tutelado. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo. 2.2. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Análise de fontes documentais, Discusión dirixida e Participación en eventos científicos). Así, a valoración estará composta polo 50% das actividades englobadas no apartado "Solución de problemas" (que incluirá unha presentación oral) e o 50% da "Prueba de ensaio", que deberá ser tamén presentada de modo oral. A entrega dos traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía. 3. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Solución de problemas: 25% 2. Proba de ensaio: 50%, que incluirá unha presentación oral 3. Análise de fontes documentais: 25% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.
4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a de modo similar á segunda oportunidade (xullo). A valoración estará composta polo conxunto de actividades (50%) que se engloban na epígrafe de "Solución de problemas" (e que incluirá unha presentación oral) e o 50% da "Proba de ensaio", que deberá ser tamén presentada de modo oral. A entrega dos traballos, así como a realización das presentacións, terán lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía. 5. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
6. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA
O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel. 7. OUTRAS PRECISIÓNS Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Blanco, Carmen (1995). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
Martín, Sara (2007). "Los estudios de la masculinidad. Una mirada al hombre a partir del feminismo" en Meri Torras (ed.), Cuerpo e identidad I. Barcelona: Edicions UA
González Fernández, Helena (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Varela, Nuria (2005 ). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B Libro
Castro, Olga / Reimóndez, María (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Blanco, Carmen (1995 ). Literatura galega da muller. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar (2010 ). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo . Santiago: Sotelo Blanco |
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados.
|
Bibliografía complementaria
|
Fariña Busto, Mª Jesús / Suárez Briones, Beatriz / Martín Lucas, Mª Belén (eds.) (2005). Escribir en femenino. Poéticas e políticas . Barcelona: Icaria
Queizán, Mª Xosé (2008). Anti natura. Vigo: Xerais
García Negro, Mª Pilar ( 2001 ). Arredor de Castelao. Vigo: A Nosa Terra
Forcadela, Manuel / Noia, Camiño (coords.) (2011). Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais
Macedo, Ana G. / Amaral, Ana L. (orgs.) (2005). Dicionário da crítica feminista. Porto : Ediçoes Afrontamento
Rodríguez Sánchez, Francisco (1993). Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada. Vilaboa-Pontevedra: Ed. do Cumio
Pena Presas, Montse (2018). Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento
Beltrán, Elena et alii (eds) (2001). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza
González Fernández, Helena (2009). Género y nación : la construcción de un espacio literario . Barcelona: Icaria
Vilavedra, Dolores (1999 ). Historia da Literatura Galega . Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.) (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra
Amorós, Celia (coord.) (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas de la UCM /Dirección general de la Mujer
Bernárdez, Carlos L. / Insua, Emilio X. / Millán, Xosé M. / Rei. Manuel / Tato, Laura (2001). Literatura galega. Século XX. Vigo: A Nosa Terra
Blanco, Carme (1995 ). O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo. Vigo: Nigra
Moure, Teresa (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións . Vigo: Galaxia |
A profesora fornecerá ao longo do curso, a través da plataforma Moodle, material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada un dos temas obxecto de estudo nesta materia.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal
. |
|