Identifying Data | 2021/22 | ||||||
Subject (*) | Idioma Moderno: Francés | Code | 613G03016 | ||||
Study programme |
|
||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 6 | |||
Language |
|
||||||
Teaching method | Face-to-face | ||||||
Prerequisites | |||||||
Department | Letras |
||||||
Coordinador |
|
|
|||||
Lecturers |
|
|
|||||
Web | |||||||
General description |
A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a traves da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral). Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá conseguir consolidar as competencias do nivel A2 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa. |
||||||
Contingency plan |
1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente. 2. METODOLOXÍAS 2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN • ACTIVIDADES INICIAIS (non computa na avaliación) • LECTURAS (non computa na avaliación) • PROBA ORAL (computa na avaliación) 2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (computa na avaliación) • DISCUSIÓN DIRIXIDA (computa na avaliación) As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse dentro do posible os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes. As sesións virtuais levaranse a cabo en grupos reducidos para facilitar a interacción, e terán unha duración mínima de 30 minutos e máxima de 60 minutos. As actividades obrigatorias previstas, así como as voluntarias, entregaranse á profesora a través do correo electrónico. A profesora remitirá as actividades corrixidas e calificadas a cada estudante por correo electrónico. Ver o cómputo destas metodoloxías na avaliación no apartado Modificacións na avaliación. • PROBA OBXECTIVA: esta metodoloxía queda anulada e o seu cómputo na avaliación redistribuído. 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO CORREO ELECTRÓNICO; VIDEOCONFERENCIA E CHAT NA PLATAFORMA TEAMS: 4 horas semanais. Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada do profesorado ao estudantado; en caso contrario, adaptarase á disponibilidade do alumnado e do profesorado. Utilizarase a ferramenta que o profesorado considere máis axeitada ás necesidades do alumnado. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN 4.1. METODOLOXÍA, PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL E DESCRICIÓN • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: 50% da cualificación final. Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). • DISCUSIÓN DIRIXIDA: 25% da cualificación final Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). • PROBA ORAL: 25% da cualificación final Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado. 4.2. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN O sistema de avaliación é de aplicación tanto para o alumnado a tempo completo como para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA O profesorado da materia facilita a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |