Identifying Data | 2021/22 | ||||||
Subject (*) | Modern Language 2: Francés | Code | 613G03029 | ||||
Study programme |
|
||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Optional | 4.5 | |||
Language |
|
||||||
Teaching method | Face-to-face | ||||||
Prerequisites | |||||||
Department | Letras |
||||||
Coordinador |
|
|
|||||
Lecturers |
|
|
|||||
Web | |||||||
General description |
A materia ofrece formación teórica e práctica na descrición e no uso da lingua francesa, de maneira a garantir un dominio práctico da mesma. Estudiaranse os principais aspectos fonéticos, gramaticais, léxicos e funcionais da lingua francesa, exercitados a través da práctica harmónica das 4 principais destrezas comunicativas (comprensión lectora e oral, produción escrita e oral), insistindo especialmente na participación máis activa nas conversas, así como na corrección da pronuncia e da produción escrita. Unha vez cubertos os contidos da materia, o alumnado deberá ter perfectamente consolidadas as competencias do nivel A2+ e terse iniciado nas competencias propias da primeira etapa do nivel B1 segundo o especificado no Marco común europeo de referencia para as linguas do Consello de Europa. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe. |
||||||
Contingency plan |
1. MODIFICACIÓN DOS CONTIDOS Non se realizan modificacións nos contidos da materia. Só serán obxecto de avaliación os contidos impartidos e as destrezas exercitadas presencial e/ou virtualmente. Debido ao carácter cíclico e acumulativo da materia, ademáis dos propios desta, indirectamente tamén se avaliarán os contidos e destrezas correspondentes a niveis anteriores. 2. METODOLOXÍAS 2.1. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MANTEÑEN • ACTIVIDADES INICIAIS • LECTURAS 2.2. METODOLOXÍAS DOCENTES QUE SE MODIFICAN • PROBA OBXECTIVA Esta metodoloxía será anulada de non poderse realizar de xeito presencial a proba escrita. O seu cómputo na avaliación (45%) será redistribuído entre outras metodoloxías (ver apartado 4 deste plan de continxencia, Modificacións na avaliación). • PROBA ORAL De non poderse realizar de xeito presencial esta proba, realizarase a través de ferramentas virtuais e preferentemente en modalidade síncrona (excepcionalmente en modalidade asíncrona de existiren problemas graves de conexión). Mantense a porcentaxe fixada (15%) na avaliación final da materia. • SOLUCIÓN DE PROBLEMAS • DISCUSIÓN DIRIXIDA As sesións presenciais destas dúas metodoloxías serán sustituídas por sesións virtuais na plataforma Teams. Respetaranse os horarios da materia previstos pola facultade, e os cambios que deban realizarse terán que contar co coñecemento e co acordo de todas as persoas participantes, e en ningún caso poderán interferir co normal desenvolvemento doutras materias. O cómputo destas dúas metodoloxías na avaliación final (25% e 15%, respectivamente) será modificado de non poderse realizar a proba obxectiva escrita de xeito presencial (ver apartado 4 deste plan de continxencia, Modificacións da avaliación). 3. MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO Correo electrónico; videoconferencia e chat na plataforma Teams (utilizarase a ferramenta que a profesora considere máis axeitada ás necesidades do alumnado). Manterase, sempre que for posible, o horario de atención personalizada fixado pola profesora; en caso contrario, adaptarase en función da disponibilidade do alumnado. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN De non poderse realizar de xeito presencial a proba obxectiva escrita, o seu cómputo na avaliación da materia (45% da nota final) anúlase e redistribúese entre as metodoloxías Solución de problemas (+ 35%) e Discusión dirixida (+ 10%). Mantense a porcentaxe asignada á proba oral. Con estas modificacións, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual: Proba oral: 15% Solución de problemas: 60% Discusión dirixida: 25% Para a avaliación destas metodoloxías mantéñense as precisións e requisitos recollidos no apartado Observacións da avaliación da guía docente da materia. Estas modificacións da avaliación aplicaranse tanto á primeira como á segunda oportunidade. 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA A profesora da materia facilitará a través de Moodle referencias bibliográficas ou webgráficas alternativas segundo as necesidades do alumnado. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |