Competencias do título |
Código

Competencias do título

A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A12 |
Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Coñecemento xeral da historia da literatura inglesa.
Coñecemento dos principais movementos literarios.
Coñecemento da influencia entre Inglaterra e Irlanda e viceversa.
Coñecementos dos autores principales.
Coñecemento das obras máis importantes.
Coñecemento conxunto e razoado da importancia e das características fundamentais da literatura inglesa dos séculos XX e XXI.
Estratexias de análise na clase e pola conta do alumno.
Exposición de traballos relacionados cos temas.
Comentarios e estudos sobre obras e autores: estudo das técnicas de análise.
Desenvolver instrumentos para o estudo literario, histórico, etc.
Desenvolver técnicas de lectura e interpretación.
Desenvolver habitos de lectura como parte fundamental da construción integral do individuo. |
A1 A2 A6 A10 A11 A12 A14 A15 A16 A17

B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10

C2 C3 C5 C6

- Desenvolvemento dos hábitos de lectura, e de lectura crítica e analítica.Fomentar el interés por la literatura.
- Valoración duha obra literaria e da importancia dun autor nun contexto espacio-temporal.
- Desenvolvemento do traballo en equipa, colaboración e investigación.
- Desenvolvemento do traballo online e con novas tecnoloxias.
- Subliñara importancia das consultas e as titorías co profesor.

A1 A2 A3 A6 A8 A15 A16

B1 B2 B3 B5 B8 B9

C2 C3 C5 C6

Contidos |
Temas |
Subtemas |
Programa teórico e lecturas para analizar. |
Programa e lecturas propostas:
1.- O modernismo como movemento literario: poesía y novela. T.S. Eliot. James Joyce, etc.
2.- Virginia Woolf, D.H. Lawrence e George Orwell
3. - Da posguerra aos anos 70
4.- Fin de século e século XXI
LECTURAS OBLIGATORIAS QUE OS ALUMNOS HAN DE TER PREPARADAS PARA AS CLASES CANDO O SOLICITE O PROFESOR
Poesía:
T.S. Eliot, The Waste Land (1922) (Texto completo)
Escolma de poesía (se pode recoller en reprografía)
Novela:
James Joyce, Ulysses (primer capítulo)
Unha das seguintes novelas:
Virginia Woolf, To the Lighthouse
D.H. Lawrence, Lady Chatterley's Lover
Neil M. Gunn Butcher's Broom
George Orwell, 1984
Teatro (duas das seguintes obras):
Samuel Beckett, Waiting for Godot
Harold Pinter, The Caretaker
Tom Stoppard, Rosencratz and Guildenstern Are Dead
Shelagh Delaney A Taste of Honey
John Osborne Look Back in Anger
After the Windrush Generation:
BERNARDINE EVARISTO's Girl, Woman, Other (2019), novel.
WINSOME PINNOCK's Mules (1996), play.
LINTON KWESI-JOHNSON's "Inglan is a Bitch" and "Sonny's Lettah" (poems)
JACKIE KAY's "Things Fall Apart" (poem)
FRED D'AGUIAR'S "Mama Dot" (poem) and The Longest Memory (novel)
Novela
Unha das seguintes novelas:
Kazuo Ishiguro, Never Let Me Go,
Irvine Welsh, Trainspotting,
Janice Galloway, The Trick Is to Keep Breathing
Iain Banks The Wasp Factory
Anna Burns, The Milkman
Ian McEwan, Machines Like Me
Sally Rooney Conversations with Friends
Maggie O'Farrell, Hamnet
Cultura popular:
J.K. Rowling, Harry Potter and the Philosopher's Stone
Escolma letras cancións de David Bowie, Sex Pistols, The Clash, The Smiths, The Cure ... |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba mixta |
A1 |
2 |
0 |
2 |
Seminario |
A3 |
20 |
0 |
20 |
Análise de fontes documentais |
A2 A6 A8 A10 A12 |
14 |
20 |
34 |
Lecturas |
A11 A14 A15 |
0 |
43 |
43 |
Traballos tutelados |
B9 B10 C2 C3 C5 C6 |
0 |
30 |
30 |
Discusión dirixida |
A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 |
10 |
10 |
20 |

Atención personalizada |

1 |
0 |
1 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba mixta |
Exame final cun valor do 50 por cento da materia, no que se combinará unha parte teórica de preguntas curtas con outra práctica de ensaio longo e análise de texto, con referencia aos autores vistos en clase. |
Seminario |
Sesións teóricas de literatura. |
Análise de fontes documentais |
Exercicio que deben realizar os alumnos en grupos de actividade cooperativa sobre un aspecto da materia non visto especificamente na aula. Analise de ensaio ou paper especializado. |
Lecturas |
Leituras que deben realizar os alumnos pola súa conta durante el curso. |
Traballos tutelados |
Traballos recollidos na aula cada semana máis un traballo final de carácter estritamente individual. O plaxio anulará o traballo e computarase, neste 30 por cento, como 0,00. |
Discusión dirixida |
A participación e contribución aos debates prácticos na aula suporá un 20 por cento da nota final. |
Atención personalizada |
Metodoloxías

Traballos tutelados |

Descrición |
Los profesores orientarán a los alumnos durante la realización de este trabajo. |

Avaliación |
Metodoloxías

Competencias |
Descrición

Cualificación

Traballos tutelados |
B9 B10 C2 C3 C5 C6 |
Traballos diversos nos grupos de práctica de carácter semanal. Un traballo longo con presentación oral na clase. |
30 |
Proba mixta |
A1 |
Examen final teórico (modelo test) y con una parte práctica. |
50 |
Discusión dirixida |
A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 |
Debates e participación dos alumnos na aula. A non participación dun xeito continuado ou a resposta incorrecta tamén dun xeito continuado ás posibles cuestións, serán interpretadas como negativas nun 20 por cento da nota. Deste xeito, un alumno que non acade ningún punto nesta parte non poderá superar a nota de 8. |
20 |

Observacións avaliación |

OBSERVACIÓNS
MOI IMPORTANTES Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en
calquera das probas para que sexa tida en conta e sume co resto. Salvo a
participación en clase, a proba que non alcance a nota especificada en xuño
recuperarase en xullo, polo que a nota media da materia que apareza en xuño non
poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa
recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas até xullo. Os
alumnos que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "proba
mixta" (“test” (preguntas curtas), máis pregunta longa final, na que o
test computa o 60 por cento e a pregunta longa o 40 por cento), en calquera das
dúas oportunidades, e/ou aqueles alumnos/as cuxo traballo de curso (traballos e
participación) represente unha porcentaxe inferior ao 50 %, recibirán a
calificación de Non presentado (NP). Os/as alumnos/as que si realizasen a proba
mixta e non a superaran, recibirán a nota numérica correspondente, e a
cualificación de Suspenso.

A
oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, constará tamén dunha proba
escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da materia.
Esta proba computará como máximo o 50 por cento da nota final. O outro 50 % da
oportunidade de xullo obterase a través dos traballos puntuais que se
especificarán no seu momento e que ha de entregar o examinando (un traballo de
5-7 páxinas) a moi tardar 72 horas antes do día da celebración da proba mixta
ou obxectiva á que faciamos referencia. O profesorado reserva o dereito de
comprobar o nivel, veracidade e orixinalidade do traballo cunha breve proba
oral que, por regla xeral, se efectuará o mesmo día do exame.

Quien tenga concedida la dispensa académica, y como
establece la Normativa de permanencia de la universidad, será evaluado
siguiendo los criterios aplicables a la oportunidad de julio.Os alumnos matriculados a tempo parcial, que obtivesen unha 'Dispensa académica', deberán contactar cos profesores da materia sempre ao empezar o curso, en ningún caso mediado o ano, e, baixo ningún concepto ao final do mesmo.

Non se variarán as condicións de avaliación a aqueles alumnos que, con carácter xeral, non certificasen previamente a imposibilidade de asistir regularmente ás clases ou os que, no seu caso, optasen por solicitar dispénsaa académica. Os profesores planificarán en todos eses casos a adaptación curricular para eses alumnos, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades evaluativas que haxan de levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non poderían realizarse.

Os alumnos que sigan a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia. O profesor poderá arbitrar a non posibilidade de examinar na primeira oportunidade a un alumno sen dispensa que non alcanzase o 90 por cento de asistencia a clase.

Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase, nos que se comprobe e demostre por parte do profesor a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcialmente, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, sen posibilidade de que dita cualificación sexa modificada pola realización dunha proba idéntica en substitución da proba obxecto do plaxio.

Os alumnos que se presentan á convocatoria
adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a
oportunidade de xullo.

A avaliación dos traballos escritos de calquera tipo entenderase de acordo ao seguinte baremo.

Un ensaio correctamente escrito, pero sen profundidade de análise, contextualización e que demostre un adecuado e maduro coñecemento literario non poderá ser considerado aprobado.

a) Profundidade da análise, madurez e coherencia... 4 puntos

b) Compresión literaria e contextualización......... 3 puntos

c) Estilo, orixinalidade e creatividade............. 2 puntos

d) Corrección gramatical.............................1 punto

A lectura das obras non é computable na nota, senón que resulta conditio sine qua non para ser avaliado/a.
As probas orais desta materia redúcense á participación en clase e aos debates, no seu caso, que supoñen como máximo un 20 por cento da nota final. Non se realizará ningunha proba oral nin presentación oral nesta materia nin durante as clases nin ao final, nin individual nin colectiva. As probas fundamentais serán sempre escritas.

O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.

"Turnitin
é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar
porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa
procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio.

O seu uso é opcional, pero
deberá advertirse ao estudantado na guía docente xa que pode recoñecer
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso do mesmo estudante.

Se esta circunstancia
acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e
aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de
reclamaciones avaliación."

Fontes de información |
Bibliografía básica

Michael Alexander, A History of English Literature (2000) Anthony Burgess, English Literature (repr. 1993) The Oxford Companion to Twentieth-Century Literature in English (1996) Paul Poplawski (Gen. Edit.), English Literature in Context (2008) Lecturas obligatorias: Ver obras en sección "Contidos" |
Bibliografía complementaria

Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |

Materias que continúan o temario |

Observacións |

La lectura de las obras, que debe ser previa a las clases, es fundamental para esta asignatura. Recomendase a aprendizaxe autónoma, pois os alumnos deberán preparar pola súa conta os textos das actividades prácticas para traballar despois na clase. |