Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Idioma Moderno 3: Italiano Código 613G03056
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Italiano
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Tucci , Emiliana
Correo electrónico
emiliana.tucci@udc.es
Profesorado
Tucci , Emiliana
Correo electrónico
emiliana.tucci@udc.es
Web
Descrición xeral Consolidar os coñecimentos prácticos e teóricos adquiridos no nivel anterior, engadindo instrumentos que lle permitan ao alumno construir enunciados algo máis complexos tanto no nivel escrito coma no oral.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificación dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de as aulas se suspenderen, avisarase o alumnado das posíbeis mudanzas relativas ás metodoloxías docentes.

*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de as aulas se suspenderen, avisarase o alumnado das posíbeis mudanzas relativas ás metodoloxías docentes.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías mantense no horario normal e realizaranse por correo electrónico ou por Teams, segundo as posibilidades do estudantado.

4. Modificacións na avaliación
-Actividades iniciais 20%. Exercicios en formato Word que se entregarán por correo electrónico. Non se aceptarán outros formatos.
-Proba mixta 35%. Exame escrito: enviarase o exame por Campus Virtual o día marcado para a proba.
-Proba oral 20%. Exame oral: enviaranse unha serie de preguntas por Campus Virtual ás cales se terán que responder cunha gravación ou farase vía Teams.
-Presentación oral 20%. Presentación que se enviará por correo electrónico a través dunha gravación.
-Sesión maxistral 5%. Asistencia e participación activa nas aulas. No caso de ter aulas por Teams, ou farase un control na plataforma ou, de non ser posíbel, asignarase o 5% a outra actividade.

*Observacións de avaliación:
Os prazos de entrega das actividades e dos exames comunicaranse a través de Campus Virtual con antecedencia suficiente tanto na primeira como na segunda oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Os/as alumnos/as que cursen satisfactoriamente esta materia han de ser capaces de comprender a lingua italiana nun 100 % e de expresarse nun nivel lingüístico medio-alto.

Contidos
Temas Subtemas
1. Tempi verbali. 1.1 Ripasso dei tempi verbali studiati in precedenza.
1.2 Il congiuntivo.
1.3 Il condizionale.
2. La subordinazione. 2.1 La subordinata temporale.
2.2 La subordinata causale.
2.3 La subordinata finale.
2.4 La subordinata modale.
2.5 La subordinata consecutiva.
3. La voce passiva. 3.1 Uso e costruzione della voce passiva.
4. I pronomi relativi. 4.1. Studio ed uso dei pronomi relativi.
5. Lingua e cultura. Approfondimenti di cultura, musica e stili di vita italiani. 5.1 La musica.
5.2 La letteratura italiana.
5.3 Cenni di storia italiana.
5.4 I dialetti italiani.
5.5 L'arte in Italia.
6. La lingua italiana nella vita di tutti i giorni. 6.1 Le festività.
6.2 Le fasi della vita.
6.3 Gli animali e la natura.
7. L'uso dei social network. 7.1. Uso del social network comune a tutti gli studenti (Facebook, Twitter, Instagram) per migliorare alcune competenze linguistiche. L'attività è facoltativa.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba oral A15 B1 B3 C5 C6 C8 0.5 3 3.5
Presentación oral A15 B3 B6 C2 C5 0.5 3 3.5
Prácticas a través de TIC C8 1 0 1
Discusión dirixida A15 B1 B3 C6 6 6 12
Lecturas A15 B3 B6 1 10 11
Sesión maxistral C7 C8 16 16 32
Proba mixta A15 4 28 32
Actividades iniciais B1 C6 10 5 15
 
Atención personalizada 2.5 0 2.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba oral Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumno no coñecemento e a competencia da lingua falada
Presentación oral Exposición na aula dun tema proposto de antemán polo profesor.
Prácticas a través de TIC Prácticas a través de TIC para o coñecemento e o uso dos recursos da bibliografía e dos programas relacionados coa materia.
Discusión dirixida Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, seguindo para iso as pautas marcadas previamente polo profesor.
Lecturas Realización de lecturas fose e dentro da aula.
Sesión maxistral Clases de carácter teórico e práctico impartidas polo profesor sobre os contidos da materia.
Proba mixta Proba con preguntas de diversa índole que permite avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas polo alumno nas diferentes destrezas.
Actividades iniciais Contan como actividades iniciais participación na aula (audicións, lecturas, comprensión oral...), exescizos en casa e nas aulas e a participación nas actividades programadas relacionadas coa materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Discusión dirixida
Descrición
A aprendizaxe colaborativa, a discusión dirixida, e as prácticas de laboratorio así como a exposición oral dirixida realizaranse dentro da aula. Deste xeito esta metodoloxía permite que o tempo de atención divídase entre todos os/as alumnos/as. A proba oral será individual. Así mesmo, levarán a cabo sesións de titorías de carácter individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Actividades iniciais B1 C6 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas 35
Proba oral A15 B1 B3 C5 C6 C8 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua 20
Presentación oral A15 B3 B6 C2 C5 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación, como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
Sesión maxistral C7 C8 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10 %. 5
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, o/a alumno/a ten que cumprir as seguintes
condicións: aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos
a metade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as
actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado o alumnado
que non se presente ás Probas mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse
até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da
clase (poden ser unha o máis semanas, segundo a cantidade de alumnos/as. Neste
caso realizarase a proba en orde alfabética). Estas datas poden variar. Faranse
oficiais nas aulas. Na segunda oportunidade se o/a alumno/a aprobou o conxunto
das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os
exercicios poderán entregarse até o día do exame. Non se aceptarán exercicios
fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame. Se o/a estudante
non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de
xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demais actividades tamén terá
que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos
e as diferentes actividades da avaliación.

O estudantado
con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberá presentarse ao
comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir
avaliación continua ao longo de todo o curso. Terá que examinarse nas datas
oficiais como o resto dos/das alumnos/as e entregar ou realizar o resto das
actividades nunha data a convir coa profesora.

Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).


Fontes de información
Bibliografía básica Carrera Díaz, M. (1994). curso de lengua italiana. Barcelona: Ariel
Londero, Eleanor (1999). diccionario Español-Italiano Italiano-Spagnolo. . Barcelona, Collins Grjalbo
Renzi, Lorenzo (1998). Grande grammatica italiana di consultazione.. Il Mulino
Arbia, M.T. (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona: Difusión
Nocchi, Susanna (2011). Nuova grammatica pratica della lingua italiana . Hueber, Alma Edizioni

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma Moderno: Italiano/613G03050
Idioma Moderno 2: Italiano/613G03053

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Idioma Moderno 4: Italiano/613G03059

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías