Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Control Estatístico da Calidade Código 614493114
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Profesorado
Naya Fernandez, Salvador
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
salvador.naya@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral O control estatístico da calidade e a rama da estatística tradicionalmente ligada á industria e á empresa que inclúe todas as técnicas e metodoloxías estatísticas desenvolvidas para o mantemento e mellora da calidade dos procesos que dan lugar aos productos e servizos. Entre as técnicas máis utilizadas, destacan os gráficos de control, a análise de capacidade de procesos e todas aquelas ferramentas relacionadas co deseño de experimentos e os modelos de fiabilidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos:
Non se modificarán os contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
As metodoloxías docentes expostas nesta guía utilizaranse independentemente do grao de presencialidade baixo o que se imparta a materia, entendendo clases presenciais aquelas realizadas desde a aula de videoconferencia.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica ningunha metodoloxía docente.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Microsoft Teams e correo electrónico.
Temporalización: Microsoft Teams utilizarase en horario de clases, ademais de en horario de titorías. O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral.
4. Modificacións na avaliación:
Así mesmo, o procedemento de avaliación de CEC tampouco necesitará ningún tipo de modificación, tendo en conta que xa se proporciona a alternativa de que se realice na súa totalidade a partir da entrega de traballos por parte dos alumnos.
*Observacións de avaliación:
Solicitarase a entrega de dous traballos prácticos relacionados coa aplicación de ferramentas do Control Estatístico da Calidade a datos reais ou simulados mediante o software estatístico R (a avaliación destes traballos se corresponderá cun 60% da nota global), seguindo as metodoloxías impartidas nas clases prácticas a través de TIC. O outro 40% da cualificación global corresponderase co exame final da materia (realizaríase mediante medios telemáticos en modo síncrono), proba tipo test de entre 15 e 20 preguntas. Alternativamente ao exame, o alumno poderá ser avaliado do outro 40% da cualificación global mediante a entrega dun traballo final que poderá ser (1) de revisión e ampliación dos diversos temas impartidos na materia, ou (2) de programación en R de algunha metodoloxía do Control Estatístico da Calidade, ou (3) da aplicación práctica dos coñecementos impartidos a un caso de estudo real ou simulado, ou mesmo (4) un traballo de análise de bibliografía (artigos de referencia relacionados coa materia) ou software vinculado a este eido da estatística.
Segunda oportunidade: Aplicarase o mesmo procedemento de avaliación que na primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos do control estatístico da calidade. AM16
AM18
AM19
AM20
AM21
AM23
AM25
BP1
BP3
BP5
BP17
BP18
BP20
CP11
CP13
CP14
Saber comunicar os resultados propios do control estatístico da calidad ao público non especializado en contextos empresariais. BP4
BP19
CP15
Coñecer o software específico para o control estatístico da calidade e ser autónomo no seu manexo. AM17
BP2
BP21
CP12

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ao control da calidade. a) Breve reseña histórica do control de calidade.
b) Estado da arte e novos retos.
c) O control de calidade na era do Big Data e da Industria 4.0.
d) Presentación e motivación de problemas reais do control estatístico de procesos.
e) Introducción á Metodoloxía Seis Sigma.
2. Conceptos básicos do control estatístico da calidade. a) Causas asignables e non asignables.
b) As sete ferramentas de Isikawa.
c) A filosofía de Deming e Juran nol aseguramento da calidade.
d) Metroloxía e control estatístico de procesos.
3. Métodos e filosofía dos gráficos de control. a) Gráficos de control e contraste de hipótese.
b) Riscos do vendedor e comprador.
c) Subgrupos racionais.
d) Análise de patróns nun gráfico de control.
4. O control de fabricación por variables. a) Límites de tolerancia e capacidade do proceso.
b) Gráficos tipo Shewhart por variables.
c) Curva característica de operación (OC) e lonxitude media de racha (ARL) no control por variables.
d) Optimización de gráficos de control.
e) Exercicios.
5. Control de fabricación por atributos. a) O control de fabricación para a fracción de disconformes.
b) Gráficos np e p. Gráficos de control c e u.
c) Curvas características no control por atributos.
d) Selección entre control por variables e atributos.
e) Ejercicios.
6. Análise da capacidad dun proceso. a) Estudo da capacidade mediante histogramas e gráficos de control.
b) Determinación dos límites naturais de tolerancia e a súa repercusión na capacidade.
c) Índices básicos de capacidade e estudo comparativo.
d) Exercicios.
7. Outros gráficos de Control univariantes. a) Gráficos CUSUM.
b) Gráficos de control de Medias ponderadas (EWMA).
c) Alternativas estatísticas aos gráficos de control. Filosofía del Control Enxeñeril de Procesos e do Precontrol.

8. Gráficos de Control multivariantes. a) Descripción dun problema de control multivariante de procesos.
b) Os gráficos T2 de Hotelling.
c) Gráfico MEWMA multivariante.
d) Uso de técnicas alternativas multivariantes: componentes principais e gráficos non paramétricos basados en “data depth”.
e) Exercicios.
9. Control de recepción. a) Fundamentos estatísticos dos plans de muestreo.
b) Plan de muestreo por atributos.
c) Plan de muestreo por variables.
d) Controles secuenciais.
e) Curva característica para un plan de muestreo.
f) Nivel de calidade aceptable e Calidade media de salida.
g) As normas MIL-STD-105 e MIL-STD-414 e as suas correspondentes extensións (ANSI/ASQC/ISO).
h) Exercicios.
10. Introdución á fiabilidade industrial. a) Relación entre fiabilidade e calidade.
b) Tipo de datos e modelos para a fiabilidade industrial.
c) Probas de vida aceleradas (AFT) e Modelos para degradación.
11. Deseño de experimentos para a mellora da calidade e da fiabilidade. a) Deseños factoriais e superficies de resposta.
b) Exemplos de aplicación de deseños usados no control de procesos.
c) Exercicios e casos prácticos.
12. Software para calidade e fiabilidade. a) A librería qcr de R para control de calidade.
b) Outras librerías de R para calidad e fiabilidade.
c) Librería ILS e deseños interlaboratorio para o Control de Calidade
c) Exemplos prácticos e prácticas co paquete ILS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A17 A21 A23 A25 B2 B21 C12 C13 C14 C15 7 10.5 17.5
Proba obxectiva B2 B3 B17 2 0 2
Sesión maxistral A16 A18 A19 A20 A21 A23 A25 B1 B3 B17 B20 C11 20 56.5 76.5
Seminario A17 A20 B18 B19 4 10.5 14.5
Traballos tutelados B3 B4 B5 B18 B19 1 12.5 13.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas de prácticas mediante ferramentas informáticas, onde os docentes apoiarán e supervisarán a posta en práctica dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado. Empregaranse distintos paquetes estatísticos que o estudante deberá coñecer e manexar (principalmente pertencentes ao software estatístico R) para a súa correcta aplicación no control estatístico da calidade.
Proba obxectiva Se realizará por medio dunha proba escrita tipo test sobre conceptos básicos estudados no curso. Esta proba puntuará un 40% da nota final.
Sesión maxistral Sesións expositivas, nas que os presentarán conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado. A maioría dos temas serán expostos mediante lección maxistral. O alumno terá acceso as presentacións na Web do mestrado.
Seminario Clases prácticas con exercicios e/ou titorías en grupo para resolver as dúbidas que poidan xurdir no desenvolvemento da docencia e que non fosen resoltas nas restantes sesións presenciais.
Traballos tutelados Actividades de aprendizaxe autónoma, nas que os docentes guiarán a realización de traballos individuais por parte do alumnado. En casos excepcionais, debido á dificultade e interdisciplinaridade da tarefa, esta aprendizaxe poderá ser colaborativa, polo que os docentes coordinarán a realización do traballo en grupo.
Aqueles alumnos que desexen presentar un traballo tutelado relacionado con esta materia, se lles proporcionará un tema específico e o seu correspondente asesoramento. Se dá tamén a posibilidade de que os alumnos propoñan un tema aos docentes da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Prácticas a través de TIC
Descrición
Nas clases maxistrais se fomentará en todo momento o debate entre os alumnos e entre los alumnos e o profesor. Para a resolución de problemas será importante atender personalmente aos alumnos ante as posibles dúbidas que poidan xurdir. Esta atención servirá tamén, por unha parte, ao profesor para detectar posibles problemas na metodoloxía utilizada para impartir a asignatura e, por outra, aos alumnos para consolidar coñecementos teóricos e para expresar as suas inquedanzas acerca da asignatura. Será tamén fundamental a atención personalizada ao estudante durante as clases de prácticas de laboratorio, sobre todo ata que non se familiarice co software estatístico a utilizar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B3 B17 Se propondrá unha proba escrita tipo test sobre conceptos básicos estudados no curso. 40
Prácticas a través de TIC A17 A21 A23 A25 B2 B21 C12 C13 C14 C15 Realizaranse prácticas con paquetes estatisticos. 60
 
Observacións avaliación


Primeira oportunidade:


Solicitarase a entrega de dous traballos relacionados coa aplicación de ferramentas con Control Estatístico de Calidade a datos reais ou simulados mediante o software estatístico R (a avaliación destes traballos se corresponderá cun 60% da nota global), seguindo as metodoloxías impartidas nas clases prácticas a través de TIC. O outro 40% da calificación global será avaliado mediante a entrega dun traballo final que poderá ser (1) de revisión e ampliación dos diversos temas impartidos na materia, ou (2) de programación en R de algunha metodoloxía do Control Estatístico da Calidade, ou (3) da aplicación práctica dos coñecementos impartidos a un caso de estudo real ou simulado, ou mesmo (4) un traballo de análise de bibliografía (artigos de referencia relacionados coa materia) ou software vinculado a este eido da estatística. O alumno que non presente o traballo anteriormente mencionado, poderá, alternativamente, presentarse ao examen final (proba tipo test de entre 15 e 20 preguntas).

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir ás clases, será avaliado nas dúas oportunidades como o resto de alumnado que se atopa nunha situación similar. 


Segunda oportunidade:

Se aplicará o mesmo procedemento de avaliación que na primeira oportunidade.




Fontes de información
Bibliografía básica GE, Zhiqiang; SONG, Zhihuan. (2012). Multivariate statistical process control: Process monitoring methods and applications.. Springer Science & Business Media.
Meeker W. y Escobar L. ( 1998). Statistical Methods for Reliability Data. . Wiley & Sons.
Carot V. (1998). Control estadístico de la Calidad. . Edita Universidad Politécnica de Valencia
Montgomery D. (2009). Introduction to Statistical Quality Control. . Wiley & Sons
ILS paquete de R (2016). Librería ILS. https://cran.r-project.org/web/packages/ILS/ILS.pdf
Juran J. y Godfrey B. (2001). Manual de Calidad (tomos I y II).. McGrawHill.
Cano, E. L., Moguerza, J. M., & Redchuk, A. (2012). Six sigma with R: statistical engineering for process improvement (Vol. 36). . Springer Science & Business Media
Box, G.E.P. y Luceño A. (1997). Statistical Control by Monitoring and Feedback Adjustment.. Wiley. New York.
Flores, M., Fernández-Casal, R., Naya, S., & Tarrío-Saavedra, J. (2021). Statistical Quality Control with the qcr Package. The R Journal

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelos de Probabilidade/614493001
Estatística Aplicada/614493002
Análise Exploratoria de Datos/614493004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise Multivariante/614493012
Series de Tempo/614493123

Materias que continúan o temario

Observacións

O desenvolvemento dos contidos da materia realizarase tendo en conta que as competencias a adquirir polo alumnado deben cumprir co nivel MECES3. Neste sentido, todos os contidos da materia estudaranse dunha maneira exhaustiva, presentando todas as ferramentas estatísticas para o control estatístico da calidade de maneira rigorosa, incluíndo aquelas técnicas multivariantes e funcionais que representan as novas tendencias neste ámbito, de aplicación para a resolución de problemas no marco da Industria 4.0. 

Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o indicado nas respectivas normativas das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas.

Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías