Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A7 |
Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente. |
A10 |
Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpra os estándares e as normativas vixentes. |
A11 |
Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas. |
A24 |
Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional. |
A37 |
Capacidade para analizar, avaliar, seleccionar e configurar plataformas hárdware para o desenvolvemento e execución de aplicacións e servizos informáticos. |
A38 |
Capacidade para deseñar, despregar, administrar e xestionar redes de computadores. |
A47 |
Capacidade para determinar os requisitos dos sistemas de información e comunicación dunha organización de acordo cos aspectos de seguridade e cumprimento da normativa e a lexislación vixente. |
A48 |
Capacidade para participar activamente na especificación, deseño, implementación e mantemento dos sistemas de información e comunicación. |
A53 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hárdware, sóftware e redes dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados. |
A55 |
Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestruturas de comunicacións nunha organización. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e saber aplicar a normativa e lexislación vixente relativa aos sistemas informáticos. Elaboración de pregos administrativos e técnicos para a adquisición de equipamento informático.
|
A7 A10 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Administración, mantemento e operación de sistemas e redes de comunicacións. |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Deseño e dimensionado do hardware e equipamento necesario nun centro de proceso de datos |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55
|
B1 B3
|
C2 C3 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Representación de sinais no dominio do tempo |
Concepto de sinal
Sinais básicas
Sinais senoidais
Operacións básicas con sinais
Convolución
|
Representación de sinais no dominio da frecuencia |
Concepto de Transformada de Fourier
Propiedades da Transformada de Fourier
Modulación e multiplexación
Filtrado |
Sistemas de comunicación |
Dixitalización
Sistemas de comunicación dixital |
Sistema de Xestión de Seguridad da Información |
Auditoría de seguridade da información
Sistema de Xestión da Seguridade da Información (SXSI)
ISO 27001
ISO 27002 |
Xestión de infraestructura de cliente |
Administración de equipos cliente: centralizado/distribuido
Arranque remoto: estándares e métodos de transmisión
Técnicas de clonación a través da rede de datos
|
Organización e operación do CPD |
Organigrama dun CPD
Funcións e competencias do persoal
Xestión de incidencias internas i externas (ITIL)
Documentación
Tratamento de residuos informáticos |
Deseño e implantación dun centro de proceso de datos |
Deseño de un CDP (ANSI/TIA 942).
Tecnoloxías de redes de área local (LAN)
Redes de almacenamento (SAN)
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
30 |
40 |
70 |
Proba obxectiva |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
30 |
40 |
70 |
|
Atención personalizada |
|
7 |
0 |
7 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán profundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da xestión de infraestruturas. As prácticas estarán prantexadas de maneira que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, propoñeranse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de maneira opcional. |
Proba obxectiva |
Proba ao final do cuadrimestre.
|
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
Recomendarase aos estudantes que asistan á titoría como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e verificar o traballo que os estudantes están a realizar segundo as indicacións que se prestan, dependendo da práctica específica de que se trate.
Como ferramentas telemáticas para a atención en liña personalizada utilizaranse as facilitadas pola Universidade da Coruña. Ferramenta de correo electrónico, ferramenta de teleformación (moodle) e videoconferencia e ferramenta de traballo en equipo (equipos). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
[Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 3 serán avaliada cunha proba escrita que terá un peso de 1 punto. Na primeira oportunidade, a proba farase durante a última clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será a fixada no calendario.
[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1 punto e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do profesor, xa sexa de forma presencial ou telemáticamente. Na segunda oportunidade, a data de defensa non poderá ser posterior á proba de teoría e a forma de defensa será a mesma que para a primeira oportunidade. |
20 |
Proba obxectiva |
A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 |
Proba escrita, que se celebrará na data fixada no calendario. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas.
Esta proba terá un peso de 4 puntos para cada módulo. |
80 |
|
Observacións avaliación |
A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva). Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4.0 puntos. Tanto na primeira oportunidade como na segunda, o estudante poderá examinarse nas prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva. Na segunda oportunidade, poderán presentarse os estudantes que obtiveron a cualificación de SUSPENSO na primera oportunidade. Convocatorias extraordinarias: Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos Estudantes con matrícula a tempo parcial: Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J. Kurose, K. Ross (2017). Computer Networking: A Top-Down Approach. Pearson Education Limited
Maurizio Portolani (2003). Data Center Fundamentals. CiscoPress
Charles E. Spurgeon (2000). Ethernet: The Definitive Guide. O'Reilly
Brady Orand (2009). Foundations of IT Service management with ITIL 2011. CreateSpace Independent Publishing Platform
Luis Gómez, Ana Andrés (2012). Guía de aplicación de la Norma UNE-ISO/IEC 27001 sobre seguridad en sistemas de información para pymes. AENOR
Nextel S.A. (2012). ISO/IEC 20000 para pymes. Cómo implantar un sistema de gestión de los servicios de tecnologías de la información. AENOR
Varios (2011). IT Infrastructure Library (serie de 5 libros). The Stationery Office
C. M. Fernández, M. Piattini (2012). Modelo para el gobierno de las TIC basado en las normas ISO. AENOR
Christian F Nissen (2012). Passing Your ITIL Foundation Exam. The Stationery Office
A. V. Oppenheim, A. S. Willsky (1997). Signals and Systems. Prentice-Hall |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Tecnoloxía Electrónica/614G01005 | Bases de Datos/614G01013 | Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Internet e sistemas distribuidos/614G01023 | Lexislación e Seguridade Informática/614G01024 |
|
Materias que continúan o temario |
Dispositivos Hardware e Interfaces/614G01032 | Software de Comunicacións/614G01034 | Procesamento Dixital da Información/614G01035 | Redes Móbiles e Sen Fíos/614G01061 | Administración de Redes/614G01213 |
|
|