Identifying Data | 2021/22 | ||||||||||||||||||||||||||||||
Subject (*) | Work Placement | Code | 614G01123 | ||||||||||||||||||||||||||||
Study programme |
|
||||||||||||||||||||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||||||||||||||||||||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Fourth | Optional | 12 | |||||||||||||||||||||||||||
Language |
|
||||||||||||||||||||||||||||||
Teaching method | Face-to-face | ||||||||||||||||||||||||||||||
Prerequisites | |||||||||||||||||||||||||||||||
Department | Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación Electrónica e Sistemas Enxeñaría de Computadores Matemáticas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións |
||||||||||||||||||||||||||||||
Coordinador |
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||
Lecturers |
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||
Web | |||||||||||||||||||||||||||||||
General description |
A materia de PE é unha materia optativa do cuarto curso que se pode cursar no primeiro ou no segundo cuadrimestre, con 12 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estancias nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares. O desenvolvemento dunha PE implica: 1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que podan desenvolverse mediante a materia de PE. 2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inicianse desde finais do curso previo. 3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un estudante. 4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor profesional do estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas. 5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor académico que supervisará que o estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor profesional e do estudante, e que avaliará o realizado polo estudante. 6) A definición dun plan de formación onde os titores da PE definan o alcance do traballo a realizar polo estudante. A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE. Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC: 1) Que o estudante superase a metade dos créditos do grao. 2) Que superase todas as de formación básica (primeiro curso). 3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do se expediente se atope entre o número de alumnos permitido para cada cuadrimestre. Este límite ven marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor académico consume 2 horas de POD por cada alumno titorizado. |
||||||||||||||||||||||||||||||
Contingency plan |
1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións nos contidos, xa que os estudantes deben incorporarse a unha empresa e participar nas súas actividades. No caso de que a empresa decida que o traballo debe realizarse e supervisarse de maneira online, os alumnos deberán adaptarse. Se a empresa decide paralizar as prácticas, os alumnos deberán acollerse a algunha das medidas qeu estableza a UDC para dita situación. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Sen cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os titores académicos poderán realizar a atención personaliza a través das canles telemáticas que a UDC pon á súa disposición: correo electrónico, Teams, Moodle... 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non procede. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |