Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A21 |
CE21 - Coñecemento da representación de sinais e sistemas nos dominios do tempo e a frecuencia, tanto en tempo continuo como en tempo discreto. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B7 |
CG2 - Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables. |
B8 |
CG3 - Ser capaz de manter e estender formulacións teóricas fundadas para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo. |
B9 |
CG4 - Capacidade para abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de datos: exploración previa dos datos, preprocesado, análise, visualización e comunicación de resultados. |
B10 |
CG5 - Ser capaz de traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións. |
C1 |
CT1 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os fundamentos da representación de sinais e sistemas no dominio do tempo nas súas dúas versións tempo continuo e tempo discreto. |
A21
|
B2 B3 B7 B8 B9 B10
|
C1
|
Aprender a representación de sinais e sistemas no dominio da frecuencia mediante a Transformada de Fourier, tanto en tempo continuo como discreto. |
A21
|
B2 B3 B7 B8 B9 B10
|
C1
|
Aprender o concepto de ancho de banda e o seu impacto na ciencia e enxeñaría de datos |
A21
|
B2 B3 B7 B8 B9 B10
|
C1
|
Coñecer a operación de mostraxe en tempo de sinais analóxicos e o teorema de mostraxe. |
A21
|
B2 B3 B7 B8 B9 B10
|
C1
|
Examinar a operación de mostraxe en frecuencia e aprender o concepto de Discrete Fourier Transform (DFT) |
A21
|
B2 B3 B7 B8 B9 B10
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Introducción |
Introdución aos conceptos de sinal e sistema
Números complexos |
Tema 2: Representación de sinais no dominio do tempo |
Sinais en tempo continuo
Sinais en tempo discreto |
Tema 3: Sinais senoidales |
Sinais senoidales en tempo continuo
Sinais senoidales en tempo discreta
Mostraxe de sinais senoidales |
Tema 4: Representación de sistemas no dominio do tempo |
Sistemas en tempo continuo e en tempo discreto. Propiedades
Sistemas LTI en tempo discreto: suma de convolución
Sistemas LTI en tempo continuo: integral de convolución |
Tema 5: Análise en frecuencia de sinais e sistemas en tempo continuo |
Resposta en frecuencia de sistemas LTI en tempo continuo
Transformada de Fourier de sinais en tempo continuo
Propiedades |
Tema 6: Análise en frecuencia de sinais e sistemas en tempo discreto |
Transformada de Fourier de sinais en tempo discreto.
A Discrete Fourier Transform (DFT) e a Fast Fourier Transform (FFT)
|
Tema 7: Mostraxe |
Mostraxe de sinais en tempo continuo.
Reconstrución e teorema de Mostraxe.
Conversión A/D e D/A. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A21 B8 |
30 |
20 |
50 |
Prácticas a través de TIC |
B2 B9 B10 C1 |
14 |
28 |
42 |
Solución de problemas |
A21 B3 B7 |
14 |
28 |
42 |
Proba obxectiva |
A21 B2 B3 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (notas, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algún tema puntual con maior profundidade. |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o alumno verá o funcionamento na práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor que lle permitirán profundar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos de sinais e sistemas. As prácticas estarán expostas de forma que faciliten a súa realización semi-presencial a aqueles alumnos que non poidan acudir ás sesións presenciais. |
Solución de problemas |
Resolución de exercicios para consolidar os conceptos de sinais e sistemas expostos nas sesións maxistrais. |
Proba obxectiva |
Proba obxectiva con preguntas de teoría e de solución de problemas, en liña cos contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas relacionadas cos contidos explicados durante as clases nas súas diferentes modalidades: sesión maxistral, prácticas a través do TIC e solución de problemas.
As tutorías realizaranse de forma presencial ou a través de Teams (chat e/ou videocnferencia) segundo preferencia do alumno. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
B2 B9 B10 C1 |
Avaliación continua do traballo do alumno a través de cuestionarios sobre as prácticas realizadas. |
20 |
Proba obxectiva |
A21 B2 B3 |
Proba escrita consistente na resolución de exercicios relacionados co contido da materia. |
80 |
|
Observacións avaliación |
De cara á súa avaliación, a materia vaise a dividir en dous módulos: Módulo 1 (temas 2, 3 e 4) e Módulo 2 (temas 5, 6 e 7)
Cada módulo avaliarase sobre 10 puntos. A cualificación será resultado da suma das cualificacións relativas á avaliación continua das prácticas (20%) e unha proba obxectiva (80%). Cando a suma sexa igual ou maior que 5.0, o módulo considerarase superado.
Haberá unha proba obxectiva relativa ao módulo 1 nunha data a determinar tras a finalización do tema 4 que permitirá a superación do módulo 1.
Na data fixada pola FIC para o exame da 1ª oportunidade (xaneiro 2022), haberá unha proba obxectiva para cada módulo. Non estarán obrigados a realizar a proba do módulo 1 quen xa o superaron (aínda que poden facelo para mellorar a súa cualificación).
Superarán a materia na 1ª oportunidade quen superasen os dous módulos. A cualificación será a media aritmética das cualificacións obtidas nos dous módulos.
Na data fixada pola FIC para o exame da 2ª oportunidade (xuño/xullo 2022), haberá de novo unha proba obxectiva para cada módulo. Non estarán obrigados a realizar a proba dun dos módulos quen xa o superaron na 1ª oportunidade (aínda que pode facelo para mellorar a súa cualificación).
Superarán a materia na 2ª oportunidade quen superasen os dous módulos. A cualificación será a media aritmética das cualificacións obtidas nos dous módulos.
Alumnado matriculado a tempo parcial: non está obrigado a realizar a avaliación continua relativa ás prácticas. A avaliación realizarase mediante as probas obxectivas (100%). Cando a cualificación dun módulo sexa igual ou superior a 5.0, o módulo considerarase superado. Cando se superaron os dous módulos, a cualificación será a media aritmética.
A realización fraudulenta dalgunha proba ou actividade de avaliación implicará directamente a cualificación de supenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así mesmo as cualificacións obtidas en todas as actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
B. P. Lathi, R. Green (2017). Linear Systems and Signals, 3rd Edition. Oxford University Press
V. Oppenheim, A. S. Willsky, S. Hamid (1997). Signals and Systems, 2nd Edition. Pearson |
|
Bibliografía complementaria
|
John G. Proakis, Dimitris K. Manolakis (2007). Digital Signal Processing, 4th Edition. Pearson
A. V. Oppenheim, R. W. Schafer (2010). Discrete-Time Signal Processing, 3rd Edition. Pearson
Edward W. Kamen, Bonnie S. Heck (2007). Fundamentals of Signals and Systems Using the Web and MATLAB, 3rd Edition. Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Álxebra Lineal/614G02001 | Cálculo Multivariable/614G02006 | Internet: Redes e Datos/614G02010 | Probabilidade e Estatística Básica/614G02003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Datos en Mobilidade/614G02040 | Procesamento de Imaxe, Vídeo e Audio/614G02028 | Teoría da Información/614G02018 | Xestión de Datos en Escenarios Intelixentes/614G02041 |
|
|