Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable |
A6 |
CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos |
A7 |
CE9 - Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sustentable das comunidades receptoras |
A10 |
CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización |
A11 |
CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras |
A12 |
CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. |
B7 |
CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
B10 |
CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C1 |
CT1 - Resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo |
C3 |
CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa |
C4 |
CT4 - Traballar de forma colaborativa |
C7 |
CT7 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións |
C8 |
CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica |
C9 |
CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ofrecer os futuros titulados no Master Oficial un coñecemento esencial sobre o proceso de promoción, desenvolvemento e comercialización de productos e paquetes turísticos |
AP1 AP6 AP7 AM1 AM2 AM3
|
BM1 BM5 BM7
|
CM3 CM7
|
Presentar o concepto de producto turístico e a sua tipoloxía co fin de profundizar no coñecemento do proceso de diseñodos mesmos, desde a xeración de ideas ate o momento do lanzamento ó mercado dos novos productos, así como os factores determinantes da difusión dos mesmos e as claves do éxito ou fracaso do proceso |
AP1 AP6 AP7 AM2 AM3
|
BM1 BM4 BM5 BM7 BM10
|
CM2 CM3 CM7
|
Saber desenvolver a implementación de programas e plans de comunicación dirixidos á promoción de productos turísticos a través do análisise do mix promocional |
AP6 AP7 AM1 AM3
|
BM2 BM3
|
CM1 CM4 CM8 CM9
|
Conseguir do alumnado un nivel de coñecementos adecuado en orden a permitirlles non solo profundizar no alcance da comunicación social como unha das variables esenciais do marketing operativo,senón tamén no manexo das diferentes técnicas da promoción de destinos turísticos. |
AP6 AP7 AM1 AM2 AM3
|
BM1 BM2
|
CM1 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
I. Introdución á promoción e comunicación dos produtos e destinos turísticos |
2. Marketing estratéxico no sector turístico |
II. Marketing relacional no sector turístico
III. Fidelización de clientes e estratexias no sector turístico
IV. Calidade e satisfacción no sector turístico
|
3. Marketing operativo no sector turístico |
V. Produto, prezo e distribución no sector turístico
VI. A comunicación e o marketing turístico
VII. A publicidade e o sector turístico
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 |
10 |
15 |
25 |
Sesión maxistral |
A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 |
35 |
55 |
90 |
Análise de fontes documentais |
A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 |
10 |
15 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Requiriráselle ao alumnado presencial o desenvolvemento dun traballo de aplicación práctica consistente na realización dun plan de promoción e comercialización dun produto ou destino turístico, cos seguintes obxectivos:
-Efectuar unha aproximación á realidade da actividade profesional no ámbito da promoción e comercialización de produtos e destinos turísticos. Por iso o traballo non poderá presentar elementos de ficción.
-No traballo reflectiranse adecuadamente os contidos conformadores da materia.
O formato do traballo será:
-Soporte dixital e en formato pdf.
-A extensión de cada traballo terá un máximo de 30 páxinas.
-En todo o traballo terá que identificarse as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.
A estrutura tipo do traballo será:
-Introdución
-Descrición e análise do mercado, contorna e competencia para o produto ou destino elixido.
-Definición e análise do público obxectivo
-Delimitación dos atributos do produto/destino
-Posicionamento
-Estratexias de promoción e comercialización
-Plans de acción
A bibliografía recomendada con carácter básico é:
Kotler, P. et al. (2004), “Marketing para el Turismo”, Pearson, Madrid.
Serra, A. (2000), “Marketing Turístico”, Pirámide, Madrid
Bigne, E. et al. (2000), “Marketing de Destinos Turísticos”, Esic, Madrid
Ries, A y Trout, J. (2002), “Posicionamiento”, McGraw-Hill
Elizagarate, V. (2008), “Marketing de Ciudades”, Pirámide.
Alcázar, B. (2002), “Los Canales de Distribución en el Sector Turístico”, Esic
Baack, C. (2010), “Publicidad, Promoción y Comunicación Integral en Marketing”, Pearson
Na modalidade presencial, serán os docentes os que propoñan nos primeiros días de clase os diferentes temas e grupos de traballo.
As entregas de traballos deberán facerse a través do enlace do Campus Virtual habilitado para tal efecto. A data de entrega, exposición e revisión do traballo confirmarase nos primeiros días de clase.
|
Sesión maxistral |
Para a modalidade presencial utilizarase unha mestura de clases maxistrais coa posibilidade de discusión de casos reais e exercicios prácticos. Para o mellor aproveitamento da clase faise indispensable a participación activa dos/as alumnos/as, tanto na discusión dos conceptos como dos casos que se traten.
Aquelas dúbidas que se susciten entre o alumnado poderán exporse presencialmente e tamén por correo electrónico e Teams.
|
Análise de fontes documentais |
A finalidade desta actividade consiste en desenvolver a visión crítica do alumnado, de forma individual, sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia e plasmadas en traballos de carácter fundamentalmente teórico. As lecturas facilitaranse a través do Campus Virtual e a data de entrega coincidirá coa finalización das clases presenciais e en ningún caso poderá atrasarse. O método para entregar a lectura será a través do enlace habilitado no Campus Virtual para tal efecto.
O alumnado deberá traballar e entregar unha das catro lecturas propostas.
Con cada lectura efectuarase por parte do alumnado as seguintes tarefas:
-Síntese do texto
-Procura de referencias bibliográficas que respondan a textos complementarios da lectura proposta.
-Elaboración dunha análise crítica da lectura facilitada, sobre a base da bibliografía complementaria.
O formato do traballo será:
-Soporte dixital é en formato pdf.
-O documento elaborarase en letra Times New Roman, corpo 12, e interlineado 1,5.
-A extensión de cada traballo terá un mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10.
-En todo traballo haberá que identificar as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Farase un exhaustivo seguimento personalizado de todo o traballo desenvolto ao longo da materia.
A través do Campus Virtual o propio alumnado presencial poderá revisar tamén os PDFs que conteñen a información teórica e que lles permitirán ser un complemento ás fontes bibliográficas recomendadas.
En calquera momento os/as alumnos/as presenciais poderán contactar co profesorado vía correo electrónico para resolver calquera dúbida relacionada co traballo práctico e marcar, de ser necesario, unha titoría presencial. valejand@udc.es, oscarjb@udc.es e eva.sanchez.amboage@udc.es.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 |
Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán:
-Claridade e concisión
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Achega propia sustentada no correspondente marco teórico
Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 30% sobre a nota final de avaliación da materia.
|
30 |
Sesión maxistral |
A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 |
Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial.
Tamé se valorará a participación activa nos foros/debates que se propoñan no Campus Virtual.
|
10 |
Traballos tutelados |
A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 |
Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a no traballo tutelado na modalidade presencial.
Os criterios de valoración da avaliación continua serán:
-Actitude
-Proactividade
-Resolución de problemas
-Implicación
A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%.
Os criterios de valoración do traballo escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento
A ponderación do traballo escrito sobre a nota final será dun 20%.
Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán:
-Organización e capacidade de síntese
-Interese do contido
-Precisión e claridade de exposición
-Adaptación ao tempo (10 minutos)
-Estética do documento de presentación
A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%.
Tanto a avaliación continua, como o traballo escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura será necesario ter unha calificación de máis de 5 puntos en todas e cada unha das partes (análise de fontes documentais, traballo tutelado e participación en foros). O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|