Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comunicar mensaxes audiovisuais. |
A2 |
Crear productos audiovisuais. |
A3 |
Xestionar proxetos audiovisuais. |
A4 |
Investigar e analizala comunicación audiovisual. |
A5 |
Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual. |
A6 |
Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias. |
A7 |
Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual. |
A8 |
Coñecela tecnoloxía audiovisual. |
A9 |
Coñecelos modelos de xestión. |
A10 |
Coñecelo marco legal e deontolóxico. |
A11 |
Coñecelas metodoloxías de investigación e análise. |
A12 |
Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B6 |
Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma |
B7 |
|
B8 |
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B9 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C1 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Habilidade para o uso e control de ferramentas tecnolóxicas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais e multimedia nas súas diferentes fases. |
A1 A2 A3 A7 A8
|
B8
|
C3
|
Capacidade para deseñar, definir, completar proxectos audiovisuais e multimedia, así como para desenvolver problemas que poidan xurdir no desenvolvemento dos mesmo dun xeito eficaz.
|
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12
|
B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9
|
C2 C3
|
Habilidade para deseñar e xestionar estratexias de comunicación on e offline, tanto de xeito individual como en grupo, adaptándose ás diferentes plataformas e a súa linguaxe-forma.
|
A1 A2 A3 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12
|
B3 B6
|
C1 C4
|
Capacidade de traballo en equipo e de facer partícipes ao equipo de posibles ideas destinadas á mellora do proxecto común para obter uns resultados determinados.
|
|
B2 B4 B6 B9
|
|
Mellora das habilidades de organización e temporalización das tarefas e procedimentos, que leven a unha xestión máis eficiente do proxecto e dos recursos asociados a éste de xeito que calquera variación respecto á planificación se efectúe dun xeito completo e integrado.
|
A9 A11
|
B2 B3 B9
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Desenvolvemento das competencias adquiridas nas diversas materias do grao.
|
Os coñecementos postos en práctica variarián en función da entidade ofertante, así como do área ao que esté adscrito o/ a estudante.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A4 A8 A9 B3 B4 B6 |
2 |
4 |
6 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 |
140 |
0 |
140 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función da tarefa desenvolvida e a entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas co titor académico, pero axustaranse, en todo caso, ao modelo oficial de Memoria Final do/a Alumno/a da UDC. |
Traballos tutelados |
A metodoloxía desenvolvida nas prácticas externas correrá a cargo da empresa, en función do Plano Formativo e das características e organización da mesma.
En calquera caso para o desenvolvemento desta metodoloxía terase en conta:
· REQUERIMENTOS
Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas".
· EMPRESAS COLABORADORAS
Dende outubro de 2021 a febreiro de 2022 daranse a coñecer, polas vias establecidas pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc.
Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 150 horas para superar a materia.
Como parte do programa de aprendizaxe e servizo da UDC as persoas interesadas poderán facer prácticas en entidades sen ánimo de lucro, coas que a Universidade ten convenio, desenvolvendo tarefas estreitamente vinculadas á comunicación audiovisual -no seu sentido máis amplo- e ás competencias profesionais do Grao. Ditas entidades, así como o perfil de prácticas que ofertan, daranse a coñecer na xuntanza inicial (11 de octubro ás 18:35h.), na que se explicará o funcionamento da materia Prácticas, e a través de Moodle.
Á marxe destas ofertas, o/a estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios. Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade.
· PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS.
Cada oferta de prácticas levará incorporada unha data límite de presentación de candidaturas.
Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas.
· Selección pola Facultade.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegados neste (diplomas de cursos, vida laboral, etc.) Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica.
· Selección pola entidade concreta.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico e curriculum vitae.
· Sistema de selección: preselección da Facultade coa fin de comprobar o cumprimento dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade.
Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal coas persoas candidatas, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente ás candidaturas que se axusten ao perfil requerido.
Con independencia do sistema de selección, darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no tiveran a duración precisa para o recoñecemento da materia.
· ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS.
Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase a persoa candidata a súa condición de beneficiaria de ditas prácticas, sendo excluída automáticamente doutros procesos de selección en marcha.
Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non teñan desenvolvida a matrícula na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas.
As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias.
O alumnado matriculado que non chegue a ser beneficiario dunha estadía de prácticas, terá ata febreiro de 2022 para efectuar unha solicitude de cambio de matricula para outra materia optativa.
· RECOÑECEMENTO
O alumnado que durante o verán de 2021 ou anteriores efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña (a nome da Facultade de Ciencias da Comunicación) e unha entidade colaboradora poderá solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia "Prácticas".
Para elo deben cumprirse os siguientes requerimentos:
· Que teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas".
· Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150 horas.
· Que teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor/a da entidade.
· Que entregue en tempo e forma a correspondente memoria, cuxa orientación e valoración correrá a cargo da titora académica.
En calquera caso, será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
· TITORÍA
Durante todo o período de prácticas o/a estudante contará cun titor/a da empresa, quen se encargará de velar pola súa aprendizaxe e orientalo/a no desenvolvemento das súas labores, resolvendo todas as súas dúbidas e/ou problemas.
Tamén contará cunha titora interna (da Facultade), coa que o/a estudante deberá reunirse para a xestión das súas prácticas e, posteriormente, se encargará do seguimento do/a estudante no seu destino de prácticas.
En función do posto desempregado e a entidade de destino, concertaranse unhas titorías periódicas (presenciais e/ou virtuais) para que o/a estudante informe á titora da súa evolución na empresa.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 |
O/a titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario.
A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos. |
80 |
Portafolios do alumno |
A4 A8 A9 B3 B4 B6 |
Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais.
Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia.
Esta memoria será avaliada pola titora de prácticas da Facultade ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura e contido, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortografía.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: memoria e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda convocatoria (entrega antes do 28 de setembro). Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria antes do 5 de xullo. De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade. Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta esta particularidade na elaboración do Plano Formativo. O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso nos "Traballos tutleados" e -por tanto- na materia. No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Como cada estadía de prácticas ten o seu propio perfil, recoméndase ao/á alumno/a acudir á bibliografía das materias relacionadas coas labores profesionais que desenvolve. En calquera caso, calquera cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas. Respecto á información concreta da materia Prácticas, empregarase Moodle como canle de interacción entre o estudantado e a profesora responsable da materia. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase que o/a alumno/a teña cursado e superado todas ou case todas as materias da titulación, especialmente aquelas que teñan relación directa coa praza de prácticas e as labores asignadas a esta. En calquera caso, toda cuestión nesta liña será solventada nas titorías periódicas. |
|